Mostrando entradas con la etiqueta E-Dixgal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E-Dixgal. Mostrar todas las entradas

lunes, 28 de mayo de 2018

Navega con Rumbo, un ano máis, no noso centro

Como cada ano, o pasado martes día 22 de maio tivemos, no noso centro, unha charla para todo o alumnado de 1ºESO sobre a importancia da navegación segura nas redes. Sobre os riscos que corremos e como debemos de relacionarnos en Internet.

Para esta actividade tivemos, un ano máis, un técnico especialista enviado pola Consellería, grazas a ser un centro ABALAR e E-Dixgal.


martes, 22 de noviembre de 2016

Obradoiro "Uso seguro e responsable das TIC"

O pasado martes 15 de novembro, no noso instituto, tivo lugar dentro do marco do proxecto Abalar e E-Dixgal, unha charla dirixida a estudantes e docentes sobre o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías.

Os obradoiros tiveron dúas horas de duración. O obradoiro dirixido aos e ás estudantes de FPB desenvolveuse no salón de actos en horario escolar, mentres que o obradoiro para docentes realizouse despois das clases da tarde, rematando ás 20:30. Grazas a esta formación puidemos coñecer diversos recursos e materiais, pero tamén reflexionamos sobre os usos e problemáticas máis habituais na Rede.

Esta actividade enmárcase dentro das actividades que se están facendo para mellorar a alfabetización dixital do alumnado e do profesorado do IES Afonso X O Sabio. Próximamente comezará o Plan de Formación permanente no noso centro (PFPP), que desenvolverá un itinerario centrado nas novas tecnoloxías e outro itinerario centrado no fomento dos programas europeos, que inclúe formación en convivencia e mediación.