Mostrando entradas con la etiqueta Abalar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Abalar. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de noviembre de 2018

Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación

Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.

O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.

Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO  e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.

Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"



lunes, 28 de mayo de 2018

Navega con Rumbo, un ano máis, no noso centro

Como cada ano, o pasado martes día 22 de maio tivemos, no noso centro, unha charla para todo o alumnado de 1ºESO sobre a importancia da navegación segura nas redes. Sobre os riscos que corremos e como debemos de relacionarnos en Internet.

Para esta actividade tivemos, un ano máis, un técnico especialista enviado pola Consellería, grazas a ser un centro ABALAR e E-Dixgal.


martes, 22 de noviembre de 2016

Obradoiro "Uso seguro e responsable das TIC"

O pasado martes 15 de novembro, no noso instituto, tivo lugar dentro do marco do proxecto Abalar e E-Dixgal, unha charla dirixida a estudantes e docentes sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Os obradoiros tiveron dúas horas de duración. O obradoiro dirixido aos e ás estudantes de FPB desenvolveuse no salón de actos en horario escolar, mentres que o obradoiro para docentes realizouse despois das clases da tarde, rematando ás 20:30. Grazas a esta formación puidemos coñecer diversos recursos e materiais, pero tamén reflexionamos sobre os usos e problemáticas máis habituais na Rede.

Esta actividade enmárcase dentro das actividades que se están facendo para mellorar a alfabetización dixital do alumnado e do profesorado do IES Afonso X O Sabio. Próximamente comezará o Plan de Formación permanente no noso centro (PFPP), que desenvolverá un itinerario centrado nas novas tecnoloxías e outro itinerario centrado no fomento dos programas europeos, que inclúe formación en convivencia e mediación.