lunes, 15 de mayo de 2017

Cheísimos de vida!!!

O pasado xoves vivimos unha experiencia súper emocionante. O alumnado que pertence ao coro do IES Afonso X O Sabio participou nunha gravación da canción Chea de vida de Guadi Galego, xunto coa mesma cantante e o seu guitarrista. Entre todos fixeron un coro de máis de 1000 estudantes das zonas de Ferrolterra e A Coruña.

O noso alumnado non só tivo a experiencia de facer unha gravación e coñecer a unha cantante tan recoñecida como Guadi Galego, se non que tamén puideron cantar con outras 1000 persoas co sentimento único que é facer música todos xuntos e xuntas para obter, ao final, unha única voz que cantaba moi forte que estamos cheos de vida!!!

A acción saiu en varios medios e, próximamente, editarase un vídeo que poderemos expoñer aquí, coa gravación final do audio.

Estamos moi orgullosas e orgullosos dos nosos estudantes, que ensaiaron con moita ilusión e, á volta, só pedían seguir cantando.
Nós quedámonos coa fabulosa Guadi Galego, enxugando as súas bágoas que, tras asinar autógrafos e facerse fotos cos nosos estudantes dicíalle ás profesoras do IES Afonso X O Sabio: "é o momento máis bonito da miña vida".


Aquí adxuntamos algunhas imaxes e un vídeo provisional en Navantia:








Aquí un resumo do que apareceu nos medios (tanto de televisión como de prensa escrita), tamén pódese encontrar información en todo tipo de redes sociais:
TVG
TVG serán
Cultura
El correo gallego
Fotos, El correo gallego
Ferrol360 Previo
Ferrol360
La voz
Vtv
Diario de Ferrol PrevioPrevio 2
Diario de Ferrol
Galicia Ártabra
Diario de Arousa
Xunta

Información doutros centros:
Biblioteca CEIP de Pazos
CPI San Sadurniño
Colexio Jesús Maestro

Noraboa ao noso coro, levamos pouco tempo pero con moita ilusión!!! E desde aquí mandamos uns parabéns inda maiores a Sordo, asesor do CFR de Ferrol, ao propio CFR e, por suposto, a Ramón Bermejo e a Guadi Galego.
Moitas grazas.


0 comentarios:

Publicar un comentario