domingo, 12 de diciembre de 2021
Visita á Empresa Pública de Depuración de Augas (EDAR Bens)
lunes, 6 de diciembre de 2021
Celebración do Día Mundal da Loita contra o SIDA (1 de decembro)
sábado, 20 de noviembre de 2021
Maqueta de dobre hélice do ADN
domingo, 20 de junio de 2021
Celebración do Día do Medio Ambiente
Un ano máis o Dpto de Bioloxía- Xeoloxía celebra o Día do Medio Ambiente cunha exposición de carteis elaborados polo alumnado de 4º ESO.
E coma sempre facemos coincidir a entrega de Premios do Concurso Fotográfico -que convoca e organiza o Dpto de Bioloxía- ca celebración da mencionada efeméride.
Alumnado de 4º ESO participou na elaboración e lectura dun texto alusivo ao lema do Dia do Medio Ambiente 2021: "Restauración dos ecosistemas", e proxectamos uns videos relacionados co tema.
Na convocatoria de 2021, o Concurso Fotográfico levou coma título "Natureza e vida en tempos de pandemia".
Tres alumnas de 1º de bacharelato (Alba Martínez, Olga Gómez e Abril López) foron as premiadas co 1º, 2º e 3º premio, polas súas fotos "Lo que hay afuera", "A lagoa inmune" e "Sálvese quen poida".
Entrega do primeiro premio:
Entrega do segundo premio:
Entrega do terceiro premio
Panel expositor coas fotografías a concurso:
domingo, 23 de mayo de 2021
Celebración do día do ADN (25 de abril)
Para festexar esta efeméride, o alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato fixo unha demostración da extracción do ADN de amorodos, chícharos e tomate.
domingo, 25 de abril de 2021
Celebración da Semana Mundial da Inmunización 2021
Como todos os anos no mes de abril, a OMS establece unha semana adicada á Inmunización. No presente curso, o Departamento de Bioloxía-Xeoloxía organizou varias actividades para esta eferméride durante a última semana de abril.
Por unha banda realizouse unha exposición- que enlaza cos paneis permanentes relacionados coa enfermidade da Covid 19- coa aportación de carteis preparados polo alumnado de 4º ESO.Asistencia do alumnado de Bioloxía a dúas webinar
Na última semana o alumnado de Bioloxía de 1ºBacharelato tivo a oportunidade de asistir a dúas conferencias online (webinar) para tratar temas referidos á xenética.
Por unha banda, o pasado venres 16 de abril puidemos escoitar ao microbiólogo e xenetista molecular César de la Fuente, catedrático da Universidade de Pensilvania e recentemente galardoado co Premio Princesa de Girona 2021. Este científico coruñés divulgou a súa especialización no deseño de moléculas por computador para eliminar posibles pandemias producias por superbacterias e os avances logrados polo grupo de investigación que dirixe na Universidade de Pensilvania no diagnóstico da Covid-19.
Por outra banda, o venres 23 de abril tivo lugar a conferencia "Genes, ambiente y salud" do Director do Centro Nacional del Genotipado de España, a cargo do Doutor Ángel Carracedo, co que se celebrou o día do ADN.
sábado, 19 de enero de 2019
Conferencia de María Solar sobre a variola
sábado, 22 de diciembre de 2018
Fin de festa no Afonso X O Sabio
Por unha parte, o profesorado de educación física organizou diversas competicións deportivas; o grupo da Biblioteca organizou a proxección da película Campeones, que tivo unha gran acollida entre o noso alumnado; o departamento de inglés e lingua galega, mantivo o tradicional Galeoke, todo un éxito de público e crítica entre os e as estudantes de todos os niveis; ademais, alumnado de todos os cursos participou no festival de música e baile organizado polo departamento de Música, no que participaron estudantes de grupos completos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato, ademais do fabuloso Coro do IES Afonso X O Sabio. Por último, o departamento de bioloxía, a través da materia de Anatomía Aplicada, repartiu comida saudabre feita polo propio alumnado.
Ademais, a ANPA Castelao repartiu sorrisos e MOITOS doces de Nadal, ASÍ QUE FOI UN AUTÉNTICO PLACER PARA TODOS OS SENTIDOS.
Finalmente, antes do reparto de notas, bailamos todos xuntos co Discoafonso, no que sempre contamos cos distintos DJ que están entre o noso alumnado.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e BO NADAL.
miércoles, 31 de enero de 2018
Ángel Carracedo no noso instituto: CSI made in Galicia
Estamos moi agradecidas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía e ao noso compañeiro Antonio Martínez, por teren organizado a actividade. Foi un absoluto luxo para o noso alumnado.
viernes, 30 de junio de 2017
O alumnado de Cultura Científica anima o noso centro
No último trimestre, o departamento de Bioloxía realizou unha serie de actividades de cara a concienciar aos nosos rapaces e rapazas sobre diferentes aspectos da ecoloxía, medio ambiente e da divulgación.
Por unha parte, o alumnado de Cultura Científica (4ºESO) puido colaborar na exposición Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, que estivo no noso centro durante a Semana Mundial da Inmunización, do 24 ao 30 de Abril. Nesta ocasión participaron como monitores (que explicaron a exposición ao alumnado de 1ºESO) o alumnado de Cultura Científica (4ºESO), no seu labor de transmisores de información de interese científico.
Por outra banda, o pasado 5 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do XI Concurso Fotográfico organizado e convocado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os gañadores deste ano foron Álvaro Ces, de 4ºESO (1º premio) e Iena Fachal de 1ºESO (2º premio). A entrega de premios sempre a facemos o día 5 de xuño para conmemorar o día mundial do medio ambiente.
































