Mostrando entradas con la etiqueta ENL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENL. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de junio de 2023

Celebración da fin de curso no IES Afonso X O Sabio

Onte tiveron lugar os festexos para clausurar o curso escolar. Este curso, como cada ano, o alumnado puido disfrutar de actividades deportivas, así como de elaborar o tradicional ramo de San Xoán organizado polo ENL pero tamén puideron verse actuacións musicais realizadas polos distintos grupos de música do centro e polo obradoiro de pandeireta pero, sobre todo, acabamos o día cunha actuación moi especial. Repetimos novamente a canción dos Cacharros, esta vez interpretada por todo o alumnado do centro. ¡Noraboa!
Para rematar a xornada, tivo lugar a graduación do alumnado de 4ºESO e FPB, a quenes despedimos con moito cariño.

lunes, 22 de marzo de 2021

Actividade literaria con Cándido Pazó

 


Hoxe o IES Afonso X O Sabio organizou unha charla para todo o alumnado de 1º de Bacharelato cun dos máis recoñecidos dramaturgos galegos, Cándido Pazó. Neste caso a actividade estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, dentro do programa Por qué leer a los clásicos? e versou sobre os xéneros literarios e, en concreto, sobre La tribuna de Emilia Pardo Bazán, a quen rendimos unha pequena homenaxe no ano do seu centenario. Por mor das restriccións da pandemia a actividade realizouse en dúas quendas, para que así puidese asistir todo o alumnado do curso. Desde aquí esperamos que sirva para reflexionar sobre as aportacións da gran escritora Emilia Pardo Bazán, de como escribiu sobre o noso entorno, das personaxes femininas e, tamén, de como se pode trasladar a narrativa ao teatro.


A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e vicedirección, coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Castelá. Grazas a todos e a todas por asistir e colaborar.


martes, 22 de diciembre de 2020

Concerto de Blues do país

 Onte, luns 21 de decembro alumnado de 2º ESO puido disfrutar dun conerto do grupo Blues do país, dúo procedente do rural ourensano que actualiza o blues tradicional pasándoo pola nosa lingua.

Cartel do concerto:



A actividade estivo subvencionada polo Concello de Cambre.











martes, 10 de noviembre de 2020

Concurso de microrelatos de medo!!

 

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega organizou, para celebrar este Samaín, un Concurso de microrelatos.

As premiadas e premiados resultaron ser:

Categoría 1º ciclo da ESO

1º premio: Andrea Castro Garrido (2ºB)

2º premio: Ariana Asorey Rei (1ºB)

Categoría 2º ciclo da ESO

1º premio: Mencía Arias (3ºESO A)

2º premio: Julia Casal Rey (4ºESO A)

Categoría Bacharelato

1º Premio: Gabriela Ces Lozano (2ºBACH D)

2º premio: Lena Fachal Alonso (1ºBACH B)

O acto de entrega realizouse o pasado luns 9 de novembro, a cargo da Directora Belén Vidal Marcote e a coordinadora do EDLG Mar Hermida, mentres que estiveron dinamizando a gala Natalia Naya e Carolina Lamas (2ºESO A) (CURSO)


Para máis información da entrega de premios e os textos premiados.


domingo, 9 de febrero de 2020

Festa final do proxecto 21 DÍAS EN GALEGO... E MÁIS

O pasado luns, día 3 de febreiro, celebramos a festa final dos 21 días en Galego e máis, e tivemos a sorte de ter de invitados á Coordinadora do programa, ao Secretario Xeral de Política Lingüística e ao Director de Educación, FP e Innovación Educativa.
A nosa celebración consistiu en dúas fases: por unha banda fixemos un acto protocolario, enmarcando con dúas actuacións musicais organizadas polo departamento de Galego e de Música, de benvida e peche, coa colaboración do alumnado do ENL e do Coro do centro e para rematar un concerto de Uxía, que cantou con todo o alumnado da ESO do noso centro.

A noticia foi moi seguida nos medios de comunicación, aparecendo no informativo territorial de TVE1
Aquí temos un vídeo de todo o noso alumnado da ESO cantando con Uxía Senlle.
E velaquí unha mostra do traballo realizado. Aquí podemos seguir todas as actividades realizadas no blog do Equipo de Normalización de Lingua Galega.


Moitas grazas por tanto traballo e tan ben feito.

jueves, 7 de noviembre de 2019

Novo blog de visibilización de Normalización Lingüística

As nosas compañeiras do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística veñen de abrir un novo blog, que visibilizará as actividades que realizan no noso centro educativo.

Desde aquí toda a nosa noraboa, apoio e total visibilización. Parabéns!

A fiestra do Afonso

jueves, 27 de junio de 2019

Proxecto sobre a ruta do Camiño dos Faros

A través deste proxecto, o alumnado tiña que elaborar por grupos unha guía sobre cada unha das etapas do Camiño dos Faros (son 8 etapas) que percorre a costa desde Malpica até Fisterra. Ademas da guía da viaxe tiñan que facer a maqueta dun faro. Como remate do proxecto iamos facer un anaco da ruta desde o Cemiterio dos Ingleses até cabo Vilán. Choveu moito e tivemos que cambiar a excursión para visitar o MELGA (museo etnolúdico de Galicia) que está en Ponteceso  e despois tamén tivemos que cambiar os plans, a pesares de que iamos comer en punta Nariga como chovía moito non puidemos.