Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiros. Mostrar todas las entradas

domingo, 14 de noviembre de 2021

Actividade para fomentar o voluntario europeo, dentro do marco dos programas Erasmus+

Desde a Deputación da A Coruña ofrecéronnos a posibilidade de recibir formación sobre a participación no programa de voluntariado de Erasmus+ Os conferenciantes pertencen a INGALICIA, asociación cultural que nace oficialmente no ano 2007 para favorecer a integración comunitaria e fomentar o coñecemento da cultura europea nos moz@s. Promoven diferentes actividades e proxectos, principalmente no ámbito de programas europeos como Erasmus+ • Servizo voluntario europeo: o Intercambios xuvenís. o Iniciativas xuvenís nacionais. o Mobilidade de traballadores xuvenís. o Prácticas.
Explicaron como acceder á busca de información en distintas webs sobre as posibilidades de participación en programas europeos: portal europeo de la juventud, injuve, eurodesk.
Fixeron unha presentación dunha iniciativa que nace da promoción das súas actividades chamada: “La primera escuela política para mujeres jóvenes” Realizaron unha dinámica cos alumnos co fin de obter iniciativas como a presentada no exemplo.
Explicaron a iniciativa de cada un dos catro grupos participantes na dinámica

sábado, 6 de noviembre de 2021

Como ser emprendedor sen vocación aplicando o sentido común

O pasado día 27 de outubro, co obxectivo de reforzar os contidos dos módulos Empresa na Aula e Simulación empresarial que nesta primeira evaluación abordan o tema do emprendimento como saída profesional viable, tipo lugar a charla "Como ser emprendedor sen vocación aplicando o sentido común", para alumnado de 2º de GM de Xestión Administrativa e 2ºGS de Administración e finanzas, impartida por Alejandro José Fontán Taracido, xerente de MUNDOCIO e AVENTURA MUNDOCIO. Este ponente, empresario con máis de 12 anos de experiencia no mundo do ocio dedicado a dinamizar eventos de ocio presentou un testimonio de primeira man, explicándolles ao alumnado todo o proceso de iniciar un negocio, dificultades, trabas burocráticas, motivacións, elección da forma xurídica da SL e separación de bens coa sua esposa (funcionaria) para evitar comprometer o seu patrimonio familiar co negocio. Reforzou co seu discurso o que é a idea de negocio, o perfil do emprendedor, as vantaxes e inconvenientes de emprender, explicando como obtivo financiamento vía subvencións, recursos familiares e préstamos de entidades financieiras, así como os motivos para a elección da ubicación do seu negocio, pormenorizando como fixa os prezos para poder ser competitivo pero ao mesmo tempo ético cos seus empregados, demostrando o seu amplo coñecemento da sua competencia directa. A actividade foi amena, distendida e directa e o alumnado participou facendo preguntas de todo tipo, que foron respondidas con moita franqueza.

miércoles, 26 de diciembre de 2018

Obradoiro de Hip Hop

O alumnado de 4ºESO asistiu o 20 de decembro a un obradoiro de hip-
hop en galego con Serxio García (García MC) que tivo moita aceptación. Asistiron
na primeira quenda 4ºESO D e E, e na segunda quenda 4º ESO A e B. Serxio
realizou unha primeira aproximación teórica a esta variedade musical e ás culturas
coas cales se relaciona, para pasar despois a una parte máis práctica en que o
alumnado puido poner a proba as súas calidades para a rima e o ritmo que esixe
este tipo de música. Os resultados foron máis que aceptables, así que esperamos
recibir a García MC en vindeiras ocasións.





lunes, 26 de marzo de 2018

Obradoiros de inglés

A pasada semana, entre as moitas actividades organizadas, o departamento de inglés xestionou, xunto coa editorial Edebé, uns obradoiros nas clases sobre o libro que está a ler o alumnado: Around the world in 80 days




Esperamos que a actividade fose moi productiva para todo o alumnado e, sobre todo, que nos dean moitas ganas de dar a volta ao mundo.
Falando diso, esta noticia apareceu hoxe, sobre Nellie Bly, unha super pioneira como periodista, como muller e como aventureira. A ver se o o noso alumnado inspírase e tamén quere ser coma Nellie Bly, periodista e retar ao mesmo Jules Verne!.

martes, 28 de marzo de 2017

Comezamos con Afonso á escena 2017!!

Estas dúas semanas antes de Semana Santa estaremos cheos de actividades no IES Afonso X O Sabio. Os nosos rapaces van poder ir a Betanzos co departamento de Historia, a xogar ao tenis co departamento de Educación Física, a Pontedeume cos departamentos de Bioloxía e Educación Física, á RAG co departamento de lingua galega. Porén serán as actividades no noso centro ao que máis acceso terán todos os nosos estudantes.

Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.


O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.

                                         Aquí vemos a Marta Alonso bailando a peza Track 6


                                         E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:

Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.

Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.