Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de marzo de 2021

Celebración do día da muller

Para celebrar o mes da muller no IES Afonso X O Sabio desenvolvéronse diversas iniciativas. Por unha banda, alumnado de 3º e 4º de Fernanda Moltó (Debuxo) realizou un mural colaborativo. Ademáis, proxectáronse no vestíbulo varios cortos, expuxéronse en varios murais as infografías de mulleres científicas feitas polo alumnado e un  photocall coas mensaxes escritas polo alumnado. Paralelamente, repartíronse diversas propostas didácticas para realizarse nas aulas ordinarias.







Ao mesmo tempo, o equipo de programas europeos do centro realizou diversas iniciativas conmemorativas dentro do proxecto de educación para a igualdade STAGE, entre as que destacan a realización de dúas curtametraxes (1 e 2) sobre a temática, unha exposición sobre a muller no deporte e un encontro con exalumnado do centro para debater sobre a escolla de carreiras profesionais e a súa relación co xénero.

viernes, 11 de octubre de 2019

Asistencia á Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo

E co novo curso chegan de novo actividades para a nosa rapazada. Neste caso, o alumnado de 1ºESO B asistiu hoxe a unha actividade de contacontos que invitaba á reflexión arredor da existencia de condutas micromachistas e que se realizou na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo da Barcala. As rapazas e os rapaces entenderon o significado da palabra “feminismo” ou “machismo” e analizaron a pegada da violencia de xénero en distintas épocas. Tampouco faltou o tempo para que se asombrasen cando lles explicaron os cinco ríxidos pasos que existían para “ligar” antigamente nin para que escoitasen atentos e atentas un dos poucos contos populares nos que a presenza feminina é notoria.

Foi, sen lugar a dúbidas, unha fantástica xornada na biblioteca da Barcala, moitas grazas!