Mostrando entradas con la etiqueta Afonso a escena. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de marzo de 2023
IV Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio
O pasado día 15 de febreiro tivo lugar, no CMUS de A Coruña, o IV Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio.
Nesta ocasión participaron coros dos IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES As Telleiras (Narón), IES María Casares (Oleiros), IES de Ortigueira e o coro escolar do IES Afonso X O Sabio.
Cartel do concerto
O concerto supuxo a interpretación de distintas propostas artísticas nas que se mesturaron a literatura, a coreografía e a música. O coro do noso instituto interpretou unha versión de Cesteiros de Rodrigo Cuevas e o Siyahamba.
Acceso ao vídeo.
Finalmente, todos os coros subiron ao escenario para interpretar Singing all together, canción ensinada no momento para celebrar a confraternidade e a creación colectiva.
Desde aquí agradecer a participación de todos os coros e a labor dos seus directores, pero tamén dar as grazas á colaboración do CMUS da Coruña, que ano tras ano nos abre as súas portas para acollernos e fainos sentir moi profesionais.
domingo, 23 de junio de 2019
Actividades do proxecto Afonso a escena
Ao longo deste curso desenvolveuse novamente o proxecto Afonso a escena, todas as actividades foron documentadas no blog do proxecto pero queríamos presentar aquí un resumo.
Mantense un coro estable, que se reune para ensaiar dous recreos da ESO semanais e un de bacharelato. Este coro participou no I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, realizado no Ágora da Coruña e no VI Encontro de coros escolares de Galicia, que tivo lugar no Teatro da Beneficiencia de Ortigueira, ademais tamén interviu nos distintos concertos que se desenvolveron no curso no noso centro (Fin de curso, acto de Graduación e Nadal).
Para poder realizar todas estas actividades realizáronse ensaios semanais fóra das nosas aulas, abríndose as clases de música ao alumnado, para que prepare as distintas cancións e aprenda a cantar e a tocar diversos instrumentos, ademáis de comer co alumnado un martes ao mes e realizar un ensaio específico e realizar distintos obradoiros de interpretación con profesorado especialista.
Por último, traballouse co alumnado dos centros adscritos de primaria (CEIP Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flórez) para realizar unha serie de obradoiros de técnica vocal e, no noso centro, interpretar todos xuntos unha canción (Miña terra galega)
Paralelamente, cos grupos de artes escénicas e danza traballouse para colaborar con distintas actividades do centro, realizándose unhas interpretacións de Shakespeare o día de entrega de premios do XXV Concurso de relatos hiperbreves e da interpretación dun pequeno musical de creación propia.

Etiquetas:
Afonso a escena,
Concertos,
Encontro,
Música
miércoles, 20 de febrero de 2019
Crítica do I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio
Onte, día 19 de febreiro, tivo lugar o I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, no centro Ágora (A Coruña). Para este evento, xuntáronse 200 estudantes dos coros dos institutos de IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES A Sardiñeira (A Coruña), IES Afonso X O Sabio (Cambre), IES Sofía Casanova (Ferrol), IES de Ortigueira (Ortigueira) e IES Antón Losada Diéguez (A Estrada). A actividade está realizada dentro do marco do proxecto Afonso a escena, co cal pretendemos favorecer a práctica das artes escénicas e mellorar a excelencia do noso alumnado a través dela.
Os coros escolares son actividades voluntarias que fan algúns docentes de música no seu tempo libre para poder desenvolver prácticas artísticas grupais, toda vez que fan que o alumnado adolescente teña unha relación máis sana co seu corpo e se favoreza o diálogo e a comunicación entre as persoas e se mellore a convivencia dos centros nos que se leva a cabo.
Os coros dos que disfrutamos onte son actividades abertas a todo o alumnado do seu centro, son inclusivos e participativos, xuntando estudantes e docentes e fomentando outro tipo de relacións cos centros que os desenvolven. En Galicia temos algúns dos mellores coros escolares de España e o concerto de onte, realizado grazas á colaboración do Concello da Coruña, do IES Salvador de Madariaga, do IES Afonso X O Sabio e do Centro Ágora, foi unha mostra do mesmo.
O Concerto rematou cunha peza dirixida polo director de coros José Antonio García Mato, a peza escollida foi un pequeno canon renacentista de Melchior Franck (ca. 1580-1639), chamada orixinalmente Da pacem domine, pero que neste caso fixo que todos os asistentes cantasen Sine musica nulla vita, frase atribuida a Nietzsche.
Cartel do concerto, realizado por Yupiyeyo
Coro do IES de Ortigueira. Director José Antonio García Mato:
Coro do IES Antón Losada Diéguez,. Directora Consuelo Millán:
Coro do IES Afonso X O Sabio. Director Rosa Rodríguez Rivas:
Coro do IES Salvador de Madariaga. Directora Irene Caeiro:
Coro do IES A Sardiñeira. Director Francisco Jordá:
Coro do IES Sofía Casanova. Directora Almudena Armada:
Todos xuntos montando a peza común. Director José Antonio García Mato do proxecto vocal Concerto Tempo:
E aquí unha mostra da canción final montada xusto no concerto, con público diante e cun ensaio duns poucos minutos... porque para o noso alumnado sen música non hai vida que mereza a pena ser vivida!!!
martes, 12 de febrero de 2019
I Encontro de Coros Escolares do IES Afonso X O Sabio
Desde o noso instituto estamos moi contentos de compartir, con toda a nosa comunidade educativa, que estamos organizado un concerto de coros escolares para o próximo día 19 de febreiro no Ágora, no que participará o alumnado do noso coro e outros cinco centros máis da contorna.
O concerto terá lugar ás 11 30 e estades todos e todas invitados...cunha sorpresa ao final.
Anuncio en La opinión de A Coruña
O concerto terá lugar ás 11 30 e estades todos e todas invitados...cunha sorpresa ao final.
Anuncio en La opinión de A Coruña
Etiquetas:
Afonso a escena,
Concertos,
Coro,
Encontro,
Música
miércoles, 20 de junio de 2018
Concerto para pais e nais
Hoxe, penúltimo día de clase, tivemos un CONCIERTAZO no que participaron máis de 350 rapaces e rapazas do noso centro.
Este evento realizouse fóra do horario escolar, pola tarde, para que puidesen asistir toda a nosa comunidade educativa, xa que estamos moi orgullosas do traballo realizado polas nosas clases.
O concerto comezou coa actuación do noso coro, que interpretaron catro cancións, nas que destacou Gabriel Robledo como solista na canción Meu amor estoupa.
Posteriormente actuaron grupos de 2º ESO, 3ºESO, 4º ESO e 1ºBach. Os de 2º de bacharelato, esta vez, estaban xa de vacacións...
O evento tivo un amplo seguimento nos medios de comunicación, inda que nalgún caso só en prensa escrita.
miércoles, 6 de junio de 2018
Xornada de transición do alumnado de primaria ao instituto
Onte tivemos a Xornada de Transición do alumnado de 6º Primaria dos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Graxal e Portofaro ao noso instituto, o que será o seu lugar de estudo os próximos anos.
A xornada tivo de todo, actuacións musicais, obradoiros e todo o alumnado recorreu o instituto guiados por alumnado axudante e mediador do IES Afonso X O Sabio, quenes participaron moi activamente durante todo o día.
Para rematar, tivemos unha actuación conxunta de todo este alumnado co coro do IES Afonso X o Sabio, e, sobre todo, coa banda de Magín Blanco, xa que gravamos todos xuntos a canción Meu amor estoupa, de Magín Blanco, dirixidos polo director de coros Ramón Bermejo.
Foi unha experiencia inolvidable e á que apoiaron técnicos de son e de vídeo. Esperamos expoñer pronto o vídeo que se está a facer con esta gravación.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa, ao equipo de Orientación do IES Afonso X O Sabio, ás persoas titoras dos CEIP adscritos, pero especialmente a todas as mestras que apoiaron ensaiando, ao Equipo de Normalización Lingüística e tamén a todos os que colaboraron na gravación.
Artigo en La Opinión de La Coruña
Artigo en La Voz de Galicia

lunes, 25 de diciembre de 2017
Concerto do alumnado
O pasado día 20 de decembro celebramos un concerto de Nadal con alumnado maiormente de música (cursos 2º, 4º, 1ºBACH e 2ºBACH) e de francés (alumnado de 4ºESO). Neste concerto, ademais, participou o coro do instituto.
Para máis información do mesmo podedes acudir ao blog do proxecto Afonso a escena.
Queremos agradecer a dedicación de todas as persoas que axudaron a subir e baixar material, ás profesoras colaboradoras e ao departamento de música e francés, así como a todo o profesorado que permitiu asistir ao concerto aos seus estudantes, xa fose en calidade de oíntes como de intérpretes.

martes, 17 de octubre de 2017
Inicio dos ensaios de coro: BÚSCANSE CANTANTES
¿Queres
participar no coro do instituto?
Ensaiamos
os luns (primeiro recreo) e xoves (segundo recreo). E faremos excursións e
concertos, ademáis de obradoiros con docentes expertos en dirección coral.
Non
fai falla saber cantar, aprenderemos todas as persoas xuntas.
Comezamos
este xoves, día 18 de outubro, no segundo recreo, na aula de música 1 (1ª
planta).
viernes, 16 de junio de 2017
Concerto aberto á comunidade educativa
Como parte das actividades de fin de curso, hoxe o departamento de Música organizou un concerto para toda a comunidade educativa no hall do noso instituto.
O concerto, no que participou alumnado de 2ºESO, 4ºESO e 1ºBacharelato, foi moi variado, destacando a variedade de instrumentos.
Esta xornada, que para o noso instituto é moi festiva, é só unha mostra do traballo que fan os rapaces e as rapazas en clase.
Agradecemos especialmente a implicación de pais, nais e, sobre todo, do noso alumnado, que axudou a montar e desmontar como auténticos músicos profesionais. Ademais de ensaiar duramente para prepararse para o día de hoxe.
Finalmente, queremos incidir tamén na nosa gratitude pola colaboración de Susana Vicente, a nosa xefa de estudos, quen non só é unha boa seguidora dos nosos concertos, senón tamén nos axuda sempre coa montaxe e desmontaxe.

miércoles, 24 de mayo de 2017
Elefante Elegante no IES Afonso X O Sabio
Onte tivemos a sorte de recibir a visita de María Torres, da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Esta compañía, que recentemente recibiu o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil coa obra Danza da choiva, acudiu ao noso instituto para realizar un obradoiro de teatro físico co noso alumnado do grupo de teatro e da materia de Artes Escénicas e Danza.
Hai uns meses, o noso alumnado puido acudir a ver a Elefante Elegante co seu espectáculo Kassa, pero agora tiveron a oportunidade de coñecer á actriz na súa faceta pedagóxica.
O obradoiro partiu da reflexión sobre algúns achegamentos que podemos facer á acción teatral e, posteriormente, comezamos a facer xogos para traballar a nosa expresión corporal.

Desde aquí queremos agradecer o traballo de María Torres pero sobre todo o do noso compañeiro ManuelSánchez, quen leva ensaiando todos os mércores pola tarde co noso incondicional grupo de teatro, con alumnado de 1º, 3º, 4ºESO e 1ºBACH.
Vémonos nos teatros!!!
martes, 16 de mayo de 2017
Videoclip Chea de vida!
E finalmente saiu, o videoclip que se gravou con outros 1000 rapaces en Navantia, Ramón Bermejo e Guadi Galego.
A seguir disfrutando!!!
Adxuntamos as palabras de Ramón Bermejo, director do supercoro:

Querid@s profes,
Con este vídeo que agora veredes queda o traballo rematado, e creo que podémonos sentir máis que orgullos@s do que fixemos. Sinceiramente, isto era o que eu tiña na cabeza cando volo propuxen, e tiven a grandísima sorte de poder contar coa xente adecuada para levalo a cabo.
A miña intención sempre foi poñer nun lugar ben alto o traballo que facedes para manter a música viva nas escolas, e creo que neste vídeo iso vai quedar moi claro. O resultado final é pricipalmente froito do esforzo e ilusión que puxestes tanto vós como @s nen@s en todo o proceso. Creo que nunca participei en algo tan bonito. A ver se seguimos facendo cousas lindas como esta.
De corazón, gracias!!!
Ramón Bermejo
Toda a comunidade do IES Afonso X O Sabio agradece a oportunidade de participar neste evento.
Etiquetas:
Afonso a escena,
Coro,
Ferrol,
Música
lunes, 15 de mayo de 2017
Cheísimos de vida!!!
O pasado xoves vivimos unha experiencia súper emocionante. O alumnado que pertence ao coro do IES Afonso X O Sabio participou nunha gravación da canción Chea de vida de Guadi Galego, xunto coa mesma cantante e o seu guitarrista. Entre todos fixeron un coro de máis de 1000 estudantes das zonas de Ferrolterra e A Coruña.
O noso alumnado non só tivo a experiencia de facer unha gravación e coñecer a unha cantante tan recoñecida como Guadi Galego, se non que tamén puideron cantar con outras 1000 persoas co sentimento único que é facer música todos xuntos e xuntas para obter, ao final, unha única voz que cantaba moi forte que estamos cheos de vida!!!
A acción saiu en varios medios e, próximamente, editarase un vídeo que poderemos expoñer aquí, coa gravación final do audio.
Estamos moi orgullosas e orgullosos dos nosos estudantes, que ensaiaron con moita ilusión e, á volta, só pedían seguir cantando.
Nós quedámonos coa fabulosa Guadi Galego, enxugando as súas bágoas que, tras asinar autógrafos e facerse fotos cos nosos estudantes dicíalle ás profesoras do IES Afonso X O Sabio: "é o momento máis bonito da miña vida".
Aquí adxuntamos algunhas imaxes e un vídeo provisional en Navantia:
Aquí un resumo do que apareceu nos medios (tanto de televisión como de prensa escrita), tamén pódese encontrar información en todo tipo de redes sociais:
TVG
TVG serán
Cultura
El correo gallego
Fotos, El correo gallego
Ferrol360 Previo
Ferrol360
La voz
Vtv
Diario de Ferrol Previo, Previo 2
Diario de Ferrol
Galicia Ártabra
Diario de Arousa
Xunta
Información doutros centros:
Biblioteca CEIP de Pazos
CPI San Sadurniño
Colexio Jesús Maestro
Noraboa ao noso coro, levamos pouco tempo pero con moita ilusión!!! E desde aquí mandamos uns parabéns inda maiores a Sordo, asesor do CFR de Ferrol, ao propio CFR e, por suposto, a Ramón Bermejo e a Guadi Galego.
Moitas grazas.

domingo, 9 de abril de 2017
Obradoiro de voz para o alumnado de 6º de primaria
Os pasados días 30 e 31 de marzo tivo lugar, no noso centro, outra actividade do proxecto "Afonso a escena", que consistiu nun obradoiro de voz e canto para o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos ao IES Afonso X O Sabio: CEIP O Graxal, CEIP Portofaro e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.
O alumnado de 6º de primaria acudiu moi nervioso e excitado ao que, para moitos, será o seu próximo centro educativo o próximo curso, tiveron a oportunidade de coñecer a algún dos seus futuros docentes e, o máis importante de todo, puideron realizar un obradoiro de voz co gran Ramón Bermejo, director do Coro da Ra e profesor de canto de recoñecido prestixio.
Grazas á xenerosidade de Ramón fixemos 7 obradoiros para o alumnado de 6º de primaria, así como puidemos dedicar unha sesión para o alumnado de secundaria integrante do recentemente creado Coro do IES Afonso X O Sabio.
Desde aquí agradecer sinceramente a actitude de todos os rapaces e rapazas, os profesores e as profesoras dos colexios implicados (especialmente as fabulosas mestras de música coas que é sempre un absoluto placer traballar) e, sobre todo, de Ramón. Vémonos en xuño cando os colexios volten outra vez ao noso IES, esperarémosvos cos brazos abertos para seguir facendo música, aprendendo e divertíndonos moito.
E tamén temos imaxes deste miniobradoiro para o Coro do IES Afonso X O Sabio

sábado, 1 de abril de 2017
Sergio Moure no IES Afonso X O Sabio
O pasado mércores pola mañá tivemos no Afonso X unha visita moi especial dun profesional de recoñecido prestixio, o compositor Sergio Moure.
Este compositor, especializado en compoñer música para imaxe, falounos de cómo é o proceso, en si desde un punto de vista profesional.
A charla versou sobre cómo se adecúa a música ás distintas escenas, reflexionando sobre o papel do compositor que, ao final, traballa co director para tomar as decisións finais. Tamén se tratou o tema do procedemento de composición en si, que básicamente permite traballar sobre o guión da película ou ben sobre a montaxe da película xa rematada.
Por outra banda, debatimos sobre o propio proceso de gravación, cómo se grava cunhas orquestras e outras; cales son as mellores orquestras para gravar, canto tempo de traballo leva gravar uns minutos de música e, xa a un nivel máis distendido, sobre as condicións laborais das distintas orquestras coas que se traballa en bandas sonoras -desde a máis recoñecida, London Symphony, pasando polas orquestras españolas, pero tamén as orquestras que na actualidade gravan a maioría das bandas sonoras, as orquestras do leste de Europa-.
Por último, unha vez que está toda a banda sonora gravada, Sergio contounos cómo se inserta a mesma co resto do son dunha película: diálogous ou son ambiental.
O alumnado asistente era o alumnado de linguaxe e práctica musical de 1ºBacharelato e o alumnado de música e artes escénicas de 4ºESO, que puideron achegarse ao mundo do cine de primeira man por parte dun veciño noso que traballa con algunhas das primeiras figuras do cine e da TV nacional e que foi nominado a un Goya.
Esta actividade forma parte do proxecto Afonso a escena!
Este compositor, especializado en compoñer música para imaxe, falounos de cómo é o proceso, en si desde un punto de vista profesional.
A charla versou sobre cómo se adecúa a música ás distintas escenas, reflexionando sobre o papel do compositor que, ao final, traballa co director para tomar as decisións finais. Tamén se tratou o tema do procedemento de composición en si, que básicamente permite traballar sobre o guión da película ou ben sobre a montaxe da película xa rematada.
Por outra banda, debatimos sobre o propio proceso de gravación, cómo se grava cunhas orquestras e outras; cales son as mellores orquestras para gravar, canto tempo de traballo leva gravar uns minutos de música e, xa a un nivel máis distendido, sobre as condicións laborais das distintas orquestras coas que se traballa en bandas sonoras -desde a máis recoñecida, London Symphony, pasando polas orquestras españolas, pero tamén as orquestras que na actualidade gravan a maioría das bandas sonoras, as orquestras do leste de Europa-.
Por último, unha vez que está toda a banda sonora gravada, Sergio contounos cómo se inserta a mesma co resto do son dunha película: diálogous ou son ambiental.
Esta actividade forma parte do proxecto Afonso a escena!
martes, 28 de marzo de 2017
Comezamos con Afonso á escena 2017!!
Estas dúas semanas antes de Semana Santa estaremos cheos de actividades no IES Afonso X O Sabio. Os nosos rapaces van poder ir a Betanzos co departamento de Historia, a xogar ao tenis co departamento de Educación Física, a Pontedeume cos departamentos de Bioloxía e Educación Física, á RAG co departamento de lingua galega. Porén serán as actividades no noso centro ao que máis acceso terán todos os nosos estudantes.
Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.
O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.
Aquí vemos a Marta Alonso bailando a peza Track 6
E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:
Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.
Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.

4ºESO,
6ºprimaria,
Afonso a escena,
Artes escénicas e Danza,
CEIP Graxal,
CEIP Portofaro,
CEIP Wenceslao Fernández Florez,
Conferencias,
Coro,
Lingua galega,
Música,
Obradoiros,
teatro
martes, 28 de junio de 2016
Concerto para a comunidade educativa
O pasado martes, tras rematar as clases, tivemos a sorte de poder disfrutar dun gran concerto no hall do noso IES onde participaron máis de 200 rapaces e rapazas de 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO e 1º bacharelato. Nesta ocasión puidemos disfrutar das novas adquisicións que serven para as representacións escénicas, como son as cortinas para facer unha caixa negra e tamén o aumento do escenario.
O concerto de estudantes do IES Afonso X O Sabio, que xa vai pola súa III edición, pretende ser unha festa para mostrar un pouco do traballo que se fai no noso instituto, non por parte do departamento de música, senón tamén por parte de outros departamentos que axudan na proposta de cancións (como francés ou galego). O concerto comezou co alumnado de 2ºA, que comezaron interpretando unha versión da Sirenita.
Aquí vemos ao alumnado de 4ºD concentrado co seu profesor David Fernández...
Tivemos a sorte de contar con moitísima asistencia da comunidade educativa
Os estudantes fixeron un gran esforzo de concentración, moitos interpretaron ata catro cancións nunha mesma tarde, despois de todos os exames de fin de curso...
Houbo interpretacións de Santa María Estrela do Día, cantiga de Afonso X O Sabio, pero tamén cancións en francés...
E rematamos o concerto cun grupo de rock de 4ºESO... subiremos vídeos para amosar o arte dos nosos rapaces e rapazas!!

miércoles, 18 de mayo de 2016
Obradoiro de DJ
O pasado día 13 de maio tivemos no noso IES unha actividade orientada para o alumnado de 4ºESO e bacharelato que consistiu nun obradoiro de DJ con Jas Processor.
No obradoiro o alumnado puido ver as posibilidades dun par de programas (un para ordenador e outro para o móbil) para poder pinchar a súa música, e tamén reflexionaron sobre o que supón "contar historias" por medio da música que compartimos cos demais.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades realizadas polo proxecto Afonso a escea e puideron participar os estudantes de música e os participantes na actividade de teatro.

1ºBACH,
4ºESO,
Afonso a escena,
Música,
teatro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)