Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

domingo, 3 de mayo de 2020

Temos unha carta para vos...

Algúns dos profesores e profesoras que conformamos o equipo docente do IES Afonso X O Sabio temos unha mensaxe para todo o noso alumnado.
Queredes saber de que se trata? Botádelle un ollo ao vídeo 

Grazas especiais ás coordinadoras e editoras Montse e Mar, profesoras dos departamentos de lingua castelá e galega.

miércoles, 20 de junio de 2018

Concerto para pais e nais

Hoxe, penúltimo día de clase, tivemos un CONCIERTAZO no que participaron máis de 350 rapaces e rapazas do noso centro.

Este evento realizouse fóra do horario escolar, pola tarde, para que puidesen asistir toda a nosa comunidade educativa, xa que estamos moi orgullosas do traballo realizado polas nosas clases.

O concerto comezou coa actuación do noso coro, que interpretaron catro cancións, nas que destacou Gabriel Robledo como solista na canción Meu amor estoupa.

Posteriormente actuaron grupos de 2º ESO, 3ºESO, 4º ESO e 1ºBach. Os de 2º de bacharelato, esta vez, estaban xa de vacacións...

O evento tivo un amplo seguimento nos medios de comunicación, inda que nalgún caso só en prensa escrita.

miércoles, 25 de abril de 2018

Actividade para as familias no noso centro


En colaboración coa Asociación de Nais e Pais de alumnos do noso IES (ANPA Castelao) realizouse a actividade dirixida ás familias: A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais
Esta actividade foi impartida por Santiago Legaspi Irimia, técnico do equipo Quérote + da Consellería de Benestar, o luns, 23  de abril, de 18:30 a 20:30 horas.

Diante da realidade de que os nosos fillos e fillas demandan cada vez con máis intensidade e interese a dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e a súa presenza no mundo virtual. Isto provoca dúbidas como: A que idade compre que dispoñan dun móbil intelixente? E ter redes sociais? Que fan os nosos fillos en Internet? Fan un uso responsable? Estas e outras cuestións abordáronse coa participación de mais de 30 familias nesta actividade, que tivo forma de obradoiro.