Mostrando entradas con la etiqueta Grego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Grego. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de febrero de 2020

Viaxe a Grecia

Durante o pasado Entroido, do 21 ao 26 de febreiro, máis de vinte alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato fixeron unha excursión cultural a Grecia, organizada polos departamento de Latín e Grego e Xeografía e Historia.
O obxectivo era coñecer a Cultura Clásica de Grecia así como os elementos máis sobranceiros da súa Historia da Arte.
O día 22 fíxose unha excursión ao santuario de Delfos, visitando o recinto arqueolóxico e o seu museo.
O día 23 visitouse a Acrópole de Atenas e o seu novo Museo así como o Arco de Adriano, o templo de Zeus Olímpico, o novo Estadio Olímpico así como os barrios de Plaka e Monestiráki.
O día 24, cun horario intensísimo, visitouse o Canal de Corinto, Corinto Antiga, o Tesouro de Atreo, Micenas e o seu museo, rematando no museo e  teatro de Epidauro.
O día 25, visitouse o Ágora romana (Museo, templo de Hefestos) e, despois de camiñar polo centro de Atenas, o Museo Nacional de Arqueoloxía. Pola tarde, nova excursión, para ver o solpor no Cabo Sounion, ao pe do templo de Poseidón.
Nas excursións contamos cunha magnífica guía, Roula Kakava, que enchou, cos seus coñecementos e paixón, os corazóns do noso alumnado de  amor pola Grecia Antiga e pola Grecia actual.
O 26, cheos de pena, tocou regresar.









domingo, 2 de abril de 2017

XVII Festival de Teatro Grecolatino


   No marco do XVII Festival de Teatro Grecolatino, o pasado mércores 22 de marzo, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º Bacharelato de Latín e Grego, acudiron á Coruña para asistir no Teatro Colón á representación da traxedia grega Medea de Eurípides.

   A compañía teatral “El Ruiseñor” da Coruña mostrou nesta obra a desmesura nos sentimentos de amor – desamor na figura de Medea ao ser repudiada polo seu esposo. 



Desde aquí agradecemos especialmente a organización do departamento de Latín e Grego porque o alumnado disfrutou moito desta forma de achegarse ao teatro clásico e á mitoloxía que estudan cotidianamente en clase.