Mostrando entradas con la etiqueta Lingua castelá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua castelá. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de abril de 2021

Celebración do XVI Certamen literario

Como cada curso escolar o departamento de Lingua castelá e literatura convocou o XVI Certamen literario  "Sea breve, por favor" para celebrar o Día do libro.

Como resultado, déronse dous premios por ciclo e realizouse unha bonita entrega de premios, á cal baixaron dúas clases como ointes, os premiados e os participantes na cerimonia.

A cerimonia consistiu nun pequeno concerto do coro do IES Afonso X O Sabio e no visionado de varias curtametraxes, como esta feita por alumnado de 4ºESO de Artes escénicas.

Desde aquí moitas grazas ao departamento de Lingua castelá por organizar o evento e ao de Música por colaborar na entrega de premios.

lunes, 22 de marzo de 2021

Actividade literaria con Cándido Pazó

 


Hoxe o IES Afonso X O Sabio organizou unha charla para todo o alumnado de 1º de Bacharelato cun dos máis recoñecidos dramaturgos galegos, Cándido Pazó. Neste caso a actividade estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, dentro do programa Por qué leer a los clásicos? e versou sobre os xéneros literarios e, en concreto, sobre La tribuna de Emilia Pardo Bazán, a quen rendimos unha pequena homenaxe no ano do seu centenario. Por mor das restriccións da pandemia a actividade realizouse en dúas quendas, para que así puidese asistir todo o alumnado do curso. Desde aquí esperamos que sirva para reflexionar sobre as aportacións da gran escritora Emilia Pardo Bazán, de como escribiu sobre o noso entorno, das personaxes femininas e, tamén, de como se pode trasladar a narrativa ao teatro.


A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e vicedirección, coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Castelá. Grazas a todos e a todas por asistir e colaborar.


martes, 3 de marzo de 2020

Visita aos museos Muncyt e Domus


O pasado venres, día 28 de febreiro, o alumnado de primeiro e segundo de FP Básica visitaron os museos Muncyt e Domus. Esta activade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Informática e Lingua Castelá.

No Muncyt fixeron unha visita guiada na que lles mostraron a enciclopedia mecánica, precursora do libro electrónico e inventada pola ferrolá de adopción Angela Ruíz Robles, o ordenador IBM 650 (primeiro ordenador que chegou a España), os proxectores do cine París (primeiro cine de A Coruña) e o avión Boeing 747 “Lope de Vega” entre outras cousas.

Na Domus visitaron as exposicións “Bocados” sobre nutrición e ciencia, “Xenética” e “Evolución” nas que puideron descubrir a cantidade de auga que tiñan no corpo, as calorías que se consumen cando se camiña sobre unha gran roda e a velocidade dun tiro de penalti entre outras cousas. Tamén intentaron relaxarse para gañar un xogo que medía a súa actividade cerebral e puxeron a proba os seus reflexos e axilidade con xogos moi diversos.








jueves, 20 de febrero de 2020

Charla con Alfredo Gómez Cerdá

O prolífico escritor de literatura xuvenil, Alfredo Gómez Cerdá, visitou o noso instituto o pasado luns para charlar coa rapazada de 4ºESO sobre a súa última novela Ninfa Rota. Unha obra fantástica que abarca temas tan actuais como a violencia de xénero, o acoso, o control nas redes sociais, a autoestima ou o amor entre adolescentes.
Foi unha charla tan distendida e amena que a todos nos soubo a pouco. Teremos pois que invitalo de novo para continuala...







lunes, 13 de mayo de 2019

Visita á RAG e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán

O martes 26 de marzo, luns 1 e martes 2 de abril, o alumnado de 4º ESO realizou a xa tradicional visita á RAG e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, seguida esta vez dun roteiro literario polos lugares emblemáticos do galeguismo coruñés. Unha visita guiada transportounos a outros tempos a través da casa de Emilia Pardo Bazán, e tamén puidemos desfrutar das explicacións no salón de plenos da institución académica. 
A continuación, realizamos un roteiro literario no cal lemos poemas alusivos aos lugares que percorremos, como as casas de Rosalía de Castro ou de Francisca Herrera Garrido, o lugar de fundación das Irmandades da Fala ou da Editorial Nós, ou as esculturas conmemorativas de Castelao, Cunqueiro e o Gatipedro, Curros Enríquez, María Pita, Sir John Moore ou Eduardo Pondal. Resultou moi interesante ver a cidade desde ese novo punto de vista, repetiremos o próximo ano!













sábado, 5 de mayo de 2018

Celebración do día do Libro

O pasado 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o departamento de Lingua Castelá organizou unha serie de actividades ao redor do mesmo. 
Ademais de facer unha preciosa exposición co traballo do alumnado, no que os e as estudantes expuxeron os seus traballos relacionados coa temática do conto. Traballáronse os contos infantís, os seus escritores e películas baseadas nos mesmos.

Por último, o luns fíxose entrega dos premios do Concurso de Relatos Cortos, organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Noraboa aos gañadores e moito ánimo para seguir escribindo tan ben.


Modalidade A (1º e 2º ESO)
primeiro premio: Celia Guerreiro Martín (1º A)
segundo premio: Julia Casal Rey (1ºA)

Modalidade B (3º, 4º e FPB)
primeiro premio: Violeta Meléndrez Doval (3ºA)
segundo premio: Ainara González Abuelo (4ºA)
Accésit 1: Alberto López Beiro (3º C)
Accésit 2: Nicolás guimarey Sabio (3º A)

Modalidade C (Bacharelato e Ciclos)

primeiro premio: Lucía Ramos Prada (1º BAC C)























Desde aquí, moitas grazas tamén ao departamento pola organización de todo.