O noso instituto fixo unha pequena actividade para concienciar ao alumnado sobre a importancia de loitar contra a violencia de xénero. Para tal fin, nos días previos, realizáronse reunións co alumnado axudante do centro para que eles mesmos repartisen a cartelería e pulseras entre o alumnado, así como colgaron eles mesmos o cartel proporcionado polo Concello de Cambre.
Mostrando entradas con la etiqueta Violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Violencia de xénero. Mostrar todas las entradas
viernes, 27 de noviembre de 2020
miércoles, 21 de noviembre de 2018
Conferencia de D. Miguel Ángel Filgueira Bouza, xuiz do xulgado de violencia sobre a muller de A Coruña
Onte, día 20 de novembro, dentro do programa de actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a violencia de xénero, tivemos a sorte de poder realizar unha charla co xuiz do xulgado de violencia sobre a muller de A Coruña, D. Miguel Ángel Filgueira Bouza. Á charla asistiron a metade dos e das estudantes de 4ºESO. O próximo martes repetiremos a actividade para o resto de 4ºESO.
Desde aquí queremos agradecer, coma outras veces, a colaboración do xulgado e do xuíz, de cara a concienciación do noso alumnado e da nosa comunidade educativa fronte a esta problemática que sufrimos toda a sociedade.
jueves, 21 de diciembre de 2017
Actividade contra a violencia de xénero
O alumnado do Equipo de Normalización Lingüística do curso 4º ESO colaborou o venres 24 de novembro nunha actividade contra a violencia machista que consistiu na distribucion de pulseiras con lemas de concienciacion sobre o problema.
Foron numeros@s @s compañeir@s que se achegaron para mirar os carteis elaborados polo alumnado e pedir pulseiras ao longo do segundo recreo, polo que, igual que o ano anterior, esta iniciativa de concienciacion resultou todo un exito. Grazas pola colaboracion!
Aquí presentamos unhas imaxes que dan conta do sucedido
Moitísimas grazas a este alumnado tan colaborador.

miércoles, 10 de mayo de 2017
Charla-coloquio co Xuíz de violencia de xénero
Mañá xoves, día 11 de maio, sobre as 17:00 da tarde, no salón de actos do noso instituto, terá lugar unha conferencia bilingüe (en castelán e inglés) impartida polo xuíz especialista en violencia de xénero Miguel A. Filgueira Bouza.
A conferencia desenvolverase nun formato que potenciará o diálogo, polo que invitamos a todo o alumnado, profesorado, pais, nais e todo aquel interesado no tema.
Desde aquí queremos agradecer a colaboración co xuíz e con toda a nosa comunidade educativa.
sábado, 3 de diciembre de 2016
Día contra a violencia machista
O pasado 25 de novembro celebrouse no noso instituto o día contra a violencia machista. Efeméride na que debemos de recordar que cada ano morren moitas mulleres a manos das súas parellas ou exparellas, un número todavía maior sufre algún tipo de violencia e moitas poñen denuncias en xulgados contra a violencia de xénero.
No noso caso fixemos unha exposición de caligramas contra a violencia machista e repartíronse lazos e pulseiras con lemas ao caso.
Pero repasemos algúns datos... por qué debemos celebrar esta efeméride?
Inda que todos os días debamos educar para loitar contra todos os tipos de violencia, a violencia contra a muller ten unhas características concretas que merecen ser sinalada a parte. Por unha parte, é o tipo de violencia máis habitual, no ano 2015 60 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. Nesta cifra non se computan nin as mulleres que non tiñan relación sentimental co asasino (por exemplo, houbo casos no que o asasino matou á nai, á amiga, etc) nin aos fillos da muller.
Qué é a violencia machista?
É aquela que se exerce mediante toda acción ou ben omisión, dentro do marco dunha relación desigual de poder, que de maneira directa ou indirecta, tanto no ámbito público como no privado, afecta a túa vida, libertade, dignididade, integridade física, psicolóxica, sexual, económica ou ben patrimonial, polo exclusivo feito de ser ou ben sentirte como unha muller.
A violencia machista adopta diversos tipos:
1. Física: cando se produce un dano, dor ou risco de ser producido, no teu corpo. Ou ben calquera outra forma de maltrato que afecte contra a túa integridade física.
2. Psicolóxica: se che causa dano emocional, se afecta a túa autoestima, perxudica ou perturba o teu desenvolvemento persoal, se busca a degradación, controlar as túas accións, as túas crenzas e decisións mediante amenazas, o acoso, a humillación, o hostigamento, a manipulación e o aillamento.
3. Sexual: se vulnera en todas as suas formas, con ou sen acceso xenital, o teu dereito a decidir voluntariamente sobre a túa vida sexual ou reprodutiva, mediante a ameaza, o uso da forza ou ben a intimidación.
4. Económica e patrimonial: se busca menoscabar os teus recursos económicos ou patrimoniais mediante diversas accións que inclúan a perda dos teus bens ata o control e limitación ou control dos teus ingresos.
5. Simbólica: se se naturaliza a subordiación das mulleres na sociedade, mediante a transmisión e reprodución de patróns estereotipados, mensaxes, valores, inconos ou signos que promoven a dominación, a desigualdade e a discriminación.
A violencia machista é un problema da nosa sociedade, un problema gravísimo, xa que afecta directamente á metade da nosa poboación. Xa que hoxe falamos só de datos imos poñer de onde os sacamos: do Observatorio da Violencia de Género, e da páxina web Niunamenos.

jueves, 10 de marzo de 2016
Coloquio aberto sobre a violencia de xénero
O pasado día 8
de marzo ás 17 horas, tivo lugar, no salón de actos do Instituto, un coloquio aberto sobre a
violencia de xénero. Contamos coa presenza de D. Miguel
Filgueira Bouza, xuiz de violencia de xénero da da Coruña. Asistiu alumnado dos
dous cursos de Bacharelato, de 4º da ESO e de FPB. O acto
era dende o principio aberto ás intervencións do alumnado. Tivo moito interese a confirmación dende o aspecto
xudicial de moitos dos elementos que se abordan sobre o tema, como son as
dificultades de denunciar das vítimas, a pasividade das persoas coñecedoras, o
inicio na adolescencia de condutas entre as parellas que propician
posteriormente estes comportamentos. Constatamos co xuiz como un problema que
parecía que ao abordalo abertamente dende varios ángulos- xudicial, policial,
educativo, asistencial, etc- entraría en vías de solución ou de minorización non está sendo
así. Desafortunadamente estanse reproducindo condutas e valores favorecedoras
desta violencia, e actuación da educación, sempre imprescindible, non é
suficiente para cambiar esta situación.
Grazas a esta interesante proposta que ven da Comisión de Convivencia, a iniciativa do grupo de traballo de convivencia que ten o noso instituto.
Etiquetas:
1ºBACH,
2ºBACH,
4ºESO,
FPB,
Orientación,
Violencia de xénero
Suscribirse a:
Entradas (Atom)