Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO. Mostrar todas las entradas
domingo, 19 de diciembre de 2021
Actuación no centro da compañía Pallasos en Rebeldía
O pasado venres 17 de decembro a asociación galega de Pallasos en Rebeldía presentou a súa obra 'Foot' no noso centro.
A obra, escrita polo dramaturgo palestino-americano, Ismail Khalidi, e protagonizada por Fran Rei, conta a historia dun futbolista palestino que intenta clasificar ao seu equipo para a Copa Mundial.
O obxectivo da actividade foi sensibilizar aos estudantes sobre as situacións de sufrimento, opresión e guerra que se dan noutras partes do mundo, ademais de achegarnos ao mundo profesional do teatro.
Logo da representación, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla co intérprete e técnico da obra. Na actividade participaron alumnado de 4ºESO e 2ºBACH.
Etiquetas:
2ºBACH,
4ºESO,
Artes escénicas e Danza,
Música,
teatro
domingo, 12 de diciembre de 2021
Visita á Empresa Pública de Depuración de Augas (EDAR Bens)
Durante o mes de novembro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ºESO tivo a oportunidade de asistir ás instalacións de Edar Bens.
Neste espazo partticiparon nunha charla divulgativa e visitaron as instalacións. Esta actividade reflexionou sobre o aspecto medioambiental e a importancia que ten a Empresa Pública de Depuración de Augas, así como a labor de divulgación que están facendo nestes anos de pandemia a través da análise da auga.
lunes, 6 de diciembre de 2021
Celebración do Día Mundal da Loita contra o SIDA (1 de decembro)
O Día da Loita contra o SIDA foi festexado grazas ao traballo do alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º bacharelato, que preparou un stand onde ademáis dunha maqueta do VIH e expositores de sobremesa -alusivos á estructura do virus, aos síntomas, formas de previr o contaxio, etc- estiveron presentes dous Noticieiros Científicos monográficos.
No tempo de lecer o alumnado puido participar en xogos relativos ao tema
domingo, 25 de abril de 2021
Celebración da Semana Mundial da Inmunización 2021
Como todos os anos no mes de abril, a OMS establece unha semana adicada á Inmunización. No presente curso, o Departamento de Bioloxía-Xeoloxía organizou varias actividades para esta eferméride durante a última semana de abril.
Por unha banda realizouse unha exposición- que enlaza cos paneis permanentes relacionados coa enfermidade da Covid 19- coa aportación de carteis preparados polo alumnado de 4º ESO.Por outra banda, o alumnado podía responder ás preguntas dun díptico axustado aos contidos da exposición, no que colaborou alumnado de Cultura Científica de 1º bacharelato e, nos recreos, houbo turnos de monitores de 4ºESO, que explicaron coa axuda de maquetas -elaboradas por alumnado de 4º e 1º bacharelato- a tecnoloxía das vacinas Covid 19.
sábado, 8 de febrero de 2020
Visita a Navantia
O pasado día 6 de febreiro, o alumnado de 4ºESO e 1ºBACH de tecnoloxía e tecnoloxía industrial visitaron as instalacións de Navantia (Ferrol).
Durante a visita, dunhas tres horas de duración, o alumnado visitou, en primeiro lugar, ExpoNav (Exposición Nacional de la Construcción Naval) considerado o museo máis ompleto de Europa na súa temática. Alí, e a través dunha visita guiada, recibiron múltiples e detalladas explicacións da historia naval da cidade, puidendo contemplar diferentes maquetas e varias pezas reais que proporcionan unha idea do que é a construcción dun barco.
Terminada a visita ao museo e acompañados dun guía, visitaron as instalacións de Navantia (cunha extensión de preto dun millón de metros cadrados) e, como curiosidade, tiveron ocasión de ver as obras de reparación ue se están levando no buque Blue Star, barco que encallara o pasado mes de novembro na Ría de Ares.
Sen dúbidas esta foi unha visita moi interesante para o noso alumnado, que puido comprobar o funcionamento, organización e traballo dunha empresa destas magnitudes.
domingo, 13 de octubre de 2019
Participación na I Olimpiada Científica Juvenil Española (OCJE)
O pasado venres, 27 de setembro, o xefe de departamento de Física e Química acompañou a diversos estudantes de 4ºESO para que participasen na I Olimpiada Cienfítica Juvenil Española (OCJE) en Santiago de Compostela.
A proba consistiu nunha serie de preguntas de resposta múltiple sobre as diferentes materias da área científica (Fïsica e Química, Tecnloxía, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, entre outros)
Estamos moi orgullosos e orgullosas do entusiasmo do noso alumnado, así como da implicación do profesorado. Esta actividade está dentro do Club de Ciencia do IES Afonso X O Sabio.
jueves, 27 de junio de 2019
Excursión a Barcelona de fin de etapa
A última semana do curso, como ven sendo habitual, realizouse a excursión de fin de etapa da ESO para o alumnado de 4º. Nesta ocasión foron máis de 50 estudantes quenes, acompañados por as profesoras Belén Iglesias, Begoña Lourido e Miriam López.
O alumnado portouse como era esperado e realizaron actividades físicas (un día completo na praia, actividades de tirolina, etc) culturais (visitas turísticas á cidade de Barcelona) e visitas a parques temáticos (Port Aventura e un Aquapark).
O alumnado puido disfrutar de ter acabado o curso e a etapa e foi unha boa despedida para todo aquel que non segue no noso centro.
Unha forte aperta a todos, foron anos marabillosos.
O alumnado portouse como era esperado e realizaron actividades físicas (un día completo na praia, actividades de tirolina, etc) culturais (visitas turísticas á cidade de Barcelona) e visitas a parques temáticos (Port Aventura e un Aquapark).
O alumnado puido disfrutar de ter acabado o curso e a etapa e foi unha boa despedida para todo aquel que non segue no noso centro.
Unha forte aperta a todos, foron anos marabillosos.
lunes, 13 de mayo de 2019
Visita á RAG e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán
O martes 26 de marzo, luns 1 e martes 2 de abril, o alumnado de 4º ESO realizou a xa tradicional visita á RAG e a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, seguida esta vez dun roteiro literario polos lugares emblemáticos do galeguismo coruñés. Unha visita guiada transportounos a outros tempos a través da casa de Emilia Pardo Bazán, e tamén puidemos desfrutar das explicacións no salón de plenos da institución académica.
A continuación, realizamos un roteiro literario no cal lemos poemas alusivos aos lugares que percorremos, como as casas de Rosalía de Castro ou de Francisca Herrera Garrido, o lugar de fundación das Irmandades da Fala ou da Editorial Nós, ou as esculturas conmemorativas de Castelao, Cunqueiro e o Gatipedro, Curros Enríquez, María Pita, Sir John Moore ou Eduardo Pondal. Resultou moi interesante ver a cidade desde ese novo punto de vista, repetiremos o próximo ano!
Etiquetas:
4ºESO,
ENL,
Lingua castelá,
Lingua galega
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











































