O pasado martes, tras rematar as clases, tivemos a sorte de poder disfrutar dun gran concerto no hall do noso IES onde participaron máis de 200 rapaces e rapazas de 2ºESO, 3ºESO, 4ºESO e 1º bacharelato. Nesta ocasión puidemos disfrutar das novas adquisicións que serven para as representacións escénicas, como son as cortinas para facer unha caixa negra e tamén o aumento do escenario.
O concerto de estudantes do IES Afonso X O Sabio, que xa vai pola súa III edición, pretende ser unha festa para mostrar un pouco do traballo que se fai no noso instituto, non por parte do departamento de música, senón tamén por parte de outros departamentos que axudan na proposta de cancións (como francés ou galego).
O concerto comezou co alumnado de 2ºA, que comezaron interpretando unha versión da Sirenita.
Aquí vemos ao alumnado de 4ºD concentrado co seu profesor David Fernández...
Tivemos a sorte de contar con moitísima asistencia da comunidade educativa
Os estudantes fixeron un gran esforzo de concentración, moitos interpretaron ata catro cancións nunha mesma tarde, despois de todos os exames de fin de curso...
Houbo interpretacións de Santa María Estrela do Día, cantiga de Afonso X O Sabio, pero tamén cancións en francés...
E rematamos o concerto cun grupo de rock de 4ºESO... subiremos vídeos para amosar o arte dos nosos rapaces e rapazas!!
martes, 28 de junio de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario