Mostrando entradas con la etiqueta Cultura Científica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura Científica. Mostrar todas las entradas
lunes, 6 de diciembre de 2021
Celebración do Día Mundal da Loita contra o SIDA (1 de decembro)
O Día da Loita contra o SIDA foi festexado grazas ao traballo do alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º bacharelato, que preparou un stand onde ademáis dunha maqueta do VIH e expositores de sobremesa -alusivos á estructura do virus, aos síntomas, formas de previr o contaxio, etc- estiveron presentes dous Noticieiros Científicos monográficos.
No tempo de lecer o alumnado puido participar en xogos relativos ao tema
miércoles, 31 de enero de 2018
Ángel Carracedo no noso instituto: CSI made in Galicia
Onte pola tarde, ás 16 30, tivo lugar unha conferencia no instituto da Barcala a cargo do Dr. Ángel Carracedo. O alumnado de 4ºESO e Bacharelato do IES Afonso X O Sabio puido disfutar coa amena conferencia sobre os últimos avances en xenética molecular e a súa aplicación nas distintas áreas da vida. Porén, por encima de todo, o máis interesante foi como o investigador animou e motivou aos estudantes sobre a importancia do feito científico, amosando ese entusiasmo que rexe a traxectoria profesional do relator... os nosos rapaces e as nosas rapazas sairon do salón de actos con ganas completas de cambiar o mundo DESDE A CIENCIA.
Estamos moi agradecidas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía e ao noso compañeiro Antonio Martínez, por teren organizado a actividade. Foi un absoluto luxo para o noso alumnado.
Estamos moi agradecidas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía e ao noso compañeiro Antonio Martínez, por teren organizado a actividade. Foi un absoluto luxo para o noso alumnado.
Etiquetas:
1ºBACH,
2ºBACH,
4ºESO,
Bioloxía e Xeoloxía,
Cultura Científica,
USC,
Xenética
viernes, 30 de junio de 2017
O alumnado de Cultura Científica anima o noso centro
No último trimestre, o departamento de Bioloxía realizou unha serie de actividades de cara a concienciar aos nosos rapaces e rapazas sobre diferentes aspectos da ecoloxía, medio ambiente e da divulgación.
Por unha parte, o alumnado de Cultura Científica (4ºESO) puido colaborar na exposición Real Expedición Filantrópica de la Vacuna, que estivo no noso centro durante a Semana Mundial da Inmunización, do 24 ao 30 de Abril. Nesta ocasión participaron como monitores (que explicaron a exposición ao alumnado de 1ºESO) o alumnado de Cultura Científica (4ºESO), no seu labor de transmisores de información de interese científico.
Por outra banda, o pasado 5 de xuño tivo lugar o acto de entrega de premios do XI Concurso Fotográfico organizado e convocado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os gañadores deste ano foron Álvaro Ces, de 4ºESO (1º premio) e Iena Fachal de 1ºESO (2º premio). A entrega de premios sempre a facemos o día 5 de xuño para conmemorar o día mundial do medio ambiente.
Por último, debemos recordar tamén o estupendo obradoiro de reciclaxe de papel que tivo lugar durante a primeira semana de xuño (tamén para recordar a importancia da reciclaxe para protexer o noso medio ambiente). Neste obradoiro participaron estudantes de diversos niveis (80) e, outra vez, os nosos divulgadores profesionais, o alumnado de 4ºESO de cultura científica, foron os monitores do alumnado máis pequeno. Algúns rapaces fixeron auténticas marabillas, que por suposto levaron para casa unha vez secas as súas láminas.... "Coas mans na pasta...de papel"
Moitas grazas ao profesorado de Bioloxía e Xeoloxía e ao seu alumnado por insistir no noso alumnado sobre a importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambiente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

