Mostrando entradas con la etiqueta Concello. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Concello. Mostrar todas las entradas
viernes, 17 de diciembre de 2021
Conferencia de Gabriel Tizón
O alumnado do IES Afonso X O Sabio puido desfrutar na xornada de onte dunha charla impartida polo fotógrafo Gabriel Tizon.
Esta charla está relacionada cunha exposición que se inaugura hoxe, venres 17 de decembro, na Biblioteca Central de Cambre, que acollerá desde as 20:00 horas a inauguración da exposición 'Fogar' coa que Tizón busca concienciar á cidadanía sobre a realidade que viven, día a día, milleiros de persoas.
martes, 16 de noviembre de 2021
Campaña "Pequenos xestos que cambian o mundo"
Estes días tivemos no noso centro a campaña do concello "Pequenos xestos que cambian o mundo" coa que se busca fomentar as boas prácticas ambientais.
As sesións tiveron lugar nos distintos grupos de 1º e 2ºESO.
Etiquetas:
1º ESO,
2ºESO,
Concello,
Educación ambiental
viernes, 11 de octubre de 2019
Asistencia á Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo
E co novo curso chegan de novo actividades para a nosa rapazada. Neste caso, o alumnado de 1ºESO B asistiu hoxe a unha actividade de contacontos que invitaba á reflexión arredor da existencia de condutas micromachistas e que se realizou na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo da Barcala. As rapazas e os rapaces entenderon o significado da palabra “feminismo” ou “machismo” e analizaron a pegada da violencia de xénero en distintas épocas. Tampouco faltou o tempo para que se asombrasen cando lles explicaron os cinco ríxidos pasos que existían para “ligar” antigamente nin para que escoitasen atentos e atentas un dos poucos contos populares nos que a presenza feminina é notoria.
Foi, sen lugar a dúbidas, unha fantástica xornada na biblioteca da Barcala, moitas grazas!
Foi, sen lugar a dúbidas, unha fantástica xornada na biblioteca da Barcala, moitas grazas!
viernes, 23 de noviembre de 2018
Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación
Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.
O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.
Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.
Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"

1ºESO,
2ºESO,
Abalar,
Concello,
Conferencias,
FPB,
Garda Civil,
Orientación,
Quérote+
domingo, 11 de noviembre de 2018
Aulas sen paredes, Rosalía Fernández Rial
O 6 de novembro recibimos a visita de Rosalía Fernández Rial que dentro do proxecto "Aulas sen paredes" proposto polo Concello de Cambre a través de Urdime teatro, fixo máis grande a aula de 1º ESO B, que se encheu de emocións positivas, imaxinación, teatro, diversión, e todo isto, como non, na nosa lingua propia. Moitas grazas, Rosalía, esperamos repetir!
Etiquetas:
1º ESO,
Concello,
Lingua galega,
teatro
domingo, 4 de noviembre de 2018
Charla con Eva Mejuto
O pasado martes, día 30 de outubro, alumnado de 2ºESO puido disfrutar dun obradoiro coa escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos
A través desta actividade pretendíase integrar ao alumnado no proceso lector, tomando contacto coa autora da obra lida e debatendo con ela sobre o tema da mesma, a visión dos e das adolescentes transexuais na nosa sociedade.
A actividade foi organizada en colaboración coa Biblioteca de Cambre, e tivo lugar na Biblioteca Xabier P. Docampo da Barcala.

miércoles, 24 de octubre de 2018
Comezo das actividades!!
O próximo martes comezamos no noso instituto coas actividades complementarias e extraescolares do presente curso escolar. Dous grupos de 2ºESO van a ter a sorte de acudir a un obradoiro coa escritora Eva Mejuto na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.
O obradoiro versará sobre o libro 22 segundos, un libro importantísimo que trata sobre o tema da transexualidade na adolescencia.
A actividade, ademais de achegarnos cunha escritora e favorecer o uso da lingua galega, ten como obxectivo tratar o tema da transexualidade coa mocidade, visibilizar ao colectivo e propoñer esta opción como tan válida e que debe ser aceptada socialmente sen ningún tipo de discriminación e cunha completa aceptación.
A actividade forma parte das accións que fai regularmente o noso instituto para loitar contra a LGTBIfobia.

martes, 5 de junio de 2018
Entrega de premios do XXV Certame Literario do Concello de Cambre.

Artigo de La Opinión de A Coruña
Aquí algúns momentos... en breve intentaremos subir vídeos ilustrativos!
miércoles, 10 de mayo de 2017
Abril Ilustrado
Durante o pasado mes de abril as profesoras de Debuxo do IES Afonso X O Sabio estiveron facendo, en colaboración co concello de Cambre, unha serie de interesantísimos obradoiros sobre banda deseñada con profesionais ilustradores.
A esta actividade acudiu todo o alumnado de 3ºESO e 1ºBacharelato da materia de debuxo artístico. Desde aquí agradecer o traballo das profesoras, o interese do alumnado e a fantástica colaboración co Concello, que permite que cada ano o alumnado poida pasalo ben e aprender nestes obradoiros.

1ºBACH,
3ºESO,
Abril Ilustrado,
Concello,
Debuxo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)