Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.
O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.
E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:
Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.
Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.
0 comentarios:
Publicar un comentario