Mostrando entradas con la etiqueta Latín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Latín. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de abril de 2017

XVII Festival de Teatro Grecolatino


   No marco do XVII Festival de Teatro Grecolatino, o pasado mércores 22 de marzo, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º Bacharelato de Latín e Grego, acudiron á Coruña para asistir no Teatro Colón á representación da traxedia grega Medea de Eurípides.

   A compañía teatral “El Ruiseñor” da Coruña mostrou nesta obra a desmesura nos sentimentos de amor – desamor na figura de Medea ao ser repudiada polo seu esposo. 



Desde aquí agradecemos especialmente a organización do departamento de Latín e Grego porque o alumnado disfrutou moito desta forma de achegarse ao teatro clásico e á mitoloxía que estudan cotidianamente en clase.

jueves, 29 de diciembre de 2016

Actividades dos últimos días de antes de Nadal

Os días antes de finalizar o trimestre tivemos unhas xornadas moi intensas.

Por unha banda, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizaou a súa primeira excursión o día 19 de decembro para o alumnado de 3ºESO, con quenes fixeron un roteiro por Oleiros. Estas excursións repetiranse ao longo de xaneiro co resto de alumnado de 3ºESO.

O martes día 20, parte do noso alumnado acudiu a unha xornada de intercentros co IES David Buján, dentro do Programa Deportivo do Centro, organizada polo departamento de Educación Física. Ao comezo da mañá o departamento de Lingua Castelá, en colaboración co departamento de Latín, organizou unha actividade de teatro moi divertida, Ahora mis mitos coa cal o alumnado de 3ºESO de cultura clásica e o alumnado de 1ºBACH de Literatura Universal puido disfrutar cunha peza de teatro á vez que aprendían sobre mitoloxía clásica.
Ao mesmo tempo, houbo unha actividade organizada polo departamento de Debuxo, dentro do programa de Fotografía en curso, e outra actividade no centro entorno aos Xogos Populares, organizada en colaboración polos departamentos de Educación Física e Lingua Galega.








O último día de clase, o día 21 de decembro, foi como de costume unha xornada festiva. Entramos algo máis tarde e organizaronse para o alumnado unha serie de actividades: proxectouse un corto por parte do Equipo de Normalización Lingüística, posteriormente o Equipo da Biblioteca proxectou unha película na Biblioteca do noso centro. Paralelamente o departamento de Educación Física organizou actividades deportivas mentres que o alumnado tamén interpretou unha serie de pezas nun concerto organizado polo departamento de Música. Os departamentos de Inglés e Orientación colaboraron organizando un Karaoke, así como o departamento de Debuxo, quen seguiu traballando co alumnado do proxecto de Fotografía en Curso. O departamento de Física e Química, en colaboración co de Administración, organizou unha actividade de Xadrez.
Finalmente acabamos todos bailando co DiscoAfonso, xusto antes de que os e as titoras nos entregasen as notas.

Mentres tanto, a ANPA Castelao organizou un reparto de doces de Nadal entre a nosa comunidade educativa. Desde aquí queremos agradecer a axuda e a colaboración que mantemos sempre cos pais e nais da ANPA do noso instituto para organizar estas xornadas festivas e animamos a todos os pais e nais que se sumen a colaborar coa ANPA do centro.






Feliz Nadal a toda a comunidade do Afonso X O Sabio!

jueves, 19 de noviembre de 2015

Espectáculo "Ahora mismitos"

O pasado mércores 11 de novembro Antonio Blanco trouxo ao noso IES o espectáculo Ahora Mismitos, co que nos achegou algunhas historias da mitoloxía clásica dunha maneira didáctica e moi divertida. Un espectáculo entretido, cheo de humor, que nos mantivo en vilo durante máis de 90 minutos. Polo escenario desfilaron Pigmalión, Zeus, Afrodita, Paris, Hera, Faetón co seu carro, ninfas, sátiros: aventuras, peripecias, amores… todo ilo sazonado con moito humor, un pouco de sorpresa e a colaboración “desinteresada” dalgúns dos espectadores e espectadoras, que se convirtiron en parte activa do espectáculo. Aquí tedes algunhas das opinións dos nosos “máis avezados críticos” (estudantes de 1º de bacharelato): “Fue una forma divertida de enseñarnos los mitos clásicos”, opina María. “Una visión paródica de los mitos muy original”, di Candela. “¡Todo un acierto la participación del público! Nos mantuvo atentos todo el espectáculo”, comenta Iria. Emma apunta: “Nos mostró que no hacen falta muchos medios para hacer una interpretación más que digna, interesante, didáctica y entretenida”. Pola súa parte, Natalia observa: “Un solo actor en el escenario que fue capaz de, con un registro coloquial y un vocabulario sencillo, de sumergirnos en el mundo de la mitología clásica”. Grazas, Antonio, por espertar a nosa curiosidade, por conxugar ensino e diversión, y por facernos ver que o teatro e a cultura clásica tamén poden apaixoarnos. ¡Contaremos contigo nos próximos cursos!