Mostrando entradas con la etiqueta IES David Buján. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IES David Buján. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de febrero de 2019

Exposición Implicadas

Durante o mes de xaneiro o departamento de Lingua e Literatura Galegas do IES David Buján cedeunos unha exposición creada por Implicadas no Desenvolvemento que denunciaba a explotación laboral na Industria téxtil. 

Esta colocouse no vestíbulo do centro a modo de tenda de roupa na que se expuxeron 15 pezas creadas a
partir de prendas usadas. Baixamos con varios grupos da ESO e Bacharelato para que a observasen, analizasen e tomasen notas da información que se daba de varias mulleres que traballaban para grandes empresas do sector téxtil. Posteriormente algúns grupos crearon unha biografía de cada unha desas mulleres e iniciamos unha reflexión xeral sobre a explotación laboral moi proveitosa. No departamento de Economía tamén se realizaron actividades relacionadas coa exposición.













viernes, 21 de diciembre de 2018

Intercentros


O encontro intercentros xuntou ós IES David Buján e IES Afonso X O Sabio no IES David Buján e participaron estudantes de 4ºESO (A e B) e 2ºESO (A,C e D) durante os días 19 e 20 de decembro.



Disputáronse varias disciplinas deportivas: baloncesto, balonmán, floorball, xadrez, fútbol, voley, brillé e badminton e o desprazamento fíxose en bus.

O horario da actividade foi de 8:30 a 14:10, mentras que no pabillón deportivo os partidos foron dende as 9 as 13:30 con un descanso as 12 ata as 12:30.

Foron unhas xornadas moi productivas, onde o alumnado conviviu con compañeiras e compañeiros de outros centros a través de actividades deportivas, dando continuidade a moitos dos obxetivos que perseguimos dende o centro como o fomento de estilos de vida saúdables, respecto, autosuperación, colaboración, entre outras.



jueves, 29 de diciembre de 2016

Actividades dos últimos días de antes de Nadal

Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.

Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.

O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.








O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.

Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.






Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!

sábado, 12 de noviembre de 2016

Intercentros no IES David Buján

O pasado xoves parte do noso alumnado de 1º de Bacharelato puido reunirse co alumnado de 1º de Bacharelato do outro instituto de Cambre, o IES David Buján e con alumnado de intercambio de Holanda.

O intercentros consistiu na participación en diversos deportes de equipo, nos que o pasamos moi ben dándose continuas mostras de deportividade e xogo limpo. Os encontros acabaron coas victorias repartidas, buscándose sempre o bo humor e desfrutar de facer deporte todos xuntos.

O resultado final deixou a victoria para o IES David Buján por unha marxe moi estreita (de dous puntos en ambas categorías), o que amosa que os encontros foron moi desputados e houbo moita intriga ata o final.

A xornada foi, en resumo, un bo día de convivencia á cal ademais sumáronse estudantes estranxeiros, o que favoreceu que se utilizasen as linguas estranxeiras para comunicarse.

O noso agradecemento a todos os docentes e estudantes implicados e unha grande saúda ao noso instituto irmán o David Buján.

.




A xornada enmárcase dentro das actividades do noso centro para o proxecto XOGADE, así como o Proxecto Deportivo de Centro.