Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPA. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de diciembre de 2018

Fin de festa no Afonso X O Sabio

Un ano máis, o IES Afonso X O Sabio acaba o primeiro trimestre cunha boa festa de Nadal. Neste caso tivemos as seguintes actividades para todo o noso alumnado:

Por unha parte, o profesorado de educación física organizou diversas competicións deportivas; o grupo da Biblioteca organizou a proxección da película Campeones, que tivo unha gran acollida entre o noso alumnado; o departamento de inglés e lingua galega, mantivo o tradicional Galeoke, todo un éxito de público e crítica entre os e as estudantes de todos os niveis; ademais, alumnado de todos os cursos participou no festival de música e baile organizado polo departamento de Música, no que participaron estudantes de grupos completos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato, ademais do fabuloso Coro do IES Afonso X O Sabio. Por último, o departamento de bioloxía, a través da materia de Anatomía Aplicada, repartiu comida saudabre feita polo propio alumnado.

Ademais, a ANPA Castelao repartiu sorrisos e MOITOS doces de Nadal, ASÍ QUE FOI UN AUTÉNTICO PLACER PARA TODOS OS SENTIDOS.

Finalmente, antes do reparto de notas, bailamos todos xuntos co Discoafonso, no que sempre contamos cos distintos DJ que están entre o noso alumnado.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e BO NADAL.








sábado, 28 de abril de 2018

A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais


En colaboración coa Asociación de Nais e Pais de alumnos do noso IES (ANPA Castelao) realizouse a actividade dirixida ás familias: A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais
Esta actividade foi impartida por Santiago Legaspi Irimia, técnico do equipo Quérote + da Consellería de Benestar, o luns 23 de abril, de 18:30 a 20:30 horas.

Diante da realidade de que os nosos fillos e fillas demandan cada vez con máis intensidade e interese a dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e a súa presenza no mundo virtual. Isto provoca dúbidas como: A que idade compre que dispoñan dun móbil intelixente? E ter redes sociais? Que fan os nosos fillos en Internet? Fan un uso responsable? Estas e outras cuestións abordáronse coa participación de mais de 30 familias nesta actividade, que tivo forma de taller.





miércoles, 25 de abril de 2018

Actividade para as familias no noso centro


En colaboración coa Asociación de Nais e Pais de alumnos do noso IES (ANPA Castelao) realizouse a actividade dirixida ás familias: A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais
Esta actividade foi impartida por Santiago Legaspi Irimia, técnico do equipo Quérote + da Consellería de Benestar, o luns, 23  de abril, de 18:30 a 20:30 horas.

Diante da realidade de que os nosos fillos e fillas demandan cada vez con máis intensidade e interese a dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e a súa presenza no mundo virtual. Isto provoca dúbidas como: A que idade compre que dispoñan dun móbil intelixente? E ter redes sociais? Que fan os nosos fillos en Internet? Fan un uso responsable? Estas e outras cuestións abordáronse coa participación de mais de 30 familias nesta actividade, que tivo forma de obradoiro.


miércoles, 28 de febrero de 2018

Entrega dos premios do concurso de doces de Entroido

Grazas ao traballo realizado pola ANPA Castelao e o noso Equipo de Normalización Lingüística, como cada ano, celebrouse durante a festa do Entroido o concurso tradicional de doces aberto a toda a comunidade educativa.

Este ano, o primeiro premio levouno Joel Candal, quen recibiu como premio un vale para electrónica ou libros de parte da ANPA.



Ademais, entregamos tamén unha mención á presentación do postre a Abril Camiño, quen recibiu unha mochila como premio.



Noraboa aos premiados e moitísimas grazas a todas as persoas participantes. Unha forte aperta a todas!

domingo, 4 de febrero de 2018

A nosa ilustradora das orlas de 4º. E ti de qué vas?

Entramos na semana de inicio do Entroido. Noutros lugares como Xinzo xa levan semanas celebrándoo pero nós temos unha festa un pouco máis concentrada. Queríamos compartir con toda a nosa comunidade educativa que, a artista que nos leva facendo as orlas de 4ºESO desde hai xa uns tres anos é a responsable dos carteis do Entroido da Coruña

Aquí podedes ler un pouquiño sobre en qué están baseados. E tamén podemos refrescar un pouco das orlas dos últimos anos e algúns dos carteis que nos ten presentado.

Un luxo poder contar cunha artista coma Yupiyeyo para colaborar co noso centro.

Por outra banda, queremos recordar o que imos facer nós para a nosa festa de Entroido. O día 9, venres, temos unha xornada especial. Como cada ano faremos un concurso de comparsas de Entroido. Para tal fin o alumnado presentarase co seu grupo e farán un desfile, un baile, unha canción ou unha representación.. esperamos moita participación e implicación do alumnado. Esperamos tamén repartir moi bos premios.

O programa de actividades complementarase este ano con actividades físicas e deportivas e un baile ao repatar as comparsas... e paralelamente celebrarase o certame de DOCES DE ENTROIDO organizado polo Equipo de Normalización Lingüística e o ANPA Castelao, quenes, ademais, repartirán doces para todo o alumnado...

Desde aquí moitas grazas, como todos os anos, aos departamentos implicados: Lingua Galega, Debuxo, Administración, Educación Física, Música.. e todos os que fan posible esta xornada tan divertida.