Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de diciembre de 2018

Fin de festa no Afonso X O Sabio

Un ano máis, o IES Afonso X O Sabio acaba o primeiro trimestre cunha boa festa de Nadal. Neste caso tivemos as seguintes actividades para todo o noso alumnado:

Por unha parte, o profesorado de educación física organizou diversas competicións deportivas; o grupo da Biblioteca organizou a proxección da película Campeones, que tivo unha gran acollida entre o noso alumnado; o departamento de inglés e lingua galega, mantivo o tradicional Galeoke, todo un éxito de público e crítica entre os e as estudantes de todos os niveis; ademais, alumnado de todos os cursos participou no festival de música e baile organizado polo departamento de Música, no que participaron estudantes de grupos completos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato, ademais do fabuloso Coro do IES Afonso X O Sabio. Por último, o departamento de bioloxía, a través da materia de Anatomía Aplicada, repartiu comida saudabre feita polo propio alumnado.

Ademais, a ANPA Castelao repartiu sorrisos e MOITOS doces de Nadal, ASÍ QUE FOI UN AUTÉNTICO PLACER PARA TODOS OS SENTIDOS.

Finalmente, antes do reparto de notas, bailamos todos xuntos co Discoafonso, no que sempre contamos cos distintos DJ que están entre o noso alumnado.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e BO NADAL.








lunes, 25 de diciembre de 2017

Concerto do alumnado

O pasado día 20 de decembro celebramos un concerto de Nadal con alumnado maiormente de música (cursos 2º, 4º, 1ºBACH e 2ºBACH) e de francés (alumnado de 4ºESO). Neste concerto, ademais, participou o coro do instituto.

Para máis información do mesmo podedes acudir ao blog do proxecto Afonso a escena.

Queremos agradecer a dedicación de todas as persoas que axudaron a subir e baixar material, ás profesoras colaboradoras e ao departamento de música e francés, así como a todo o profesorado que permitiu asistir ao concerto aos seus estudantes, xa fose en calidade de oíntes como de intérpretes.

jueves, 29 de diciembre de 2016

Actividades dos últimos días de antes de Nadal

Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.

Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.

O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.








O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.

Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.






Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!