Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
domingo, 19 de diciembre de 2021
Actuación no centro da compañía Pallasos en Rebeldía
O pasado venres 17 de decembro a asociación galega de Pallasos en Rebeldía presentou a súa obra 'Foot' no noso centro.
A obra, escrita polo dramaturgo palestino-americano, Ismail Khalidi, e protagonizada por Fran Rei, conta a historia dun futbolista palestino que intenta clasificar ao seu equipo para a Copa Mundial.
O obxectivo da actividade foi sensibilizar aos estudantes sobre as situacións de sufrimento, opresión e guerra que se dan noutras partes do mundo, ademais de achegarnos ao mundo profesional do teatro.
Logo da representación, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla co intérprete e técnico da obra. Na actividade participaron alumnado de 4ºESO e 2ºBACH.
Etiquetas:
2ºBACH,
4ºESO,
Artes escénicas e Danza,
Música,
teatro
domingo, 11 de noviembre de 2018
Aulas sen paredes, Rosalía Fernández Rial
O 6 de novembro recibimos a visita de Rosalía Fernández Rial que dentro do proxecto "Aulas sen paredes" proposto polo Concello de Cambre a través de Urdime teatro, fixo máis grande a aula de 1º ESO B, que se encheu de emocións positivas, imaxinación, teatro, diversión, e todo isto, como non, na nosa lingua propia. Moitas grazas, Rosalía, esperamos repetir!
Etiquetas:
1º ESO,
Concello,
Lingua galega,
teatro
miércoles, 20 de diciembre de 2017
Saídas ao teatro e outras actividades de promoción da lingua galega
Neste primeiro trimestre o alumnado de todos os cursos do noso centro tivo a sorte de acudir (agás 1ºESO) a diferentes actuacións teatrais en lingua galega, en concreto foron a ver Bicos con lingua e O tolleito de Inishbad, ambos con grandísimo éxito de público (e crítica, por parte dos nosos rapaces e rapazas).
Ademais, o equipo de normalización lingüística organizou, para o alumnado de 1ºBACH, unha saída que consistiu nunha interesante charla de Manuel Gómez Singala, amenizada polo acompañamento musical de MJ Pérez. Esta actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello da Coruña.
Moitas grazas ao departamento de galego e ao ENL, pola frenética actividade desta avaliación sacando a máis de 600 estudantes a realizar diferentes actividades complementarias. O alumnado de 1ºESO sairá tamén en próximas datas a realizar outras actividades.

lunes, 6 de noviembre de 2017
Actuación de Aldaolado no noso instituto
Un ano máis, o pasado mércores 11 de outubro contamos coa presenza das poetas María Lado e Lucía Aldao no noso instituto. Nesta ocasión presentaron "AldaoLado", un estupendo recital musical para todo o alumnado de 1º de Bacharelato, organizado polo EDLG.
Ao longo da actuación puidemos coñecer un pouco máis da súa obra poética, que entre acordes de guitarra, risos e sorrisos nos foron achegando. Mesmo conseguiron que entre tod@s @s presentes elaborasemos un fantástico poema colectivo. Desfrutamos moito do espectáculo e despedímonos até a próxima.
Aquí deixamos un vídeo que ilustra parte do vivido polos nosos e as nosas estudantes:
E para recordar algúns dos momentos estelares de antigos espectáculos, a súa MARABILLOSA explicación da colocación dos pronomes.
Porque somos poetas... máis triste é roubar.
Queridas María Lado e Lucía Aldao, benvidas seredes sempre no IES Afonso X O Sabio.

viernes, 3 de noviembre de 2017
Asistencia ao Teatro Colón
O pasado martes 31 de outubro, todo o alumnado de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir á representación do Don Juan Tenorio de Zorrilla, como marca a tradición, en véspera de todos os santos.
O alumnado estaba moi nervioso antes de empezar, moitos comentaban que xusto estaban estudando o Romanticismo en Literatura española...
Levamos a tantos rapaces que ocupabamos un lateral completo do Teatro, o alumnado calou xusto ao abrirse o telón.
A compañía Noite Bohemia representou varias escenas da inmortal obra de Zorrilla. Todos os estudantes aplaudían nestes intres e preguntaban algunhas cuestións do texto e da dramaturxia... Por qué se moven as estatuas?
Ao final, mentres desaloxaban o Teatro Colón puidemos comentar algúns aspectos da obra. Hoxe, en clase, incluso valoramos levemente as diferencias de final entre a obra de Zorrilla e algunhas revisións do mito precedentes. Na versión de Zorrilla, Doña Inés redime dos seus pecados ao Don Juan... pero noutras versións anteriores o final é algo diferente...queredes velo?

lunes, 16 de octubre de 2017
Inicio de curso 2017-2018
No IES Afonso X O Sabio xa estamos inmersos nun novo curso académico e, polo tanto, xa iniciamos as novas actividades.
A semana pasada todo o alumnado de 2ºESO e o de 4ºESO (case 300 estudantes) foron ao teatro no Forum Metropolitano de A Coruña grazas á iniciativa do departamento de Lingua Galega e o Equipo de Normalización Lingüística. Próximamente irán outros cursos, así que comezamos con moitas ganas dentro do ámbito das artes escénicas.
Paralelamente, iniciaron as actividades do Obradoiro do teatro que imparte o noso compañeiro do departamento Administrativo Manolo Sánchez os mércores pola tarde.
Moitas grazas a ambas iniciativas que dan o pistoletazo de saída do novo curso escolar, que esperamos que sexa interesante, divertido e moi, pero moi participativo.

miércoles, 24 de mayo de 2017
Elefante Elegante no IES Afonso X O Sabio
Onte tivemos a sorte de recibir a visita de María Torres, da compañía de teatro físico Elefante Elegante. Esta compañía, que recentemente recibiu o premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil coa obra Danza da choiva, acudiu ao noso instituto para realizar un obradoiro de teatro físico co noso alumnado do grupo de teatro e da materia de Artes Escénicas e Danza.
Hai uns meses, o noso alumnado puido acudir a ver a Elefante Elegante co seu espectáculo Kassa, pero agora tiveron a oportunidade de coñecer á actriz na súa faceta pedagóxica.
O obradoiro partiu da reflexión sobre algúns achegamentos que podemos facer á acción teatral e, posteriormente, comezamos a facer xogos para traballar a nosa expresión corporal.

Desde aquí queremos agradecer o traballo de María Torres pero sobre todo o do noso compañeiro ManuelSánchez, quen leva ensaiando todos os mércores pola tarde co noso incondicional grupo de teatro, con alumnado de 1º, 3º, 4ºESO e 1ºBACH.
Vémonos nos teatros!!!
domingo, 2 de abril de 2017
XVII Festival de Teatro Grecolatino
No marco do XVII Festival de Teatro
Grecolatino, o pasado mércores 22 de marzo, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º Bacharelato de Latín e Grego, acudiron á Coruña para asistir no Teatro Colón á representación
da traxedia grega Medea de Eurípides.
A compañía teatral “El Ruiseñor” da Coruña
mostrou nesta obra a desmesura nos sentimentos de amor – desamor na figura de
Medea ao ser repudiada polo seu esposo.
Desde aquí agradecemos especialmente a organización do departamento de Latín e Grego porque o alumnado disfrutou moito desta forma de achegarse ao teatro clásico e á mitoloxía que estudan cotidianamente en clase.
martes, 28 de marzo de 2017
Comezamos con Afonso á escena 2017!!
Estas dúas semanas antes de Semana Santa estaremos cheos de actividades no IES Afonso X O Sabio. Os nosos rapaces van poder ir a Betanzos co departamento de Historia, a xogar ao tenis co departamento de Educación Física, a Pontedeume cos departamentos de Bioloxía e Educación Física, á RAG co departamento de lingua galega. Porén serán as actividades no noso centro ao que máis acceso terán todos os nosos estudantes.
Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.
O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.
Aquí vemos a Marta Alonso bailando a peza Track 6
E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:
Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.
Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.

6ºprimaria,
Afonso a escena,
Artes escénicas e Danza,
CEIP Graxal,
CEIP Portofaro,
CEIP Wenceslao Fernández Florez,
Conferencias,
Coro,
Lingua galega,
Música,
Obradoiros,
teatro
jueves, 27 de octubre de 2016
Kassa de Elefante Elegante
Hoxe, o noso alumnado tivo a gran sorte de poder acudir a unha representación do espectáculo Kassa, da compañía de teatro físico "Elefante Elegante".
Ao evento acudiron, moi nerviosos e nerviosas, estudantes das materias de Música e de Artes escénicas e Danza de 4ºESO e, a verdade, inda que foi a primeira experiencia de teatro para moitos e moitas, pasámolo fenomenal. A única mágoa foi que esperabamos ter tempo para "charlar" cos artistas e non deu tempo, tivemos que voltar correndo á última clase da mañá. Haberá que traelos ao noso centro!
A obra inspírase na Metamorfose de Kafka e reflexiona sobre as ilusións que temos na vida, cómo o que soñamos pode cambiar da noite á mañá e, sobre todo, achéganos moi preto ao drama dos desafiuzamentos. En Kassa puidemos disfrutar de musica, cancións, audiovisuais, expresión corporal, danza e ata malabares!!! foi un grande privilexio e... que viva o teatro
O Elefante Elegante é unha compañía de teatro con máis de 15 anos de experiencia que crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. A compañía ten a súa base en Culleredo, polo que é frecuente que fagan representacións na nosa zona.
Ao evento acudiron, moi nerviosos e nerviosas, estudantes das materias de Música e de Artes escénicas e Danza de 4ºESO e, a verdade, inda que foi a primeira experiencia de teatro para moitos e moitas, pasámolo fenomenal. A única mágoa foi que esperabamos ter tempo para "charlar" cos artistas e non deu tempo, tivemos que voltar correndo á última clase da mañá. Haberá que traelos ao noso centro!
A obra inspírase na Metamorfose de Kafka e reflexiona sobre as ilusións que temos na vida, cómo o que soñamos pode cambiar da noite á mañá e, sobre todo, achéganos moi preto ao drama dos desafiuzamentos. En Kassa puidemos disfrutar de musica, cancións, audiovisuais, expresión corporal, danza e ata malabares!!! foi un grande privilexio e... que viva o teatro
miércoles, 18 de mayo de 2016
Obradoiro de DJ
O pasado día 13 de maio tivemos no noso IES unha actividade orientada para o alumnado de 4ºESO e bacharelato que consistiu nun obradoiro de DJ con Jas Processor.
No obradoiro o alumnado puido ver as posibilidades dun par de programas (un para ordenador e outro para o móbil) para poder pinchar a súa música, e tamén reflexionaron sobre o que supón "contar historias" por medio da música que compartimos cos demais.
Esta actividade enmárcase dentro das actividades realizadas polo proxecto Afonso a escea e puideron participar os estudantes de música e os participantes na actividade de teatro.

1ºBACH,
4ºESO,
Afonso a escena,
Música,
teatro
miércoles, 20 de abril de 2016
Afonso a escena!!!!
Durante as últimas semanas comezamos as actividades programadas dentro o proxecto Afonso a escea, que engloba distintas actividades relacionadas coa música e as artes escénicas para rapaces do noso concello.
O mércores 6 de abril tivemos a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de Blues coa The Big Lis Gumbo Band... unha estupenda actividade para traballar a improvisación e a creatividade á vez que reflexionamos sobre a loita polos movementos civís. Nesta actividade puideron participar os rapaces e as rapazas que teñen música en 4ºESO e 1ºBACH.
O pasado luns día 18 recibimos ao alumnado de 6º de primaria dos CEIP Portofaro e Graxal, que realizaron un obradoiro de Percusión con refugallo da que saíron entusiasmados. Non só aprenderon sobre percusión, senón que tamén probaron a facer música co seu propio corpo e tamén con obxectos reutilizados. Finalmente, reflexionamos todos xuntos sobre a necesidade de reciclar para coidar e manter o noso entorno.
Paralelamente, o alumnado do IES Afonso X O Sabio está a traballar nun pequeno grupo de teatro. Grazas ao seu profesor a próxima semana acudirán ao Teatro Colón de A Coruña.
jueves, 19 de noviembre de 2015
Espectáculo "Ahora mismitos"
O pasado mércores 11 de novembro Antonio Blanco trouxo ao noso IES o espectáculo Ahora Mismitos, co que nos achegou algunhas historias da mitoloxía clásica dunha maneira didáctica e moi divertida. Un espectáculo entretido, cheo de humor, que nos mantivo en vilo durante máis de 90 minutos. Polo escenario desfilaron Pigmalión, Zeus, Afrodita, Paris, Hera, Faetón co seu carro, ninfas, sátiros: aventuras, peripecias, amores… todo ilo sazonado con moito humor, un pouco de sorpresa e a colaboración “desinteresada” dalgúns dos espectadores e espectadoras, que se convirtiron en parte activa do espectáculo.
Aquí tedes algunhas das opinións dos nosos “máis avezados críticos” (estudantes de 1º de bacharelato):
“Fue una forma divertida de enseñarnos los mitos clásicos”, opina María.
“Una visión paródica de los mitos muy original”, di Candela.
“¡Todo un acierto la participación del público! Nos mantuvo atentos todo el espectáculo”, comenta Iria.
Emma apunta: “Nos mostró que no hacen falta muchos medios para hacer una interpretación más que digna, interesante, didáctica y entretenida”.
Pola súa parte, Natalia observa: “Un solo actor en el escenario que fue capaz de, con un registro coloquial y un vocabulario sencillo, de sumergirnos en el mundo de la mitología clásica”.
Grazas, Antonio, por espertar a nosa curiosidade, por conxugar ensino e diversión, y por facernos ver que o teatro e a cultura clásica tamén poden apaixoarnos. ¡Contaremos contigo nos próximos cursos!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)