Mostrando entradas con la etiqueta Ciclos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciclos. Mostrar todas las entradas
lunes, 6 de febrero de 2023
Visita ao Parlamento
O Departamento de Administración do IES Afonso X O Sabio organizou unha visita ao Parlamento de Galicia para os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración
e Finanzas.
Esta visita permitiu ao alumnado ampliar as unidades didácticas relacionadas coa temática, correspondentes ao módulo de “Xestión da Documentación”. Mediante a visita guiada amplían a información tanto a nivel cultural coma no referido á parte estudada na aula.
O día no que fixemos a visita, os parlamentarios estaban a debater as emendas aos Presupostos Xerais da Comunidade de Galicia. No momento de entrar ao hemiciclo, acababa de empezar a súa intervención a portavoz do grupo parlamentario do BNG (Ana Pontón), que vimos completa. Despois puidemos ver o comezo da intervención do parlamentario do PP (Pedro Puy). A continuación tiveron lugar as votacións aos presupostos, nas que non estivemos presentes.
viernes, 20 de enero de 2023
Obradoiro entrevista de traballo
A FUNDACIÓN RONSEL é unha entidade benéfico-docente que nace no ano 2000 coa finalidade de facilitar a empregabilidade.
Traballan catro áreas funcionais:
• Orientación laboral.
• Intermediación.
• Formación ocupacional.
• Asesoramento para a creación de empresas-autoemprego.
Dentro da súa actividade docente realizan talleres de formación nos centros educativos, dirixidos ao alumnado de FP, na área de emprego e emprendemento.
O día 11 de xaneiro, visitou o noso centro Alba, para impartir un taller de “ENTREVISTA DE TRABALLO” aos nosos alumnos de ciclo medio de Xestión Administrativa.
ALBA realizou simulacións de entrevista de traballo con alumnos dos grupos:
• 1CMXA (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa)
• 2CMXA (2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas)
Previamente puxo en coñecemento do noso alumnado o funcionamento da Fundación Ronsel, e explicou todo o proceso do ciclo de selección de persoal, incidindo maiormente nos tipos de entrevista e as súas fases.
Despois da realización das dinámicas, fixo observacións ao alumnado participante sobre o desenvolvemento da entrevista (respostas dadas, linguaxe verbal, xestual, os tipos de preguntas (verificación, reto...), para que o teñan en conta no seu futuro profesional.
domingo, 14 de noviembre de 2021
Actividade para fomentar o voluntario europeo, dentro do marco dos programas Erasmus+
Desde a Deputación da A Coruña ofrecéronnos a posibilidade de recibir formación sobre a participación no programa de voluntariado de Erasmus+
Os conferenciantes pertencen a INGALICIA, asociación cultural que nace oficialmente no ano 2007 para favorecer a integración comunitaria e fomentar o coñecemento da cultura europea nos moz@s.
Promoven diferentes actividades e proxectos, principalmente no ámbito de programas europeos como Erasmus+
• Servizo voluntario europeo:
o Intercambios xuvenís.
o Iniciativas xuvenís nacionais.
o Mobilidade de traballadores xuvenís.
o Prácticas.
Explicaron como acceder á busca de información en distintas webs sobre as posibilidades de participación en programas europeos: portal europeo de la juventud, injuve, eurodesk.
Fixeron unha presentación dunha iniciativa que nace da promoción das súas actividades chamada: “La primera escuela política para mujeres jóvenes”
Realizaron unha dinámica cos alumnos co fin de obter iniciativas como a presentada no exemplo.
Explicaron a iniciativa de cada un dos catro grupos participantes na dinámica
Etiquetas:
Administrativo,
Ciclos,
Erasmus+,
Obradoiros
lunes, 21 de octubre de 2019
Visita a Pull&Bear
O pasado día 11 de outubro, os docentes dos ciclos de Administración e Finanzas desenvolveron unha actividade para o seu alumnado. Os e as estudantes de 2º curso de Ciclo Medio e o de Ciclo Superior acudiron ás instalacións de Pull&Bear de Narón para realizar unha interesante visita guiada.
miércoles, 16 de octubre de 2019
Visita ao Parlamento de Galicia
O pasado 9 de outubro, o alumnado de 1º curso do Ciclo Medio e o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior, tiveron a oportunidade de realizar unha visita guiada polas instalacións do Parlamento de Galicia.
miércoles, 29 de noviembre de 2017
Visita a Pull&Bear
O pasado venres día 10 de novembro o departamento de administrativo organizou unha visita a Pull&Bear para o alumnado de ciclos.
Deixamos aquí a información e un pequeno resumo do acontecido. Moitas grazas ao departamento por organizar esta actividade.
Presentación
Deixamos aquí a información e un pequeno resumo do acontecido. Moitas grazas ao departamento por organizar esta actividade.
Presentación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









