Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
viernes, 25 de marzo de 2022
Participación no rally matemático 2022
O noso centro participou este ano no Rally Matemático, actividade participaron un total de 24 alumnos dos grupos de1ºESO E e 2º ESO E, distribuidos en dous grupos en cada clase.
Esta actividade implicaba que o alumnado resolvese, de xeito colaborativo, problemas propostos desde a organización do concurso. Para tal fin comeron xuntos e, posteriormente, reunímonos na biblioteca para desenvolvela.
martes, 15 de febrero de 2022
Galicia megalítica
O alumnado de 1ºESO fixo un mapa colaborativo sobre monumentos megalíticos e petroglifos en Galicia. A actividade estivo coordinada pola profesora de Xeografía e Historia Gemma Andújar Santos.
Mapa colaborativo Galicia Megalítica
martes, 16 de noviembre de 2021
Campaña "Pequenos xestos que cambian o mundo"
Estes días tivemos no noso centro a campaña do concello "Pequenos xestos que cambian o mundo" coa que se busca fomentar as boas prácticas ambientais.
As sesións tiveron lugar nos distintos grupos de 1º e 2ºESO.
Etiquetas:
1º ESO,
2ºESO,
Concello,
Educación ambiental
viernes, 11 de octubre de 2019
Asistencia á Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo
E co novo curso chegan de novo actividades para a nosa rapazada. Neste caso, o alumnado de 1ºESO B asistiu hoxe a unha actividade de contacontos que invitaba á reflexión arredor da existencia de condutas micromachistas e que se realizou na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo da Barcala. As rapazas e os rapaces entenderon o significado da palabra “feminismo” ou “machismo” e analizaron a pegada da violencia de xénero en distintas épocas. Tampouco faltou o tempo para que se asombrasen cando lles explicaron os cinco ríxidos pasos que existían para “ligar” antigamente nin para que escoitasen atentos e atentas un dos poucos contos populares nos que a presenza feminina é notoria.
Foi, sen lugar a dúbidas, unha fantástica xornada na biblioteca da Barcala, moitas grazas!
Foi, sen lugar a dúbidas, unha fantástica xornada na biblioteca da Barcala, moitas grazas!
jueves, 27 de junio de 2019
Proxecto sobre a ruta do Camiño dos Faros
A través deste proxecto, o alumnado tiña que elaborar por grupos unha guía sobre cada unha das etapas do Camiño dos Faros (son 8 etapas) que percorre a costa desde Malpica até Fisterra. Ademas da guía da viaxe tiñan que facer a maqueta dun faro. Como remate do proxecto iamos facer un anaco da ruta desde o Cemiterio dos Ingleses até cabo Vilán. Choveu moito e tivemos que cambiar a excursión para visitar o MELGA (museo etnolúdico de Galicia) que está en Ponteceso e despois tamén tivemos que cambiar os plans, a pesares de que iamos comer en punta Nariga como chovía moito non puidemos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)