Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de mayo de 2018

Actividade do club de lectura de galego

Para finalizar coas actividades do club de lectura de galego, o alumnado de 1ºESO foi, xunto a profesora María do Mar Hermida Castro á Escola infantil de A Barcala.

Fixéronse Os números de María Fumaça, dramatizouse Amelia quere un can de Tim Bowley e recitaronse varios poemas de Acuario, de María Canosa.













jueves, 26 de mayo de 2016

ACTIVIDADES MANUEL MARÍA NO CEIP TORRENTE BALLESTER


Os pasados 10 de maio e 22 de abril, o alumnado participante no club de lectura fixeron dúas actividades no CEIP Torrente Ballester de Sigrás. As actividades estaban enfocadas ao alumnado de infantil e primaria e contaron coa participación dunhas cuarenta rapazas do IES Afonso X O Sabio.

A actividade que tivo lugar o día 22 de abril foi para o alumnado de infantil. Nese día as nosas alumnas presentaron a figura de Manuel María. Ademais, leron e explicaron de xeito individual unha serie de poemas sinxelos, usando carteis elaborados polo alumnado de 1ºBACH e 4ºESO. Tamén realizaron máscaras, escoitaron cancións de Manuel María e cantaron "A vaca", con retrouso en lingua de signos. Por último, entregáronse unha serie de rosas de papel elaboradas polo alumnado de 1ºESO.

A actividade que tivo lugar o día 10 de maio foi destinada ao alumnado de primaria de 2º e 4º de primaria. Neste día realizouse unha presentación en power point da figura de Manuel María. Formáronse pequenos grupos que leron varios poemas, axudándose para a súa comprensión de carteis elaborados polo alumnado de 1ºBACH e 4ºESO. Posteriormente realizouse unha actividade colectiva enfocada ao traballo poético consistente na realización dun mural dos soños, encher espazos en poemas onde faltaban palabras escoitando as cancións. Tamén cantaron e recitaron algunhas cancións e, para finalizar, acabaron a actividade co regalo de rosas de papel realizadas polo alumnado de 1ºESO.







Para máis información, enlace ao blog do Club de lectura  Libros abertos