O pasado venres día 23 de novembro os departamentos de Normalización Lingüística e Orientación, en colaboración con outros como o de Relixión, puxeron en en práctica a xa tradicional distribución de pulseiras con lemas contra a violencia machista coa entusiasta colaboración do alumnado de 4º ESO e 1º Bach, ao que se sumaron o resto dos cursos colaborando na elaboración de carteis, caligramas, colaxes, para concienciarnos da gravidade do problema e do urxente da súa erradicación.
O concello tamén se sumou na distribución de pulseiras, instalando un vinilo no centro do vestíbulo e agasallando pulseiras e camisetas contra a violencia machista. Hai que parala!
Estas actividades sumáronse ás conferencias impartidas polo Xuíz Miguel Ángel Filgueira Bouza
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Orientación. Mostrar todas las entradas
domingo, 25 de noviembre de 2018
viernes, 23 de noviembre de 2018
Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación
Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.
O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.
Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.
Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"

Etiquetas:
1ºESO,
2ºESO,
Abalar,
Concello,
Conferencias,
FPB,
Garda Civil,
Orientación,
Quérote+
miércoles, 21 de noviembre de 2018
Conferencia de D. Miguel Ángel Filgueira Bouza, xuiz do xulgado de violencia sobre a muller de A Coruña
Onte, día 20 de novembro, dentro do programa de actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a violencia de xénero, tivemos a sorte de poder realizar unha charla co xuiz do xulgado de violencia sobre a muller de A Coruña, D. Miguel Ángel Filgueira Bouza. Á charla asistiron a metade dos e das estudantes de 4ºESO. O próximo martes repetiremos a actividade para o resto de 4ºESO.
Desde aquí queremos agradecer, coma outras veces, a colaboración do xulgado e do xuíz, de cara a concienciación do noso alumnado e da nosa comunidade educativa fronte a esta problemática que sufrimos toda a sociedade.
miércoles, 6 de junio de 2018
Xornada de transición do alumnado de primaria ao instituto
Onte tivemos a Xornada de Transición do alumnado de 6º Primaria dos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Graxal e Portofaro ao noso instituto, o que será o seu lugar de estudo os próximos anos.
A xornada tivo de todo, actuacións musicais, obradoiros e todo o alumnado recorreu o instituto guiados por alumnado axudante e mediador do IES Afonso X O Sabio, quenes participaron moi activamente durante todo o día.
Para rematar, tivemos unha actuación conxunta de todo este alumnado co coro do IES Afonso X o Sabio, e, sobre todo, coa banda de Magín Blanco, xa que gravamos todos xuntos a canción Meu amor estoupa, de Magín Blanco, dirixidos polo director de coros Ramón Bermejo.
Foi unha experiencia inolvidable e á que apoiaron técnicos de son e de vídeo. Esperamos expoñer pronto o vídeo que se está a facer con esta gravación.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa, ao equipo de Orientación do IES Afonso X O Sabio, ás persoas titoras dos CEIP adscritos, pero especialmente a todas as mestras que apoiaron ensaiando, ao Equipo de Normalización Lingüística e tamén a todos os que colaboraron na gravación.
Artigo en La Opinión de La Coruña
Artigo en La Voz de Galicia

sábado, 28 de abril de 2018
A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais
En colaboración coa Asociación de Nais e Pais de alumnos do noso IES (ANPA
Castelao) realizouse a actividade dirixida ás familias: A familia
fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet e redes sociais
Esta actividade foi impartida por Santiago Legaspi
Irimia, técnico do equipo Quérote + da Consellería de Benestar, o luns 23 de abril, de 18:30 a 20:30 horas.
Diante da
realidade de que os nosos fillos e fillas demandan cada vez con máis
intensidade e interese a dispoñibilidade de dispositivos electrónicos e a súa
presenza no mundo virtual. Isto provoca dúbidas como: A que idade compre que
dispoñan dun móbil intelixente? E ter redes sociais? Que fan os nosos fillos en
Internet? Fan un uso responsable? Estas e outras cuestións abordáronse coa
participación de mais de 30 familias nesta actividade, que tivo forma de
taller.
miércoles, 25 de abril de 2018
Actividade para as familias no noso centro
En colaboración coa
Asociación de Nais e Pais de alumnos do noso IES (ANPA Castelao) realizouse a
actividade dirixida ás familias: A familia fronte ao uso das TIC: dispositivos, Internet
e redes sociais
Esta actividade foi impartida
por Santiago Legaspi Irimia, técnico do equipo Quérote + da Consellería de
Benestar, o luns, 23 de abril, de 18:30 a 20:30 horas.
Diante da realidade de que os nosos fillos e fillas
demandan cada vez con máis intensidade e interese a dispoñibilidade de
dispositivos electrónicos e a súa presenza no mundo virtual. Isto provoca
dúbidas como: A que idade compre que dispoñan dun móbil intelixente? E ter
redes sociais? Que fan os nosos fillos en Internet? Fan un uso responsable? Estas
e outras cuestións abordáronse coa participación de mais de 30 familias nesta
actividade, que tivo forma de obradoiro.
Etiquetas:
ANPA,
Convivencia,
Familias,
Orientación
jueves, 29 de diciembre de 2016
Actividades dos últimos días de antes de Nadal
Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.
Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.
O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.
O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.
Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.
Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!

Administración,
Bioloxía e Xeoloxía,
Debuxo,
Educación Física,
ENL,
Física e Química,
IES David Buján,
Latín,
Lengua castellana,
Lingua galega,
Lingua inglesa,
Música,
Nadal,
Orientación
jueves, 10 de marzo de 2016
Coloquio aberto sobre a violencia de xénero
O pasado día 8
de marzo ás 17 horas, tivo lugar, no salón de actos do Instituto, un coloquio aberto sobre a
violencia de xénero. Contamos coa presenza de D. Miguel
Filgueira Bouza, xuiz de violencia de xénero da da Coruña. Asistiu alumnado dos
dous cursos de Bacharelato, de 4º da ESO e de FPB. O acto
era dende o principio aberto ás intervencións do alumnado. Tivo moito interese a confirmación dende o aspecto
xudicial de moitos dos elementos que se abordan sobre o tema, como son as
dificultades de denunciar das vítimas, a pasividade das persoas coñecedoras, o
inicio na adolescencia de condutas entre as parellas que propician
posteriormente estes comportamentos. Constatamos co xuiz como un problema que
parecía que ao abordalo abertamente dende varios ángulos- xudicial, policial,
educativo, asistencial, etc- entraría en vías de solución ou de minorización non está sendo
así. Desafortunadamente estanse reproducindo condutas e valores favorecedoras
desta violencia, e actuación da educación, sempre imprescindible, non é
suficiente para cambiar esta situación.
Grazas a esta interesante proposta que ven da Comisión de Convivencia, a iniciativa do grupo de traballo de convivencia que ten o noso instituto.
Etiquetas:
1ºBACH,
2ºBACH,
4ºESO,
FPB,
Orientación,
Violencia de xénero
Suscribirse a:
Entradas (Atom)