Mostrando entradas con la etiqueta Ágora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ágora. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de febrero de 2019

Crítica do I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio

Onte, día 19 de febreiro, tivo lugar o I Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio, no centro Ágora (A Coruña). Para este evento, xuntáronse 200 estudantes dos coros dos institutos de IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES A Sardiñeira (A Coruña), IES Afonso X O Sabio (Cambre), IES Sofía Casanova (Ferrol), IES de Ortigueira (Ortigueira) e IES Antón Losada Diéguez (A Estrada). A actividade está realizada dentro do marco do proxecto Afonso a escena, co cal pretendemos favorecer a práctica das artes escénicas e mellorar a excelencia do noso alumnado a través dela.

Os coros escolares son actividades voluntarias que fan algúns docentes de música no seu tempo libre para poder desenvolver prácticas artísticas grupais, toda vez que fan que o alumnado adolescente teña unha relación máis sana co seu corpo e se favoreza o diálogo e a comunicación entre as persoas e se mellore a convivencia dos centros nos que se leva a cabo.

Os coros dos que disfrutamos onte son actividades abertas a todo o alumnado do seu centro, son inclusivos e participativos, xuntando estudantes e docentes e fomentando outro tipo de relacións cos centros que os desenvolven. En Galicia temos algúns dos mellores coros escolares de España e o concerto de onte, realizado grazas á colaboración do Concello da Coruña, do IES Salvador de Madariaga, do IES Afonso X O Sabio e do Centro Ágora, foi unha mostra do mesmo.

O Concerto rematou cunha peza dirixida polo director de coros José Antonio García Mato, a peza escollida foi un pequeno canon renacentista de Melchior Franck (ca. 1580-1639), chamada orixinalmente Da pacem domine, pero que neste caso fixo que todos os asistentes cantasen Sine musica nulla vita, frase atribuida a Nietzsche.


Cartel do concerto, realizado por Yupiyeyo


Coro do IES de Ortigueira. Director José Antonio García Mato:

Coro do IES Antón Losada Diéguez,. Directora Consuelo Millán:


Coro do IES Afonso X O Sabio. Director Rosa Rodríguez Rivas:


Coro do IES Salvador de Madariaga. Directora Irene Caeiro:


Coro do IES A Sardiñeira. Director Francisco Jordá:


Coro do IES Sofía Casanova. Directora Almudena Armada:


Todos xuntos montando a peza común. Director José Antonio García Mato do proxecto vocal Concerto Tempo:


E aquí unha mostra da canción final montada xusto no concerto, con público diante e cun ensaio duns poucos minutos... porque para o noso alumnado sen música non hai vida que mereza a pena ser vivida!!!


martes, 22 de mayo de 2018

Teatro no ÁGORA

O martes 15 de maio o alumnado de primeiro e segundo da ESO asistiu a representacion de Leonardo e os fontaneiros, de Maria Victoria Moreno que tivo lugar na Coruña, no centro Agora. Organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galegas en colaboracion coa editorial Galaxia,  esta actividade desenvolveuse dentro das iniciativas para dar a coñecer a figura de Maria Victoria Moreno,  a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas.






jueves, 27 de octubre de 2016

Kassa de Elefante Elegante

Hoxe, o noso alumnado tivo a gran sorte de poder acudir a unha representación do espectáculo Kassa, da compañía de teatro físico "Elefante Elegante".
Ao evento acudiron, moi nerviosos e nerviosas, estudantes das materias de Música e de Artes escénicas e Danza de 4ºESO e, a verdade, inda que foi a primeira experiencia de teatro para moitos e moitas, pasámolo fenomenal. A única mágoa foi que esperabamos ter tempo para "charlar" cos artistas e non deu tempo, tivemos que voltar correndo á última clase da mañá. Haberá que traelos ao noso centro!

A obra inspírase na Metamorfose de Kafka e reflexiona sobre as ilusións que temos na vida, cómo o que soñamos pode cambiar da noite á mañá e, sobre todo, achéganos moi preto ao drama dos desafiuzamentos. En Kassa puidemos disfrutar de musica, cancións, audiovisuais, expresión corporal, danza e ata malabares!!! foi un grande privilexio e... que viva o teatro

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro con máis de 15 anos de experiencia que crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. A compañía ten a súa base en Culleredo, polo que é frecuente que fagan representacións na nosa zona.