Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de febrero de 2020

Celebración do Entroido no noso centro

O día 21 de febreiro, como é habitual no noso instituto, tivemos unha xornada especial coa celebración do Entroido.
O día comezou con dúas sesións de clase ordinarias e despois continuou cun pequeno concerto dos grupos de música de 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH. Despois comezou un desputadísimo concurso de comparsas de Entroido no que participaron prácticamente a maioría dos grupos da ESO, bacharelato e ciclos. Os premios foron os seguintes:

Premios do primer ciclo:
1º premio: 2ºD
2º premio 2ºC
3º premio 2ºA e mención especial do xurado

Preios do segundo ciclo:
1º premio: 4ºA
2º premio: 1ºBACH A
Premio especial á orixinalidade ao 2º Grao Superior de FP
Mención especial do xurado ao 3ºPMAR
Mención especial ao baile de Mohamed Sene

Rei e Raíña do Entroido:
Nerea Tomé Regueiro e Irene López de Uña

A todos eles e a todas elas moitísimas grazas polo esforzo, a dedicación e a labor de inclusión dos grupos presentados. Os premios consistirán en excursións e pequenas celebracións no centro, para seguir afondando na tarefa da socialización e da inclusión como grupo como forma de mellora da convivencia no noso centro.

Por último, queremos facer un chamamento a seguir participando nos nosos Entroidos, este ano houbo tanta participación que case non nos deu tempo a acabar. Así pois, facemos entrega do MÉRITO AFONSINO  aos grupos de 1ºA, 1ºB, 1ºD, 1ºE, 1ºF, 2ºA, 2ºB, 2ºC, 2ºD, 2ºF, 3ºA, 3ºB, 3ºD, 3ºE e PMAR, 4ºA, B, C, D e 1ºBACH A, 1ºBACH B E 1º e 2º de FPB e 1º e 2º de Grao Superior de FP)


















miércoles, 28 de febrero de 2018

Entrega dos premios do concurso de doces de Entroido

Grazas ao traballo realizado pola ANPA Castelao e o noso Equipo de Normalización Lingüística, como cada ano, celebrouse durante a festa do Entroido o concurso tradicional de doces aberto a toda a comunidade educativa.

Este ano, o primeiro premio levouno Joel Candal, quen recibiu como premio un vale para electrónica ou libros de parte da ANPA.



Ademais, entregamos tamén unha mención á presentación do postre a Abril Camiño, quen recibiu unha mochila como premio.



Noraboa aos premiados e moitísimas grazas a todas as persoas participantes. Unha forte aperta a todas!

domingo, 11 de febrero de 2018

Entroido no IES Afonso X O Sabio

Como cada ano, o día do Entroido é unha festa no IES Afonso X O Sabio, nós celebramos a xornada dun xeito moi festivo realizando diferentes actividades: concurso de doces, actividades físico-deportivas, bailes e, sobre todo... O CONCURSO DE COMPARSAS. Este ano o concurso foi un auténtico EXITAZO, con moitísima participación na ESO e o alumnado atentísimo por veren os traballos dos compañeiros e das compañeiras.

As comparsas caracterizáronse polos bailes, coidadas dramaturxias e audios secuenciados. O xurado tivo moi difícil o reparto de premios. Houbo moitas mencións e incluso rei (Daniel Freitez, de 2ºPMAR) e raíña (Raquel, titora de 4ºB, unha super titora entregada co traballo do seu alumnado); pero houbo un 1º premio do primeiro ciclo da ESO a 2ºA-PMAR (cun traballo no que aunaron dramaturxia, integración, coreografía, marabillosos disfraces e moito humor) e o 1º premio do segundo ciclo da ESO a 4ºB, cun traballo estupendo con altísima participación e implicación por parte de todo o alumnado. O premio especial deste ano foi a parar a 1ºBACH B, que fixeron toda unha representación dunha gala de OT no que houbo bailes, playbacks, improvisacións teatrais e un largo etcétera que nos mantiveron pegados a súa actuación.

Desde aquí felicitar  a TODO o alumnado pola súa gran participación, foi unha festa preciosa.

Aquí adxuntamos algunhas das fotos do concurso de comparsas, así como algúns vídeos das representacións. Tamén queremos adxuntar imaxes do concurso de doces de Entroido organizado pola ANPA Castelao en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. Xa se repartiron os premios a modo de diploma, inda que os premios físicos entregaránse ao alumnado á volta do Entroido. Por outra banda, o Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Debuxo tamén organizou un concurso de cartaces de Entroido, o fallo deste certame tamén se dará á volta das vacacións.

Moitas grazas por tan alta participación e tamén á ANPA, quen un ano mais repartiu lambetadas de Entroido para todo o alumnado do centro e, unha vez mais, tivemos un día de unión de toda a nosa Comunidade Educativa.

Imaes do concurso de comparsas:













Algúns vídeos do concurso de comparsas (temos outros, pero que temos que cortar para podelos subir, a que son moi largos):









Imaxes do Certame de Cartaces de Entroido organizado polo ENL e o departamento de Debuxo:










Imaxes do Certame de doces de Entroido organizado polo ANPA Castelao e o ENL:


Noraboa e grazas a todos os colaboradores: o departamento de Educación Física, o Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Debuxo, o departamento de Música (na posta a punto do son e todo o equipo técnico) e, por suposto, a inestimable axuda dos titores e as titoras que ensairon e axudaron ao alumnado, así como docentes incontables que permiten que todo isto saia adiante cada ano; ao ANPA Castelao, que participa sempre moitísimo e fai que sexa unha alegría organizar o evento e.. A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

domingo, 4 de febrero de 2018

A nosa ilustradora das orlas de 4º. E ti de qué vas?

Entramos na semana de inicio do Entroido. Noutros lugares como Xinzo xa levan semanas celebrándoo pero nós temos unha festa un pouco máis concentrada. Queríamos compartir con toda a nosa comunidade educativa que, a artista que nos leva facendo as orlas de 4ºESO desde hai xa uns tres anos é a responsable dos carteis do Entroido da Coruña

Aquí podedes ler un pouquiño sobre en qué están baseados. E tamén podemos refrescar un pouco das orlas dos últimos anos e algúns dos carteis que nos ten presentado.

Un luxo poder contar cunha artista coma Yupiyeyo para colaborar co noso centro.

Por outra banda, queremos recordar o que imos facer nós para a nosa festa de Entroido. O día 9, venres, temos unha xornada especial. Como cada ano faremos un concurso de comparsas de Entroido. Para tal fin o alumnado presentarase co seu grupo e farán un desfile, un baile, unha canción ou unha representación.. esperamos moita participación e implicación do alumnado. Esperamos tamén repartir moi bos premios.

O programa de actividades complementarase este ano con actividades físicas e deportivas e un baile ao repatar as comparsas... e paralelamente celebrarase o certame de DOCES DE ENTROIDO organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e o ANPA Castelao, quenes, ademais, repartirán doces para todo o alumnado...

Desde aquí moitas grazas, como todos os anos, aos departamentos implicados: Lingua Galega, Debuxo, Administración, Educación Física, Música.. e todos os que fan posible esta xornada tan divertida.