Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación ambiental. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de diciembre de 2021

Conferencia de Gabriel Tizón

O alumnado do IES Afonso X O Sabio puido desfrutar na xornada de onte dunha charla impartida polo fotógrafo Gabriel Tizon. Esta charla está relacionada cunha exposición que se inaugura hoxe, venres 17 de
decembro, na Biblioteca Central de Cambre, que acollerá desde as 20:00 horas a inauguración da exposición 'Fogar' coa que Tizón busca concienciar á cidadanía sobre a realidade que viven, día a día, milleiros de persoas.

martes, 16 de noviembre de 2021

Campaña "Pequenos xestos que cambian o mundo"

Estes días tivemos no noso centro a campaña do concello "Pequenos xestos que cambian o mundo" coa que se busca fomentar as boas prácticas ambientais. As sesións tiveron lugar nos distintos grupos de 1º e 2ºESO.

viernes, 2 de junio de 2017

Excursión ao Espazo Natural Encoro Abegondo-Cecebre

O pasado mes de abril, os días 19, 20 e 21. O alumnado de 1º ESO visitou o Espazo Natural  Encoro Abegondo-Cecebre .
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía; nela, os nosos estudantes máis pequenos puideron acudir á aula de natureza, a un centro de anelamento e tamén camiñaron todo un roteiro de 7 km con dúas guías.

O alumnado quedou moi contento, xa que inda que o teñen cerca non é habitual que saian e disfruten da natureza. Agora xa coñecen este pequeno paraíso que teñen tan preto de casa para poder desfrutalo calquera rato libre.





Desde aquí o noso agradecemento aos departamentos implicados e ao alumnado, por axudarnos a desfrutar moito con estas actividades!.

jueves, 7 de abril de 2016

O mar e a costa, recursos valiosos para todos. Visita ao monumento natural costa Dexo-Serantes



Os pasados días 16 e 17 de marzo, o alumnado de 3ºESO do noso instituto, puido disfrutar dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía e Educación Física pola costa Dexo-Serantes.

Entre os obxectivos que se perseguían con esta saída estaban dar a coñecer os valores naturais e culturais da nosa costa para que os participantes adopten actitudes e comportamentos positivos cara a súa conservación e uso sustentable; e tamén analizar as problemáticas ambientais da beiramar galega, descubrir as potencialidades que para un desenvolvemento local sustentable ten a declaración dun espazo protexido e, sobre todo, buscar que o noso alumnado sexa consciente dos valores naturais e culturais que se agochan na nosa beiramar e, en concreto, no Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes.

Entre as actividades que se fixeron estiveron a visita á Aula do Mar ( antiga vivenda do fareiro dos faros de Mera) para ver a exposición permanente, que amosa os valores naturais e patrimoniais da zona; e un roteiro polo Monumento Natural Costa de Dexo – Serantes.

Moitas grazas ás profesoras por organizalo!

martes, 10 de noviembre de 2015

Visita ao parque eólico de Sotavento

O pasado mércores, o alumnado de 3ºESO tivo a oportunidade de participar nunha saída organizada polo departamento de tecnoloxía que consistiu en acudir ao parque eólico de Sotavento. A Fundación Sotavento Galicia é, desde 2002 un referente na divulgación e educación enerxética e está situada en Momán-Xermade (provincia de Lugo). Nesta visita, o alumnado visitou á exposición sobre a historia do aproveitamente da enerxía eólica, viron os aeroxeneradores, ás instalacións solares e á casa bioclimática. A maiores puideron realizar un obradoiro sobre cómo xirar a góndola dun aeroxenerador, reflexionaron sobre as medidas de aforro enerxético e observaron a relación entre as instalacións solares e o seu aproveitamento doméstico. Por último, tamén puideron ver o funcionamento dun coche electrico. O obxectivo principal da excursión foi a de facer ao alumnado tomar conciencia da necesidade de cambiar o modelo de desenvolvemente enerxético, apostando pola responsabilidade e a diversificación das fontes de enerxía, así como polo aforro enerxético para evitar os impactos medioambientais Apoio complementario e práctico para as sesións teóricas nas materias de Tecnoloxía e Ciencias Sociais