Mostrando entradas con la etiqueta 2ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2ºESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de marzo de 2022

Participación no rally matemático 2022

O noso centro participou este ano no Rally Matemático, actividade participaron un total de 24 alumnos dos grupos de1ºESO E e 2º ESO E, distribuidos en dous grupos en cada clase. Esta actividade implicaba que o alumnado resolvese, de xeito colaborativo, problemas propostos desde a organización do concurso. Para tal fin comeron xuntos e, posteriormente, reunímonos na biblioteca para desenvolvela.

martes, 16 de noviembre de 2021

Campaña "Pequenos xestos que cambian o mundo"

Estes días tivemos no noso centro a campaña do concello "Pequenos xestos que cambian o mundo" coa que se busca fomentar as boas prácticas ambientais. As sesións tiveron lugar nos distintos grupos de 1º e 2ºESO.

sábado, 1 de mayo de 2021

Participación na Olimpiada Matemática 2021

 Este xoves, 29 de abril, estudantes de 2ºESO participaron na Olimpiada Matemática 2021 que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Os e as estudantes puideron comprobar como podían pasalo ben intentando resolver as probas e logo quedaron comentando sobre as distintas posibilidades á hora de resolver os problemas propostos.

Desde aquí moitas grazas ao departamento de Matemáticas por acompañar ao alumnado e ás familias implicadas.







miércoles, 19 de junio de 2019

Visita a Moeche


O alumnado de Xeografía e Historia de 2º da ESO (grupos A e D) visitaron Pontedeume, especialmente o Torreón dos Andrade, a igrexa de Santiago, a ponte sobre o Eume así como o seu deseño urbano medieval. Posteriormente, e para coñecer  un dos lugares da Gran Guerra Irmandiña, o Castelo de Moeche onde a magnífica guía Ana, explicou polo miúdo as orixes e parte do castelo.




domingo, 3 de febrero de 2019

Encontro literario con Anxo Fariña


O pasado 29 de xaneiro o alumnado de 2ºESO asistiu, no salón de actos do noso instituto, a unha charla con Anxo Fariña titulada Historia dun libro. 
A actividade fíxose dúas veces, para que puidese asistir todo o alumnado nas mellores condicións posibles. Durante a sesión, o artista contou ao alumnado como é o proceso de creación dunha historia, dos personaxes e das ilustracións correspondentes. Ao finalizar houbo rolda de preguntas por parte do alumnado, que mostrou grande curiosidade polo seu traballo.

Finalmente, o artista propuxo a quen quixese, de forma completamente voluntaria, a realización dunha caricatura.
Esta actividade é posible grazas á participación do noso centro no programa Por qué leer a los Clásicos, do Ministerio de Educación, neste caso no itinerario Encuentros literarios, no que o centro escolle un autor para que veña ao instituto a falar da súa obra, seguida por un coloquio cos estudantes. O ano pasado, dentro deste mesmo itinerario, contamos coa participación do contacontos David Acera.










viernes, 21 de diciembre de 2018

Intercentros


O encontro intercentros xuntou ós IES David Buján e IES Afonso X O Sabio no IES David Buján e participaron estudantes de 4ºESO (A e B) e 2ºESO (A,C e D) durante os días 19 e 20 de decembro.



Disputáronse varias disciplinas deportivas: baloncesto, balonmán, floorball, xadrez, fútbol, voley, brillé e badminton e o desprazamento fíxose en bus.

O horario da actividade foi de 8:30 a 14:10, mentras que no pabillón deportivo os partidos foron dende as 9 as 13:30 con un descanso as 12 ata as 12:30.

Foron unhas xornadas moi productivas, onde o alumnado conviviu con compañeiras e compañeiros de outros centros a través de actividades deportivas, dando continuidade a moitos dos obxetivos que perseguimos dende o centro como o fomento de estilos de vida saúdables, respecto, autosuperación, colaboración, entre outras.



viernes, 23 de noviembre de 2018

Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación

Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.

O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.

Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO  e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.

Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"



domingo, 4 de noviembre de 2018

Charla con Eva Mejuto

O pasado martes, día 30 de outubro, alumnado de 2ºESO puido disfrutar dun obradoiro coa escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos

A través desta actividade pretendíase integrar ao alumnado no proceso lector, tomando contacto coa autora da obra lida e debatendo con ela sobre o tema da mesma, a visión dos e das adolescentes transexuais na nosa sociedade. 

A actividade foi organizada en colaboración coa Biblioteca de Cambre, e tivo lugar na Biblioteca Xabier P. Docampo da Barcala.






miércoles, 20 de junio de 2018

Concerto para pais e nais

Hoxe, penúltimo día de clase, tivemos un CONCIERTAZO no que participaron máis de 350 rapaces e rapazas do noso centro.

Este evento realizouse fóra do horario escolar, pola tarde, para que puidesen asistir toda a nosa comunidade educativa, xa que estamos moi orgullosas do traballo realizado polas nosas clases.

O concerto comezou coa actuación do noso coro, que interpretaron catro cancións, nas que destacou Gabriel Robledo como solista na canción Meu amor estoupa.

Posteriormente actuaron grupos de 2º ESO, 3ºESO, 4º ESO e 1ºBach. Os de 2º de bacharelato, esta vez, estaban xa de vacacións...

O evento tivo un amplo seguimento nos medios de comunicación, inda que nalgún caso só en prensa escrita.

Excursión ao castelo de Moeche


O mércores día 20 de xuño realizamos, desde o Departamento de Xeografía e Historia, unha saída ao castelo de Moeche.
Trátase dunha edificación do século XIV que pertenceu á linaxe dos Andrade e que foi protagonista das revoltas irmandiñas. Este feito histórico conmemórase anualmente nun festival na terceira semana do mes de agosto.
De camiño ao castelo, paramos no río Belelle para admirar a súa fermosa fervenza.
A saída rematou cun xantar e baño na praia de Cabanas, en Pontedeume.
Telemedievos de 2º ESO
No terceiro trimestre, na materia de Xeografía e Historia, nos grupos de 2º ESO A, D, E e o Agrupamento B/C, levouse a cabo o proxecto: Telemedievos 2018.
Unha maneira de estudar a historia medieval de forma diferente, na que os rapaces se converten en presentadores e reporteiros dos acontecementos máis salientables desta etapa histórica.
Todo o proceso e o resultado final o podedes atopar no blog da materia cosmos16, aquí tedes o enlace

martes, 22 de mayo de 2018

Teatro no ÁGORA

O martes 15 de maio o alumnado de primeiro e segundo da ESO asistiu a representacion de Leonardo e os fontaneiros, de Maria Victoria Moreno que tivo lugar na Coruña, no centro Agora. Organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas en colaboracion coa editorial Galaxia,  esta actividade desenvolveuse dentro das iniciativas para dar a coñecer a figura de Maria Victoria Moreno,  a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.






martes, 8 de mayo de 2018

Éxito na olimpiada matemática

Desde aquí querémonos sumar ao éxito de Iván Calvo, de 2ºESO A, que se clasificou para a fase final da Olimpiada matemática que terá lugar en Lugo. O éxito é enorme e estamos moi orgullosas, xa que so se clasificaron outros 4 rapaces da área metropolitana de A Coruña e nós levamos a poucos estudantes á mesma.

Estamos moi orgullosos, no noso instituto, de poder ofrecer ao alumnado da maior cantidade posible de medidas de atención á diversidade, agrupamentos flexibles, reforzos e clases de apoio. Moitas veces observamos os froitos do noso traballo, non so nestas ocasións, senon tamén vendo ao noso alumnado continuar os estudos.

Noraboa, e a seguir traballando tanto e tan ben. Queremos agradecer tamén á súa profesora de matemáticas e titora Verónica Pérez Rouco.


Podedes seguir a noticia aparecida en La Opinión de A Coruña

martes, 17 de abril de 2018

Visita a Sotavento

O pasado mércores 11 de abril, o alumnado de 2º e 3ºESO do noso centro visitaron as instalacións do parque eólico experimental de Sotavento.

A visita, de tres horas de duración, foi do máis instructiva con multitude de elementos interactivos, así como interesantes explicacións en relación ás enerxías renovables e non renovables, incluindo a visita á casa bioclimática do parque e ao interior dun aeroxerador.

Sen lugar a dúbidas foi unha estupenda maneira de concienciarse do bo uso das enerxías e, por tanto, do coidado do noso planeta.







lunes, 26 de marzo de 2018

Obradoiros de inglés

A pasada semana, entre as moitas actividades organizadas, o departamento de inglés xestionou, xunto coa editorial Edebé, uns obradoiros nas clases sobre o libro que está a ler o alumnado: Around the world in 80 days




Esperamos que a actividade fose moi productiva para todo o alumnado e, sobre todo, que nos dean moitas ganas de dar a volta ao mundo.
Falando diso, esta noticia apareceu hoxe, sobre Nellie Bly, unha super pioneira como periodista, como muller e como aventureira. A ver se o o noso alumnado inspírase e tamén quere ser coma Nellie Bly, periodista e retar ao mesmo Jules Verne!.

jueves, 8 de marzo de 2018

Regueifas no instituto

O martes 27 de febreiro o alumnado de 2º ESO viviu unha mañá diferente, da man de Lois O 'Caruncho e Pinto d'Herbón, os regueifeiros que ademais de mostrarnos a súa arte, tentaron aprendernos os primeiros pasos para regueifearmos. Organizado polo EDLG, o evento tivo moito éxito e mesmo houbo quen deu elaborado a súa propia regueifa.  

domingo, 11 de febrero de 2018

Entroido no IES Afonso X O Sabio

Como cada ano, o día do Entroido é unha festa no IES Afonso X O Sabio, nós celebramos a xornada dun xeito moi festivo realizando diferentes actividades: concurso de doces, actividades físico-deportivas, bailes e, sobre todo... O CONCURSO DE COMPARSAS. Este ano o concurso foi un auténtico EXITAZO, con moitísima participación na ESO e o alumnado atentísimo por veren os traballos dos compañeiros e das compañeiras.

As comparsas caracterizáronse polos bailes, coidadas dramaturxias e audios secuenciados. O xurado tivo moi difícil o reparto de premios. Houbo moitas mencións e incluso rei (Daniel Freitez, de 2ºPMAR) e raíña (Raquel, titora de 4ºB, unha super titora entregada co traballo do seu alumnado); pero houbo un 1º premio do primeiro ciclo da ESO a 2ºA-PMAR (cun traballo no que aunaron dramaturxia, integración, coreografía, marabillosos disfraces e moito humor) e o 1º premio do segundo ciclo da ESO a 4ºB, cun traballo estupendo con altísima participación e implicación por parte de todo o alumnado. O premio especial deste ano foi a parar a 1ºBACH B, que fixeron toda unha representación dunha gala de OT no que houbo bailes, playbacks, improvisacións teatrais e un largo etcétera que nos mantiveron pegados a súa actuación.

Desde aquí felicitar  a TODO o alumnado pola súa gran participación, foi unha festa preciosa.

Aquí adxuntamos algunhas das fotos do concurso de comparsas, así como algúns vídeos das representacións. Tamén queremos adxuntar imaxes do concurso de doces de Entroido organizado pola ANPA Castelao en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. Xa se repartiron os premios a modo de diploma, inda que os premios físicos entregaránse ao alumnado á volta do Entroido. Por outra banda, o Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Debuxo tamén organizou un concurso de cartaces de Entroido, o fallo deste certame tamén se dará á volta das vacacións.

Moitas grazas por tan alta participación e tamén á ANPA, quen un ano mais repartiu lambetadas de Entroido para todo o alumnado do centro e, unha vez mais, tivemos un día de unión de toda a nosa Comunidade Educativa.

Imaes do concurso de comparsas:













Algúns vídeos do concurso de comparsas (temos outros, pero que temos que cortar para podelos subir, a que son moi largos):









Imaxes do Certame de Cartaces de Entroido organizado polo ENL e o departamento de Debuxo:










Imaxes do Certame de doces de Entroido organizado polo ANPA Castelao e o ENL:


Noraboa e grazas a todos os colaboradores: o departamento de Educación Física, o Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Debuxo, o departamento de Música (na posta a punto do son e todo o equipo técnico) e, por suposto, a inestimable axuda dos titores e as titoras que ensairon e axudaron ao alumnado, así como docentes incontables que permiten que todo isto saia adiante cada ano; ao ANPA Castelao, que participa sempre moitísimo e fai que sexa unha alegría organizar o evento e.. A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.