Mostrando entradas con la etiqueta Conferencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conferencias. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de marzo de 2022

Conferencia "A proclamación da Segunda República"

O día 9 de marzo o alumnado de segundo de Bacharelato asistiu á conferencia “A proclamación da Segunda República” que foi impartida polo historiador e catedrático Xosé Alfeirán. A charla centrouse no proceso de perda de apoios da monarquía de Afonso XIII e na consolidación do proxecto alternativo republicano. Fíxose especial mención ao acontecido en abril de 1931 na cidade da Coruña. A salón de actos do centro foi contextualizado coa bandeira oficial da Segunda república, unha placa orixinal dunha escola republicana así como tres con serigrafías de Correa Corredoira sobre o republicanismo coruñés.

domingo, 25 de abril de 2021

Asistencia do alumnado de Bioloxía a dúas webinar

Na última semana o alumnado de Bioloxía de 1ºBacharelato tivo a oportunidade de asistir a dúas conferencias online (webinar) para tratar temas referidos á xenética. 


Por unha banda, o pasado venres 16 de abril puidemos escoitar ao microbiólogo e xenetista molecular César de la Fuente, catedrático da Universidade de Pensilvania e recentemente galardoado co Premio Princesa de Girona 2021. Este científico coruñés divulgou a súa especialización no deseño de moléculas por computador para eliminar posibles pandemias producias por superbacterias e os avances logrados polo grupo de investigación que dirixe na Universidade de Pensilvania no diagnóstico da Covid-19.




Por outra banda, o venres 23 de abril tivo lugar a conferencia "Genes, ambiente y salud" do Director do Centro Nacional del Genotipado de España, a cargo do Doutor Ángel Carracedo, co que se celebrou o día do ADN.



lunes, 22 de marzo de 2021

Actividade literaria con Cándido Pazó

 


Hoxe o IES Afonso X O Sabio organizou unha charla para todo o alumnado de 1º de Bacharelato cun dos máis recoñecidos dramaturgos galegos, Cándido Pazó. Neste caso a actividade estivo subvencionada polo Ministerio de Educación, dentro do programa Por qué leer a los clásicos? e versou sobre os xéneros literarios e, en concreto, sobre La tribuna de Emilia Pardo Bazán, a quen rendimos unha pequena homenaxe no ano do seu centenario. Por mor das restriccións da pandemia a actividade realizouse en dúas quendas, para que así puidese asistir todo o alumnado do curso. Desde aquí esperamos que sirva para reflexionar sobre as aportacións da gran escritora Emilia Pardo Bazán, de como escribiu sobre o noso entorno, das personaxes femininas e, tamén, de como se pode trasladar a narrativa ao teatro.


A actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización Lingüística e vicedirección, coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega e Castelá. Grazas a todos e a todas por asistir e colaborar.


sábado, 7 de noviembre de 2020

Charla co pintor Jano Muñoz

 A pesar de que as actividades complementarias e extraescolares este ano van a estar moi limitadas, debido á pandemia que estamos sufrindo, o pasado mércores 4 de novembro tivo lugar, no salón de actos do noso instituto, unha actividade organizada polo departamento de Debuxo para o alumnado de Debuxo artístico de bacharelato. A actividade consistiu nunha presentación do pintor Jano Muñoz sobre a súa obra, quen ofreceu consellos ao alumnado alí presente.


Agradecemos enormemente ao departamento a organización da actividade, pero sobre todo á predisposición de Jano Muñoz por vir a visitarnos, esperando que sexan moitas máis veces e en mellores circunstancias.


Artigo en La Opinión de A Coruña

Artigo en El noticiero de Arteixo






Artigo publicado en La Voz de Galicia en prensa escrita

jueves, 20 de febrero de 2020

Charla con Alfredo Gómez Cerdá

O prolífico escritor de literatura xuvenil, Alfredo Gómez Cerdá, visitou o noso instituto o pasado luns para charlar coa rapazada de 4ºESO sobre a súa última novela Ninfa Rota. Unha obra fantástica que abarca temas tan actuais como a violencia de xénero, o acoso, o control nas redes sociais, a autoestima ou o amor entre adolescentes.
Foi unha charla tan distendida e amena que a todos nos soubo a pouco. Teremos pois que invitalo de novo para continuala...







sábado, 19 de enero de 2019

Conferencia de María Solar sobre a variola

O pasado 16 de xaneiro, o alumnado de 1º ESO tivo a fortuna e o pracer de acudir a unha charla coa escritora María Solar sobre o seu libro Os nenos da varíola que se traballou nas clases na primeira avaliación, no marco das actividades programadas colaborativamente entre o departamento de Lingua e Literatura Galegas e o Clube de Ciencia.

Chegamos á Universidade Laboral de Culleredo onde tamén se encontraba alumnado doutros centros educativos da bisbarra, e no gran paraninfo do centro puidemos aproveitar para escoitar as interesantes reflexións da autora e de dúas científicas do CSIC sobre o virus da varíola e a expedición Balmis para levar a vacina a América, onde a enfermidade estaba facendo estragos na poboación. 

Resultou moi interesante, e ao remate estableceuse unha quenda de preguntas, pero o que moit@s alumnos desexaban con impaciencia era que a autora lles dedicase o libro, cousa que sucedeu ao final cumprindo así os desexos das máis afervoadas admiradoras. 







domingo, 25 de noviembre de 2018

25 de Novembro no noso instituto

O pasado venres día 23 de novembro os departamentos de Normalización Lingüística e Orientación, en colaboración con outros como o de Relixión, puxeron en  en práctica a xa tradicional distribución de pulseiras con lemas contra a violencia machista coa entusiasta colaboración do alumnado de 4º ESO e 1º Bach, ao que se sumaron o resto dos cursos colaborando na elaboración de carteis, caligramas, colaxes, para concienciarnos da gravidade do problema e do urxente da súa erradicación.

O concello tamén se sumou na distribución de pulseiras, instalando un vinilo no centro do vestíbulo e agasallando pulseiras e camisetas contra a violencia machista. Hai que parala!

Estas actividades sumáronse ás conferencias impartidas polo Xuíz Miguel Ángel Filgueira Bouza





viernes, 23 de noviembre de 2018

Últimas actividades na aula desde o departamento de Orientación

Nas últimas semanas temos desenvolvido unha serie de actividades desde o departamento de orientación e en colaboración con prácticamente todo o o profesorado do centro, especialmente o profesorado titor dos tres primeiros cursos da ESO e FPB.

O día 16 de novembro, dentro do programa Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, a Garda Civil impartiu unha conferencia dirixida a todo o alumnado de 1ºESO sobre o Uso responsable das redes sociais.

Por outra banda, realizamos unha serie de obradoiros sobre afectividade e sexualidade na adolescencia, dirixidos a 3ºESO  e 1ºFPB (días 16, 20 e 22 de novembro) impartidos polo Servizo Quérote+ da Consellería de Benestar.

Por último, ao longo de todo o mes e en colaboración do Concello de Cambre, realizáronse obradoiros de coeducación dirixidos a 2º ESO, impartidos polo grupo "Osventos Innovación en Servizos"



martes, 28 de marzo de 2017

Comezamos con Afonso á escena 2017!!

Estas dúas semanas antes de Semana Santa estaremos cheos de actividades no IES Afonso X O Sabio. Os nosos rapaces van poder ir a Betanzos co departamento de Historia, a xogar ao tenis co departamento de Educación Física, a Pontedeume cos departamentos de Bioloxía e Educación Física, á RAG co departamento de lingua galega. Porén serán as actividades no noso centro ao que máis acceso terán todos os nosos estudantes.

Porén queríamos sinalar que comezamos xa activamente a traballar no proxecto Afonso á escena coa visita do compositor Sergio Moure. Este compositor, de bandas sonoras, nominado a un Goya, virá a compartir cómo é a profesión de compositor de bandas sonoras e cómo é traballar no mundo do cinema. A esta actividade acudirá o alumnado de Música, Artes escénicas e Danza de 4ºESO; e o alumnado de 1ºBACH de Linguaxe e práctica musical.


O venres, o alumnado de artes escénicas e o participante no grupo de teatro do Afonso á escena participarán nun obradoiro coa bailarina Marta Alonso, da CÍA Traspediante e co paiaso Pablo Reboleiro, de Pista Catro, un dos grandes representantes do Circo Contemporáneo en Galicia. Todo un luxo do que esperamos aprender moito.

                                         Aquí vemos a Marta Alonso bailando a peza Track 6


                                         E aquí un exemplo do traballo de Pablo Reboleiro:

Por outra banda, o xoves e o venres teremos a visita do alumnado de 6º de primaria, que nesta primeira visita ao seu futuro instituto realizarán un obradoiro de voz co gran director Ramón Bermejo, responsable do Coro da Ra, do que somos super fans.
Para terminar coas actividades que temos dentro do proxecto Afonso á escena, hai que sinalar que xa hai dous meses comezaron a traballar os dous grupos estables do proxecto, o grupo de teatro, que está a montar unha obra de Moliére con Manolo Sánchez e o coro do noso instituto, o cal tamén recibirá formación con Ramón Bermejo este venres.

Para rematar a semana, a metade dos estudantes de 4ºESO acudirán o xoves á RAG co departamento de lingua galega.