Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de noviembre de 2021

Novo premio para Afonso Reporteiros

A profesora de Xeografía e Historia do IES Afonso X O Sabio, Isabel González, fíxose cun galardón nos Premios Educacompostela pola súa innovación educativa no seguinte proxecto: Afonso-reporteiros: A historia medieval tamén é divertida. Esta é unha das iniciativas coas que o noso centro conmemorou os 800 anos do nacemento de Afonso X O Sabio. Para rememorar este fito, elaboraron un vídeo-reportaxe no que se explica tanto o contexto no que viviu o monarca, como a súa biografía e a importancia da súa obra. Así mesmo, levaron a cabo un roteiro polos lugares máis significativos ligados ao rei na nosa contorna. Parabéns por esta marabillosa iniciativa!

jueves, 1 de julio de 2021

Premio Explícoche Matemáticas 2.0

 Celebramos a consecución do premio na IX Edición do Certame "Explícoche Matemáticas 2.0" da Universidade de Santiago de Compostela por parte da nosa compañeira María Varela Garea, do departamento de Matemáticas, xunto coas alumnas Sara Ramos López e Uxía Varela Castro, de 3ºESO E


Para máis información e acceso ao vídeo, clicade neste enlace


sábado, 24 de abril de 2021

Celebración do XVI Certamen literario

Como cada curso escolar o departamento de Lingua castelá e literatura convocou o XVI Certamen literario  "Sea breve, por favor" para celebrar o Día do libro.

Como resultado, déronse dous premios por ciclo e realizouse unha bonita entrega de premios, á cal baixaron dúas clases como ointes, os premiados e os participantes na cerimonia.

A cerimonia consistiu nun pequeno concerto do coro do IES Afonso X O Sabio e no visionado de varias curtametraxes, como esta feita por alumnado de 4ºESO de Artes escénicas.

Desde aquí moitas grazas ao departamento de Lingua castelá por organizar o evento e ao de Música por colaborar na entrega de premios.

lunes, 8 de febrero de 2021

Premio á innovación educativa

 O noso Instituto está de noraboa, vimos de gañar o 2º premio á innovación educativa INNOVAGAL, un novo premio para o programa de convivencia que desenvolvemos no noso centro desde hai case vinte anos. Ademais somos o único centro galego con dous premios no noso centro educativo, xa que unha docente do noso claustro levou o premio en categoría individual.

O programa de convivencia premiado está composto por diversos tipos de actuacións que buscan diminuir a gravidade dos conflitos e mellorar a convivencia da nosa comunidade educativa. Para tal fin contamos cun programa de alumnado mediador e outro de alumnado axudante, para o cal os e as estudantes voluntarias reciben un curso de formación anual sobre cuestións relacionadas coa resolución de conflitos, a mediación entre iguais ou a empatía. Por outra banda, o centro conta con aula de reflexión e aula de convivencia, co apoio de profesorado voluntario que ademais segue cursos de formación anuais que se levan desenvolvendo no centro desde hai máis de 10 anos, grazas aos cais tivemos no noso instituto a docentes de primeiro nivel como Nélida Zaitegi, Juan Vaello, Mar Romera ou Ricardo Fandiño, pero tamén realizamos cursos de formación noutras temáticas transversais como é a igualdade. Nesta liña cabe dicir que agora o proxecto de convivencia está relacionado con diversos proxectos Erasmus+ cos cales intentamos levar a nosa experiencia en convivencia ao ámbito internacional, de forma que compartimos con outros centros estranxeiros as nosas experiencias en resolución pacífica de conflitos á vez que aprendemos doutras realidades educativas, que presentan ás súas propias propostas de mellora de convivencia, nesta liña desenvolvimos os proxectos Crush (2015-17), Horizon to the future (2015-18), Stage (2019-22) e Musicvibe (2020-22). Por último, cabe sinalar que o centro tamén conta cun interesante programa de transición entre a primaria e a secundaria, coa que nos últimos anos facíamos obradoiros de música entre o alumnado de 6ºprimaria dos centros adscritos (tanto no noso instituto como nos seus propios colexios) e acabábamos facendo un concerto conxunto grazas á colaboración entre o profesorado de música dos CEIP Graxal, Wenceslao Fernández Flórez e Portofaro e o do IES Afonso X O Sabio, no que destaca a implicación do coro do instituto.

Paralelamente o noso instituto está orgullosísimo porque unha profesora do noso claustro, Isabel González Piñeiro, de xeografía e historia, ven de gañar o premio á mellor docente no ámbito de humanidades. Desde aquí queremos agradecer o marabilloso traballo de Isabel, non só por motivar ao alumnado sen límite, senón por ser tan boa compañeira e titora, por compartir con nós toda a súa experiencia e bo traballo e, finalmente, por recordarnos que a temos a mellor profesión que existe e que, día a día, encontrámonos con docentes como ela, que a través de distintos proxectos conseguen ilusionar a todo o alumnado para desenvolverse e aprender (a través da historia) e a ser mellores persoas.

Artigo en La Opinión de A Coruña

Artigo en El noticiero de Arteixo