Mostrando entradas con la etiqueta Sistemas informáticos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sistemas informáticos. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de noviembre de 2020

Campaña de recollida de alimentos

 Bo día,

Este ano, por mor da pandemia, realizamos unha campaña especial de recollida de alimentos para a Cruz Vermella. En colaboración coa asociación xuvenil Beyour, formada por alumnado do centro, queremos transmitir á nosa comunidade educativa a necesidade que hai de compartir, colaborar e ser solidario e solidaria nestes momentos onde está habendo moitísimos problemas.

Solicitamos alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal que serán repartidos posteriormente pola Cruz Vermella.

O calendario de recollida é entre os días 30 de novembro e 14 de decembro. Moitas grazas pola vosa colaboración e ao alumnado de 2ºFPB, que é quen está organizando e colaborando con esta estupenda iniciativa.






martes, 3 de marzo de 2020

Visita aos museos Muncyt e Domus


O pasado venres, día 28 de febreiro, o alumnado de primeiro e segundo de FP Básica visitaron os museos Muncyt e Domus. Esta activade foi organizada conxuntamente polos departamentos de Informática e Lingua Castelá.

No Muncyt fixeron unha visita guiada na que lles mostraron a enciclopedia mecánica, precursora do libro electrónico e inventada pola ferrolá de adopción Angela Ruíz Robles, o ordenador IBM 650 (primeiro ordenador que chegou a España), os proxectores do cine París (primeiro cine de A Coruña) e o avión Boeing 747 “Lope de Vega” entre outras cousas.

Na Domus visitaron as exposicións “Bocados” sobre nutrición e ciencia, “Xenética” e “Evolución” nas que puideron descubrir a cantidade de auga que tiñan no corpo, as calorías que se consumen cando se camiña sobre unha gran roda e a velocidade dun tiro de penalti entre outras cousas. Tamén intentaron relaxarse para gañar un xogo que medía a súa actividade cerebral e puxeron a proba os seus reflexos e axilidade con xogos moi diversos.