Mostrando entradas con la etiqueta Física e Química. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Física e Química. Mostrar todas las entradas
lunes, 13 de febrero de 2023
Visita ao CIQUS
O pasado xoves 9 de febreiro, alumnado de ciencias de 1ºBACH visitou o
Campus Universitario Sur de Santiago.
En primeiro lugar acudimos ao CIQUS, onde, con motivo da celebración do
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os estudantes puideron
manter unha serie de encontros con investigadoras para ampliar os seus
referentes científicos. Tamén realizaron unha visita ás instalacións para
coñecer algunhas das técnicas máis habituais e comprender o funcionamento
dos equipos instrumentais máis representativos.
A continuación, visitamos o Observatorio de Astronomía Ramón María Aller.
Puideron coñecer as diferentes liñas de investigación que realiza o centro,
viron os telescopios empregados, curiosidades dos cometas, planetas e
outros aspectos do Universo. Para rematar a visita, desfrutaron dunha
espectacular observación solar.
Ao mediodía, comeron no campus e puideron ver as diferentes facultades de
ciencias .
Aquí o vídeo da excursión realizada.
viernes, 3 de febrero de 2023
Excursión á Casa das Ciencias e ao Planetario
O pasado luns, 30 de xaneiro, alumnado de 3ºESO do IES Afonso X O Sabio visitou a Casa das Ciencias e o planetario no parque de Santa Margarita de A Coruña.
No planetario visualizaron unha proxección sobre a evolución do coñecemento do Sistema Solar e as súas características. A continuación, viron unha presentación do ceo observable e as súas constelacións, no vindeiro mes de febreiro, dende a cidade de A Coruña.
Dentro da Casa das Ciencias, percorreron as tres exposicións:
- “Física en acción” onde experimentaron con módulos interactivos de conceptos básicos en física.
- “Puro swing” para coñecer os aspectos relacionados co movemento de péndulos
- “La astronomía como te la cuentan” con novas sobre o xeito en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica.
miércoles, 19 de enero de 2022
visita ao CITEEC
O pasado venres, 14 de xaneiro, o alumnado de Física de 2ºBacharelato acudiu ao CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) onde disfrutou da visita de 4 laboratorios:
- Laboratorio de construción: onde viron un ensaio de tracción dunha barra de aceiro con prensa de 120 Tm.
- Laboratorios de portes: coa dársena de ensaios.
- Laboratorio de hidráulica: onde observaron a maqueta da presa.
- Laboratorio de estruturas: onde observaron o túnel de vento.
domingo, 17 de mayo de 2020
Visita á refinería da Coruña
Esta visita á
planta industrial da Refinería de Repsol na Coruña realizámola o 5 de marzo de
2020 un grupo de trinta alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato, grupos A e B,
das materias de Química e de Física. Está encadrada nas actividades formativas
programadas polo departamento de Física & Química do noso centro. Durante
as tres horas da nosa estancia nas instalacións, unha enxeñeira da refinería
acompañounos e serviunos de guía en todo momento; impartiunos tamén unha
lección sobre os procesos da planta e cumprimentou ademais as explicacións no
interior do autocar cos alumnos durante o recorrido completo, de máis de unha
hora, por todas as zonas nas que se dividen as instalacións da planta. Como
remate, agasalláronnos cuns abundantes e saborosos pinchos como despedida
fraternal. O alumnado valorou moi positivamente a experiencia. É que non hai
como conxugar a formación teórica e práctica para acadar unha formación de
calidade. Obrigad@s.
domingo, 2 de febrero de 2020
Excursión ao parque eólico de Sotavento
O alumnado de 3º de ESO acudiu, os días 8 e 27 de xaneiro, ás instalacións do parque eólico experimental de Sotavento, nunha excursión organizada, conxuntamente, polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química.
Durante a visita, de tres horas de duración, puidemos observar diferentes experimentos en relación coas enerxías renovables e non renovables, visitamos a vivenda bioclimática experimental que ten o parque e o interior dun dos seus aeroxeneradores.
Con esta visita pretendíamos dar un paso máis en subliñar a importancia que ten para o noso planeta que as novas xeracións se conciencien no uso e consumo racional da enerxía.
Etiquetas:
3ºESO,
Física e Química,
Sotavento,
Tecnoloxía
miércoles, 4 de diciembre de 2019
Visita á central de ciclo combinado da localidade das Pontes
Un grupo de estudantes de 1º de bacharelato de
ciencias acompañados polos docentes do departamento de Física e Química visitaron a central de ciclo combinado das Pontes de García Rodríguez o pasado día 13 de novembro.
Na visita tiveron ocasión de coñecer
as distintas partes da planta e os distintos procesos que teñen lugar nela, así
como a problemática existente en torno á produción de enerxía na zona. Así
mesmo, os e as estudantes visitaron o lago formado como parte do plan de recuperación
ambiental dos arredores como consecuencia de la finalización da produción
mineira e puideron escoitar por parte da guía da visita distintos aspectos do
dito plan e do propio lago.
domingo, 13 de octubre de 2019
Participación na I Olimpiada Científica Juvenil Española (OCJE)
O pasado venres, 27 de setembro, o xefe de departamento de Física e Química acompañou a diversos estudantes de 4ºESO para que participasen na I Olimpiada Cienfítica Juvenil Española (OCJE) en Santiago de Compostela.
A proba consistiu nunha serie de preguntas de resposta múltiple sobre as diferentes materias da área científica (Fïsica e Química, Tecnloxía, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, entre outros)
Estamos moi orgullosos e orgullosas do entusiasmo do noso alumnado, así como da implicación do profesorado. Esta actividade está dentro do Club de Ciencia do IES Afonso X O Sabio.
jueves, 29 de diciembre de 2016
Actividades dos últimos días de antes de Nadal
Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.
Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.
O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.
O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.
Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.
Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!

Administración,
Bioloxía e Xeoloxía,
Debuxo,
Educación Física,
ENL,
Física e Química,
IES David Buján,
Latín,
Lengua castellana,
Lingua galega,
Lingua inglesa,
Música,
Nadal,
Orientación
Suscribirse a:
Entradas (Atom)