Mostrando entradas con la etiqueta Francés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Francés. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de febrero de 2020

Creperie Afonso X O Sabio!!



O Departamento de francés organizou a semana da Chandeleur do 3 ao 6 de febreiro para acercar ao seu alumnado unha das principais tradicións galas, cociñar (e comer) crêpes. A actividade levouse ao cabo nas horas de docencia da nosa auxiliar de francés Zoé Marseille.
Para realizar a actividade e garantir na medida do posible o uso do francés dividiuse o alumnado en grupos: un grupo debía mercar os ingredientes no “supermercado”, outro facía a masa das crêpes seguindo unha receita en francés, un grupo eran os clientes, noutro estaban os camareiros e, por último, os cociñeiros, que recibían as comandas en francés e seguían as instrucións de Zoé.
A experiencia resultou moi satisfactoria e...deliciosa!






























viernes, 6 de abril de 2018

Recepción do alumnado francés

A semana anterior a Semana Santa tivemos a sorte de recibir no noso centro ao Lycée Jeanne d´Arc à Pontivy. Con este centro estamos desenvolvendo un intercambio que vai levar, a próxima semana, a trinta rapaces e rapazas do IES Afonso X O Sabio a Francia.

Xa iremos contando novas sobre o Intercambio, de momento deixamos algunhas imaxes que ilustran o ben que o pasamos cando viñeron eles...seguro que aos nosos tamén llo fan pasar moi ben a próxima semana. ¡Moi boa viaxe!





lunes, 25 de diciembre de 2017

Concerto do alumnado

O pasado día 20 de decembro celebramos un concerto de Nadal con alumnado maiormente de música (cursos 2º, 4º, 1ºBACH e 2ºBACH) e de francés (alumnado de 4ºESO). Neste concerto, ademais, participou o coro do instituto.

Para máis información do mesmo podedes acudir ao blog do proxecto Afonso a escena.

Queremos agradecer a dedicación de todas as persoas que axudaron a subir e baixar material, ás profesoras colaboradoras e ao departamento de música e francés, así como a todo o profesorado que permitiu asistir ao concerto aos seus estudantes, xa fose en calidade de oíntes como de intérpretes.