Mostrando entradas con la etiqueta 2ºBACH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2ºBACH. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de mayo de 2023

Acto de graduación

O pasado día 12 de maio tivo lugar, no noso instituto, a celebración do acto de despedida do alumnado de 2ºBacharelato. O acto comezou cunha actuación na que participaron o alumnado de música de 2ºBacharelato xunto co coro do IES Afonso X O Sabio, quenes interpretaron as cancións Mamma mía,de Abba Where is my mind de The Pixies e No dudaría, de Antonio Flores. Posteriormente tiveron lugar os discursos da directora do centro, Belén Vidal, e dos delegados de cada clase. Finalmente se repartiron os diplomas.

lunes, 13 de marzo de 2023

Asistencia ao Congreso LQDV 2023

@s alumn@s de Relixión do IES Afonso X "O Sabio" participaron o 03 de marzo na 14ª edición do congreso Lo Que De Verdad Importa (LQDVI), que se celebrou en PALEXCO (A Coruña) xunto a 1500 moz@s, onde escoitaron grandes historias de constancia, optimismo, superación e esforzo. A Fundación Lo Que De Verdad Importa é unha organización sen ánimo de lucro, cuxo fin non é outro que a difusión de valores humanos universais na sociedade, poñendo o foco en promover e afianzar os pilares humanísticos que sustentan a esperanza dun mundo mellor. Para iso, se divulgan e promoven historias persoais de paz, solidariedade, dereitos humanos, igualdade, superación, tolerancia, acceso á educación e liberdade, entre outros; historias reais de vida que impactan, que inspiran, e que non pretenden en ningún caso dicir o que é importante, senón axudar a que o descubramos. O desexo de transmitir en primeira persoa valores que nos fagan reflexionar sobre o que realmente importa na vida. @s relatores/as foron @s seguintes: Arancha Martínez En 2008 tras unha viaxe á India, deixa o seu traballo na banca de inversión e funda it-willbe.org para introducir eficiencia e innovación no ámbito da cooperación. Liderou a creación de PPA-People´s Protection App sistema de identificación de colectivos vulnerables e recibiu multitude de premios. Ousman Umar Ousman saíu de Ghana con 13 anos. Tras cruzar andando o deserto do Sáhara e sobrevivir a dúas viaxes en patera, aos 17, chegou a España. Hoxe en día ten dúas carreiras, un máster e unha ONG premiada pola ONU. Albert Espinosa Albert Espinosa é escritor, actor e guionista. Aos 13 anos lle diagnosticaron un cancro que lle levou a pasar dez anos en hospitais. Esta experiencia lle inspirou para crear os seus traballos mais exitosos como o guión da película Pranta 4ª e a serie de televisión Pulseiras Vermellas ou os libros “O mundo amarelo” e “Se ti me dis ven déixoo todo… pero dime ven”. Vémonos na seguinte edición LQDVI 2.024!

jueves, 10 de marzo de 2022

Conferencia "A proclamación da Segunda República"

O día 9 de marzo o alumnado de segundo de Bacharelato asistiu á conferencia “A proclamación da Segunda República” que foi impartida polo historiador e catedrático Xosé Alfeirán. A charla centrouse no proceso de perda de apoios da monarquía de Afonso XIII e na consolidación do proxecto alternativo republicano. Fíxose especial mención ao acontecido en abril de 1931 na cidade da Coruña. A salón de actos do centro foi contextualizado coa bandeira oficial da Segunda república, unha placa orixinal dunha escola republicana así como tres con serigrafías de Correa Corredoira sobre o republicanismo coruñés.

jueves, 20 de enero de 2022

Visita á exposición de Peter Lindbergh

O alumnado de bacharelato de debuxo artístico do IES Afonso X O Sabio, acompañado das profesoras de historia da arte e debuxo Estefanía Fernández e Marta Moreira, tivo a oportunidade de acudir onte á exposición de Peter Lindbergh, onde recibiron unhas explicacións de compoñentes do grupo Arte-Facto do departamento de didáctica da Expresión Plástica da UDC. Esta vai ser unha das actividades previstas nos próximos dous meses que se van realizar dentro dunha colaboración entre a UDC e o noso instituto ao redor da obra deste eminente fotógrafo.
Aquí a noticia en La Voz de Galicia

miércoles, 19 de enero de 2022

visita ao CITEEC

O pasado venres, 14 de xaneiro, o alumnado de Física de 2ºBacharelato acudiu ao CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) onde disfrutou da visita de 4 laboratorios: - Laboratorio de construción: onde viron un ensaio de tracción dunha barra de aceiro con prensa de 120 Tm. - Laboratorios de portes: coa dársena de ensaios. - Laboratorio de hidráulica: onde observaron a maqueta da presa. - Laboratorio de estruturas: onde observaron o túnel de vento.

domingo, 19 de diciembre de 2021

Actuación no centro da compañía Pallasos en Rebeldía

O pasado venres 17 de decembro a asociación galega de Pallasos en Rebeldía presentou a súa obra 'Foot' no noso centro. A obra, escrita polo dramaturgo palestino-americano, Ismail Khalidi, e protagonizada por Fran Rei, conta a historia dun futbolista palestino que intenta clasificar ao seu equipo para a Copa Mundial. O obxectivo da actividade foi sensibilizar aos estudantes sobre as situacións de sufrimento, opresión e guerra que se dan noutras partes do mundo, ademais de achegarnos ao mundo profesional do teatro. Logo da representación, os estudantes tiveron a oportunidade de participar nunha charla co intérprete e técnico da obra. Na actividade participaron alumnado de 4ºESO e 2ºBACH.

sábado, 19 de junio de 2021

Celebración da graduación de 2ºBACH e 2ºFPB

 O día 11 de xuño por fin celebramos o acto de graduación do noso instituto. Foi un acto moi emotivo e diferente, xa que nesta ocasión participaron exclusivamente os grandes protagonistas: o alumnado e o profesorado.


Nesta ocasión houbo dous discursos de estudantes lidos por Nerea Tomé e Nerea Carballeira e por Sergio Moya. Tamén contamos coa asistencia do concelleiro de Educación Miguel Ángel Gutiérrez, representantes do ANPA Castelao e, por suposto, da nosa Directora Belén Vidal Marcote.

Houbo tamén actuacións musicais; por unha parte, o grupo de música de 2ºBACH, do grupo de canto coral de 2ºESO e tamén unha canción interpretada por Claudia López e Carla Quintián.

Finalmente, repartimos os diplomas e as orlas.

O evento foi gravado por cámaras profesionais e, en canto teñamos o vídeo, subirémolo para ser compartido por toda a nosa comunidade educativa. 


Ao finalizar o evento fixéronnos fotos no exterior, que foron publicadas en La Voz de Galicia.

sábado, 7 de noviembre de 2020

Charla co pintor Jano Muñoz

 A pesar de que as actividades complementarias e extraescolares este ano van a estar moi limitadas, debido á pandemia que estamos sufrindo, o pasado mércores 4 de novembro tivo lugar, no salón de actos do noso instituto, unha actividade organizada polo departamento de Debuxo para o alumnado de Debuxo artístico de bacharelato. A actividade consistiu nunha presentación do pintor Jano Muñoz sobre a súa obra, quen ofreceu consellos ao alumnado alí presente.


Agradecemos enormemente ao departamento a organización da actividade, pero sobre todo á predisposición de Jano Muñoz por vir a visitarnos, esperando que sexan moitas máis veces e en mellores circunstancias.


Artigo en La Opinión de A Coruña

Artigo en El noticiero de Arteixo






Artigo publicado en La Voz de Galicia en prensa escrita

domingo, 17 de mayo de 2020

Visita á refinería da Coruña

Esta visita á planta industrial da Refinería de Repsol na Coruña realizámola o 5 de marzo de 2020 un grupo de trinta alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato, grupos A e B, das materias de Química e de Física. Está encadrada nas actividades formativas programadas polo departamento de Física & Química do noso centro. Durante as tres horas da nosa estancia nas instalacións, unha enxeñeira da refinería acompañounos e serviunos de guía en todo momento; impartiunos tamén unha lección sobre os procesos da planta e cumprimentou ademais as explicacións no interior do autocar cos alumnos durante o recorrido completo, de máis de unha hora, por todas as zonas nas que se dividen as instalacións da planta. Como remate, agasalláronnos cuns abundantes e saborosos pinchos como despedida fraternal. O alumnado valorou moi positivamente a experiencia. É que non hai como conxugar a formación teórica e práctica para acadar unha formación de calidade. Obrigad@s.




jueves, 21 de marzo de 2019

Charla con Manuel Rivas

O alumnado de Bacharelato do IES Afonso X o Sabio tivo hoxe a oportunidade de celebrar a entrada da primavera e o día da poesía na compaña dun dos escritores galegos de maior proxección internacional. 

Manuel Rivas, nesta actividade organizada pola editorial Xerais en colaboración co Departamento de Lingua e Literatura Galegas, EDLG e Biblioteca, falou ao longo de case unha hora ante un público atento e interesado nas súas palabras; falou da importancia da literatura oral, explicou o porqué dos seus libros, da súa escrita, realizou unha emocionada lectura de poemas, algúns sobre os personaxes do libro "As voces baixas", en especial os seus avós. Esta é una obra escrita en clave autobiográfica, a modo de homenaxe do autor ás voces daquelas persoas que na escura época da ditadura franquista non podían elevarse para expresar a súa opinión libremente. Familia, amizades, infancia, medos, amores… A memoria dunha época na pluma dun escritor comprometido coa súa terra e orgulloso das súas orixes. 

Ao remate asinou exemplares das súas obras a quen llo pediu, realizando fermosas dedicatorias personalizadas con mensaxes que transmitían bos desexos, afouteza, liberdade, respecto e folgos para a mocidade.






martes, 19 de marzo de 2019

Antía Yáñez

O pasado mercores 13 de marzo o alumnado de Bacharelato da materia de Comentario de Textos desfrutou da presenza da escritora Antia Yañez para falar sobre o seu libro Senlleiras. A traves dunha charla tan amena como comprometida, foi explicando o proceso de creacion da novela, asi como a sua intencion de denuncia do maltrato ás mulleres, desde principios do século pasado ata os nosos dias. 











martes, 24 de abril de 2018

Saída a Santiago de Compostela para o alumnado de historia da arte


A pasada semana visitamos Santiago de Compostela co alumnado de 2º de Bacharelato A e B da materia de Historia da Arte.

A experiencia nos servíu para repasar o entorno barroco da catedral parando no Obradoiro, a Praza de Praterías e a de Quintana, así como a impresionante fachada do convento de Santa Clara e a escada helicoidal de Andrade no Museo do Pobo Galego. Sabedes que esta escada é un verdadeiro prodixio matemático?

Aquí tedes un enlace sobre esta escada ao ceo:



Non só nos centramos no Barroco compostelano na nosa visita senón que tivemos a oportunidade de disfrutar dunha interesante visita guiada á Fundación Granell, sita no Pazo de Bendaña no Toural.

Grazas a Edu, o noso guía, aprendemos sobre a vida e obra do artista coruñés Eugenio Granell. Unha vida de película, sen dúbida, de constante fuxida polos seus ideais.

Aquí tedes un enlace para saber máis sobre este gran artista surrealista:



martes, 27 de marzo de 2018

LO QUE DE VERDAD IMPORTA (LQDVI). Actividad del departamento de Religión



El Congreso Lo Que De Verdad Importa (LQDVI), es un encuentro gratuito, ameno y participativo, que se celebra desde el año 2007 en A Coruña, con el fin de acercar a los jóvenes valores humanos universales como la tolerancia, la superación, el respeto o la solidaridad a través de historias de vida ejemplares e inspiradoras que les hacen reflexionar sobre las cosas que de verdad importan en la vida.
Las ponencias fueron las siguientes:
Juan Pablo Escobar por María López 1º BAC C
Hijo del narcotraficante más conocido de la historia y pacifista dedicado a la recuperación de los valores humanos perdidos por causa del narcoterrorismo.
Tras la conferencia de Juan Pablo Escobar el día 2 de Marzo creo que todos hemos visto otra cara del famoso narcotraficante Pablo Escobar, la versión de padre, de un hombre que amaba a su familia e intentaba a toda costa protegerla al considerar que ésta no tenía porque pagar sus errores, y sobre todo la versión que nunca aparece en los documentales sobre su propia historia en la serie de Netflix: Narcos.
Juan Pablo, desde el principio al final transmitió un discurso de paz criticando la serie Narcos, ya que ésta había conseguido que el número de menores que tras verla querían incorporarse al mundo del narcotráfico y aumentara considerablemente en Colombia.
Me sorprendió mucho su vida, la vida de toda su familia y personas cercanas, y como desde pequeño la vida de Juan Pablo se vio condicionada llegando a no tener amigos, ya que los padres de los niños no les dejaban acercarse a él, el cómo aprendió que esa no era una solución y a pesar de como él dijo, el tener al alcance más que ninguna otra persona, las drogas y no caer en ellas. Creo que lo más importante de su conferencia fue la frase “cuánto más poder teníamos, más pobres vivíamos”,  que te hace reflexionar ya que a pesar de tener todo no lo podían disfrutar.

Jaime Garrastazu por Paula A. Piñón 2º BAC A
Co-fundador y CMO de Pompeii Brand, marca dedicada a la venta de zapatillas online.
Este año en el Congreso LQDVI el segundo ponente fue uno de los creadores de la plataforma de venta de zapatillas Pompeii. Con esta ponencia aprendimos el valor de arriesgarse en busca de lo que soñamos.
Además el emprendimiento, es decir, que con ganas se pueden hacer realidad tus sueños, a pesar del dinero que tengas, y con creatividad se pueden conseguir tus sueños, no solo con el dinero, también algo importante era el apoyo en este caso de sus amigos, lo cual es otro de los grandes valores: la amistad.
Los valores como el emprendimiento, la humildad, la amistad y la persistencia es lo que me ha transmitido esta ponencia en el Congreso LQDVI.

Nando Parrado por  Candela Novo 1º BAC B
Superviviente del accidente aéreo de Los Andes. Inspiró la película "¡Viven!"

Nando Parrado fue uno de los supervivientes del desastre del accidente en los Andes. A lo largo de su conferencia nos cuenta su experiencia al pasar allí prácticamente dos meses y medio sin comida, abrigo y con sus amigos heridos.
Nando perdió a su madre, hermana y algunos de sus compañeros en el accidente, pero nunca perdió la esperanza y  gracias a ello consiguió salvarse. Es un ejemplo a seguir que nos enseña que nunca hay que rendirse y que disfrutemos del momento, porque nunca sabremos cuando será el último. Así que... di lo que sientes, haz lo que deseas porque puede que mañana el destino no te permita hacerlo.

miércoles, 31 de enero de 2018

Ángel Carracedo no noso instituto: CSI made in Galicia

Onte pola tarde, ás 16 30, tivo lugar unha conferencia no instituto da Barcala a cargo do Dr. Ángel Carracedo. O alumnado de 4ºESO  e Bacharelato do IES Afonso X O Sabio puido disfutar coa amena conferencia sobre os últimos avances en xenética molecular e a súa aplicación nas distintas áreas da vida. Porén, por encima de todo, o máis interesante foi como o investigador animou e motivou aos estudantes sobre a importancia do feito científico, amosando ese entusiasmo que rexe a traxectoria profesional do relator... os nosos rapaces e as nosas rapazas sairon do salón de actos con ganas completas de cambiar o mundo DESDE A CIENCIA.




Estamos moi agradecidas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía e ao noso compañeiro Antonio Martínez, por teren organizado a actividade. Foi un absoluto luxo para o noso alumnado.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Saídas ao teatro e outras actividades de promoción da lingua galega

Neste primeiro trimestre o alumnado de todos os cursos  do noso centro tivo a sorte de acudir (agás 1ºESO) a diferentes actuacións teatrais en lingua galega, en concreto foron a ver Bicos con lingua e O tolleito de Inishbad, ambos con grandísimo éxito de público (e crítica, por parte dos nosos rapaces e rapazas).

Ademais, o equipo de normalización lingüística organizou, para o alumnado de 1ºBACH, unha saída que consistiu nunha interesante charla de Manuel Gómez Singala, amenizada polo acompañamento musical de MJ Pérez. Esta actividade foi organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do concello da Coruña.

Moitas grazas ao departamento de galego e ao ENL, pola frenética actividade desta avaliación sacando a máis de 600 estudantes a realizar diferentes actividades complementarias. O alumnado de 1ºESO sairá tamén en próximas datas a realizar outras actividades.




lunes, 20 de noviembre de 2017

Actividade de inglés no noso centro


O pasado venres, no salón de actos do noso centro, o departamento de Inglés organizou, en colaboración coa editorial Burlington, unha actividade dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

Co título de On the road with Tammy, o alumnado puido "viaxar", da man de Tammy, unha muller de Nova York, a través de distintos aspectos culturais americanos.

O alumnado foi quen de participar grazas ao diálogo coa relatora, quen ía preguntando diferentes cuestións aos rapaces e recibían un premio -un bolígrafo- se daban a resposta correcta. A sesión resultou ser moi entretida e os nosos e as nosas estudantes tiveron que utilizar toda a súa competencia en comunicación oral en lingua inglesa.

Esperamos que, a través desta actividade, o alumnado sinta todavía máis ganas de aprender, utilizar e vivir o seu inglés. Desde aquí moitas grazas ao departamento de lingua inglesa por organizar esta actividade.