Mostrando entradas con la etiqueta CEIP Portofaro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CEIP Portofaro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de junio de 2018

Xornada de transición do alumnado de primaria ao instituto

Onte tivemos a Xornada de Transición do alumnado de 6º Primaria dos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Graxal e Portofaro ao noso instituto, o que será o seu lugar de estudo os próximos anos.

A xornada tivo de todo, actuacións musicais, obradoiros e todo o alumnado recorreu o instituto guiados por alumnado axudante e mediador do IES Afonso X O Sabio, quenes participaron moi activamente durante todo o día.

Para rematar, tivemos unha actuación conxunta de todo este alumnado co coro do IES Afonso X o Sabio, e, sobre todo, coa banda de Magín Blanco, xa que gravamos todos xuntos a canción Meu amor estoupa, de Magín Blanco, dirixidos polo director de coros Ramón Bermejo.

Foi unha experiencia inolvidable e á que apoiaron técnicos de son e de vídeo. Esperamos expoñer pronto o vídeo que se está a facer con esta gravación.

Moitas grazas a toda a comunidade educativa, ao equipo de Orientación do IES Afonso X O Sabio, ás persoas titoras dos CEIP adscritos, pero especialmente a todas as mestras que apoiaron ensaiando, ao Equipo de Normalización Lingüística e tamén a todos os que colaboraron na gravación.

Artigo en La Opinión de La Coruña
Artigo en La Voz de Galicia








domingo, 9 de abril de 2017

Obradoiro de voz para o alumnado de 6º de primaria

Os pasados días 30 e 31 de marzo tivo lugar, no noso centro, outra actividade do proxecto "Afonso a escena", que consistiu nun obradoiro de voz e canto para o alumnado de 6º de primaria dos colexios adscritos ao IES Afonso X O Sabio: CEIP O Graxal, CEIP Portofaro e CEIP Wenceslao Fernández Flórez.

O alumnado de 6º de primaria acudiu moi nervioso e excitado ao que, para moitos, será o seu próximo centro educativo o próximo curso, tiveron a oportunidade de coñecer a algún dos seus futuros docentes e, o máis importante de todo, puideron realizar un obradoiro de voz co gran Ramón Bermejo, director do Coro da Ra e profesor de canto de recoñecido prestixio.

Grazas á xenerosidade de Ramón fixemos 7 obradoiros para o alumnado de 6º de primaria, así como puidemos dedicar unha sesión para o alumnado de secundaria integrante do recentemente creado Coro do IES Afonso X O Sabio.

Desde aquí agradecer sinceramente a actitude de todos os rapaces e rapazas, os profesores e as profesoras dos colexios implicados (especialmente as fabulosas mestras de música coas que é sempre un absoluto placer traballar) e, sobre todo, de Ramón. Vémonos en xuño cando os colexios volten outra vez ao noso IES, esperarémosvos cos brazos abertos para seguir facendo música, aprendendo e divertíndonos moito.







E tamén temos imaxes deste miniobradoiro para o Coro do IES Afonso X O Sabio




martes, 28 de marzo de 2017

Comezamos con Afonso á escena 2017!!

Estas dúas semanas antes de Semana Santa estaremos cheos de actividades no IES Afonso X O Sabio. Os nosos rapaces van poder ir a Betanzos co departamento de Historia, a xogar ao tenis co departamento de Educación Física, a Pontedeume cos departamentos de Bioloxía e Educación Física, á RAG co departamento de lingua galega. Porén serán as actividades no noso centro ao que máis acceso terán todos os nosos estudantes.

Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.


O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.

                                         Aquí vemos a Marta Alonso bailando a peza Track 6


                                         E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:

Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.

Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.

miércoles, 20 de abril de 2016

Afonso a escena!!!!

Durante as últimas semanas comezamos as actividades programadas dentro o proxecto Afonso a escea, que engloba distintas actividades relacionadas coa música e as artes escénicas para rapaces do noso concello.

O mércores 6 de abril tivemos a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de Blues coa The Big Lis Gumbo Band... unha estupenda actividade para traballar a improvisación e a creatividade á vez que reflexionamos sobre a loita polos movementos civís. Nesta actividade puideron participar os rapaces e as rapazas que teñen música en 4ºESO  e 1ºBACH.




O pasado luns día 18 recibimos ao alumnado de 6º de primaria dos CEIP Portofaro e Graxal, que realizaron un obradoiro de Percusión con refugallo da que saíron entusiasmados. Non só aprenderon sobre percusión, senón que tamén probaron a facer música co seu propio corpo e tamén con obxectos reutilizados. Finalmente, reflexionamos todos xuntos sobre a necesidade de reciclar para coidar e manter o noso entorno.






Paralelamente, o alumnado do IES Afonso X O Sabio está a traballar nun pequeno grupo de teatro. Grazas ao seu profesor a próxima semana acudirán ao Teatro Colón de A Coruña.