lunes, 13 de marzo de 2023
Asistencia ao Congreso LQDV 2023
lunes, 13 de febrero de 2023
Visita ao CIQUS
jueves, 20 de enero de 2022
Visita á exposición de Peter Lindbergh
lunes, 6 de diciembre de 2021
Celebración do Día Mundal da Loita contra o SIDA (1 de decembro)
domingo, 23 de mayo de 2021
Celebración do día do ADN (25 de abril)
Para festexar esta efeméride, o alumnado de Bioloxía de 1º de bacharelato fixo unha demostración da extracción do ADN de amorodos, chícharos e tomate.
domingo, 25 de abril de 2021
Celebración da Semana Mundial da Inmunización 2021
Como todos os anos no mes de abril, a OMS establece unha semana adicada á Inmunización. No presente curso, o Departamento de Bioloxía-Xeoloxía organizou varias actividades para esta eferméride durante a última semana de abril.
Por unha banda realizouse unha exposición- que enlaza cos paneis permanentes relacionados coa enfermidade da Covid 19- coa aportación de carteis preparados polo alumnado de 4º ESO.Asistencia do alumnado de Bioloxía a dúas webinar
Na última semana o alumnado de Bioloxía de 1ºBacharelato tivo a oportunidade de asistir a dúas conferencias online (webinar) para tratar temas referidos á xenética.
Por unha banda, o pasado venres 16 de abril puidemos escoitar ao microbiólogo e xenetista molecular César de la Fuente, catedrático da Universidade de Pensilvania e recentemente galardoado co Premio Princesa de Girona 2021. Este científico coruñés divulgou a súa especialización no deseño de moléculas por computador para eliminar posibles pandemias producias por superbacterias e os avances logrados polo grupo de investigación que dirixe na Universidade de Pensilvania no diagnóstico da Covid-19.
Por outra banda, o venres 23 de abril tivo lugar a conferencia "Genes, ambiente y salud" do Director do Centro Nacional del Genotipado de España, a cargo do Doutor Ángel Carracedo, co que se celebrou o día do ADN.
lunes, 22 de marzo de 2021
Actividade literaria con Cándido Pazó
Hoxe o IES Afonso X O Sabio organizou unha charla para todo o alumnado de 1º de Bacharelato cun dos máis recoñecidos dramaturgos galegos, Cándido Pazó. Neste caso a actividade estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, dentro do programa Por qué leer a los clásicos? e versou sobre os xéneros literarios e, en concreto, sobre La tribuna de Emilia Pardo Bazán, a quen rendimos unha pequena homenaxe no ano do seu centenario. Por mor das restriccións da pandemia a actividade realizouse en dúas quendas, para que así puidese asistir todo o alumnado do curso. Desde aquí esperamos que sirva para reflexionar sobre as aportacións da gran escritora Emilia Pardo Bazán, de como escribiu sobre o noso entorno, das personaxes femininas e, tamén, de como se pode trasladar a narrativa ao teatro.
A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e vicedirección, coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Castelá. Grazas a todos e a todas por asistir e colaborar.
sábado, 7 de noviembre de 2020
Charla co pintor Jano Muñoz
A pesar de que as actividades complementarias e extraescolares este ano van a estar moi limitadas, debido á pandemia que estamos sufrindo, o pasado mércores 4 de novembro tivo lugar, no salón de actos do noso instituto, unha actividade organizada polo departamento de Debuxo para o alumnado de Debuxo artístico de bacharelato. A actividade consistiu nunha presentación do pintor Jano Muñoz sobre a súa obra, quen ofreceu consellos ao alumnado alí presente.
Agradecemos enormemente ao departamento a organización da actividade, pero sobre todo á predisposición de Jano Muñoz por vir a visitarnos, esperando que sexan moitas máis veces e en mellores circunstancias.
Artigo en La Opinión de A Coruña
Artigo en El noticiero de Arteixo
Artigo publicado en La Voz de Galicia en prensa escrita