Mostrando entradas con la etiqueta Plan lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan lector. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de marzo de 2019

Encontro coloquio con Antonio García Teijeiro

Onte, día 7 de marzo, o alumnado de 2º ESO tivo un encontro-coloquio co escritor Antonio García Teijeiro dentro do programa do Ministerio de Educación Por qué leer a los clásicos? 
A través desta colaboración o noso instituto, que conta coas dúas liñas que ten este programa, pretende fomentar os hábitos lectores entre o noso alumnado.

Foron dúas sesións moi produtivas nas que a poesía encheu o salón de actos.






Ademais, as nosas alumnas Zaira Blanco e Natalia Cañas fixéronlle unha entrevista na nosa Biblioteca. 

Pódese ver a entrevista neste enlace, editado pola súa profesora de historia Isabel González Piñeiro.

sábado, 24 de marzo de 2018

Andrea Maceiras

O pasado martes 20 de marzo o alumnado de 1º e 4º ESO tivo ocasión de charlar con Andrea Maceiras do seu labor como escritora e máis concretamente das súas obras Europa Exprés e Volverás Golfiño

Foi unha conversa moi animada e enriquecedora ademais de interesante, xa que a propia Andrea foi alumna do noso instituto hai xa uns cantos anos. Xa veremos cant@s ex-alumn@s escritor@s máis veñen no futuro. 
Moitas grazas, Andrea!




martes, 20 de marzo de 2018

Contacontos, imaxes

Onte estivo no noso centro David Acera, quen contou varios contos aos nosos 180 nenos e nenas de 1ºESO, nun multitudinario contacontos no que todos disfrutamos moitísimo.
Os contos que contou e ensinou foron algúns escritos por el mesmo, como La tortuga Todovabienn e o conto Ramón Román Rodrigo e, por último, Terrible, escrito por Alain Serres.

Despois dos contos, o alumnado puido comentar que lle parecían, que aprenderon neles e como vían os finais e houbo un interesante debate sobre o compañeirismo e a solidariedade.


jueves, 15 de marzo de 2018

Contacontos no noso instituto!


O próximo luns, dentro das actividades de final de trimestre, teremos no noso centro La tortuga todovabien, contacontos de David Acera. Este espectáculo, dirixido ao alumnado de 1ºESO, forma parte das actividades encamiñadas a fomentar a lectura. O espectáculo terá lugar no salón de actos do IES Afonso X O Sabio e está aberto a todo o alumnado de 1ºESO.

Esta actividade forma parte, xunto coa conferencia que recentemente deu Quico Cadaval, das accións sufragadas polo plan do Ministerio de Educación que desenvolvemos no noso instituto Leer da vidas extra, neste caso forma parte do itinerario Encuentros literarios. A través deste obradoiro e contacontos o alumnado do noso centro poderá achegarse ao escritor, actor e cuentista asturiano David Acera, experto en fomento de hábitos lectores entre os máis pequenos, para poder ter outra visión da lectura, ademais de favorecer hábitos de aprendizaxe lúdicos, positivos e favorecer a boa convivencia.






Prensa:

jueves, 1 de marzo de 2018

Conferencia de Quico Cadaval: Por que ler aos clásicos?

O pasado mércores 28 de febreiro tivemos a honra de acoller no noso centro ao dramaturgo Quico Cadaval, quen dentro do programa "¿Por qué leer a los clásicos?" subvencionado polo MEC, realizou unha completa e entretida exposición sobre a influencia dos clásicos na literatura, desde as formas orais máis populares ata figuras da altura literaria de Álvaro Cunqueiro, O alumnado, de 1º e 2º de Bacharelato, así como o profesorado acompañante, desfrutamos da arte de contar historias de Quico e ficamos con vontade de repetir para o curso proximo. 

Onte pola mañá, tivemos a honra de acoller no noso centro ao dramaturgo Quico Cadaval, quen dentro do programa ¿Por qué leer a los clásicos? subvencionado polo MEC, realizou unha completa e entretida exposición sobre a influencia dos clásicos na literatura, desde as formas orais máis populares ata figuras da altura literaria de Álvaro Cunqueiro. O alundo, de 1º e 2º de Bacharelato, así como o profesorado acompañante, desfrutamos da arte de contar historias de Quico, e ficamos con vontade de repetir para o curso próximo.

Esta actividade foi posible grazas a que o noso centro forma parte do proxecto Leer da vidas extra, do Ministerio de Educación.
Esperamos que a actividade fose moi proveitosa para o noso alumnado, así como para todo o público asistente. Esperamos pronto a Quico Cadaval!


E aquí a noticia no periódico La opinión de A Coruña