jueves, 20 de enero de 2022
Visita á exposición de Peter Lindbergh
sábado, 7 de noviembre de 2020
Charla co pintor Jano Muñoz
A pesar de que as actividades complementarias e extraescolares este ano van a estar moi limitadas, debido á pandemia que estamos sufrindo, o pasado mércores 4 de novembro tivo lugar, no salón de actos do noso instituto, unha actividade organizada polo departamento de Debuxo para o alumnado de Debuxo artístico de bacharelato. A actividade consistiu nunha presentación do pintor Jano Muñoz sobre a súa obra, quen ofreceu consellos ao alumnado alí presente.
Agradecemos enormemente ao departamento a organización da actividade, pero sobre todo á predisposición de Jano Muñoz por vir a visitarnos, esperando que sexan moitas máis veces e en mellores circunstancias.
Artigo en La Opinión de A Coruña
Artigo en El noticiero de Arteixo
Artigo publicado en La Voz de Galicia en prensa escrita
viernes, 1 de mayo de 2020
Retratos Solidarios
miércoles, 18 de septiembre de 2019
Exposición do concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019
Temos que felicitar a todos os premiados e premiadas, pero especialmente aos nosos alumnos Douglas Bolívar (2º premio) e Mirko Vigna (accésit).
Moitas grazas ao departamento de Debuxo por conseguir estes resultados e por facilitar a exposición.
domingo, 11 de febrero de 2018
Entroido no IES Afonso X O Sabio
Algúns vídeos do concurso de comparsas (temos outros, pero que temos que cortar para podelos subir, a que son moi largos):
Imaxes do Certame de Cartaces de Entroido organizado polo ENL e o departamento de Debuxo:
Imaxes do Certame de doces de Entroido organizado polo ANPA Castelao e o ENL:
Noraboa e grazas a todos os colaboradores: o departamento de Educación Física, o Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Debuxo, o departamento de Música (na posta a punto do son e todo o equipo técnico) e, por suposto, a inestimable axuda dos titores e as titoras que ensairon e axudaron ao alumnado, así como docentes incontables que permiten que todo isto saia adiante cada ano; ao ANPA Castelao, que participa sempre moitísimo e fai que sexa unha alegría organizar o evento e.. A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.
miércoles, 10 de mayo de 2017
Abril Ilustrado
A esta actividade acudiu todo o alumnado de 3ºESO e 1ºBacharelato da materia de debuxo artístico. Desde aquí agradecer o traballo das profesoras, o interese do alumnado e a fantástica colaboración co Concello, que permite que cada ano o alumnado poida pasalo ben e aprender nestes obradoiros.
jueves, 29 de diciembre de 2016
Actividades dos últimos días de antes de Nadal
Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.
O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.
O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.
Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.
Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!