Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de noviembre de 2018

Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación

Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.

O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.

Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO  e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.

Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"



jueves, 15 de marzo de 2018

Contacontos no noso instituto!


O próximo luns, dentro das actividades de final de trimestre, teremos no noso centro La tortuga todovabien, contacontos de David Acera. Este espectáculo, dirixido ao alumnado de 1ºESO, forma parte das actividades encamiñadas a fomentar a lectura. O espectáculo terá lugar no salón de actos do IES Afonso X O Sabio e está aberto a todo o alumnado de 1ºESO.

Esta actividade forma parte, xunto coa conferencia que recentemente deu Quico Cadaval, das accións sufragadas polo plan do Ministerio de Educación que desenvolvemos no noso instituto Leer da vidas extra, neste caso forma parte do itinerario Encuentros literarios. A través deste obradoiro e contacontos o alumnado do noso centro poderá achegarse ao escritor, actor e cuentista asturiano David Acera, experto en fomento de hábitos lectores entre os máis pequenos, para poder ter outra visión da lectura, ademais de favorecer hábitos de aprendizaxe lúdicos, positivos e favorecer a boa convivencia.






Prensa:

jueves, 23 de noviembre de 2017

Samaín no IES Afonso X O Sabio

Para celebrar o Samaín, desde o equipo de normalización lingüística do IES Afonso X O Sabio convocamos un concurso de decoración de portas para as clases de 1º ESO. 

Todos os grupos participaron moi activamente, decorando terroríficamente o noso instituto. Tras unha dura deliberación, o xurado composto por 10 membros do profesorado e 10 membros do alumnado deron como gañadora a porta de 1º ESO C. Parabéns á clase gañadora! Poderán pasalo de medo nunha merenda que se lles ofrecerá na cafetería do insti. 

Aquí podedes ver a tenebrosa decoración gañadora.
Moitas grazas a todas os grupos participantes, así como ao xurado deliberador. Ata o próximo ano!

viernes, 2 de junio de 2017

Excursión ao Espazo Natural Encoro Abegondo-Cecebre

O pasado mes de abril, os días 19, 20 e 21. O alumnado de 1º ESO visitou o Espazo Natural  Encoro Abegondo-Cecebre .
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía; nela, os nosos estudantes máis pequenos puideron acudir á aula de natureza, a un centro de anelamento e tamén camiñaron todo un roteiro de 7 km con dúas guías.

O alumnado quedou moi contento, xa que inda que o teñen cerca non é habitual que saian e disfruten da natureza. Agora xa coñecen este pequeno paraíso que teñen tan preto de casa para poder desfrutalo calquera rato libre.





Desde aquí o noso agradecemento aos departamentos implicados e ao alumnado, por axudarnos a desfrutar moito con estas actividades!.