Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Física. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de junio de 2023

Celebración da fin de curso no IES Afonso X O Sabio

Onte tiveron lugar os festexos para clausurar o curso escolar. Este curso, como cada ano, o alumnado puido disfrutar de actividades deportivas, así como de elaborar o tradicional ramo de San Xoán organizado polo ENL pero tamén puideron verse actuacións musicais realizadas polos distintos grupos de música do centro e polo obradoiro de pandeireta pero, sobre todo, acabamos o día cunha actuación moi especial. Repetimos novamente a canción dos Cacharros, esta vez interpretada por todo o alumnado do centro. ¡Noraboa!
Para rematar a xornada, tivo lugar a graduación do alumnado de 4ºESO e FPB, a quenes despedimos con moito cariño.

sábado, 22 de diciembre de 2018

Fin de festa no Afonso X O Sabio

Un ano máis, o IES Afonso X O Sabio acaba o primeiro trimestre cunha boa festa de Nadal. Neste caso tivemos as seguintes actividades para todo o noso alumnado:

Por unha parte, o profesorado de educación física organizou diversas competicións deportivas; o grupo da Biblioteca organizou a proxección da película Campeones, que tivo unha gran acollida entre o noso alumnado; o departamento de inglés e lingua galega, mantivo o tradicional Galeoke, todo un éxito de público e crítica entre os e as estudantes de todos os niveis; ademais, alumnado de todos os cursos participou no festival de música e baile organizado polo departamento de Música, no que participaron estudantes de grupos completos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato, ademais do fabuloso Coro do IES Afonso X O Sabio. Por último, o departamento de bioloxía, a través da materia de Anatomía Aplicada, repartiu comida saudabre feita polo propio alumnado.

Ademais, a ANPA Castelao repartiu sorrisos e MOITOS doces de Nadal, ASÍ QUE FOI UN AUTÉNTICO PLACER PARA TODOS OS SENTIDOS.

Finalmente, antes do reparto de notas, bailamos todos xuntos co Discoafonso, no que sempre contamos cos distintos DJ que están entre o noso alumnado.
Moitas grazas a toda a nosa comunidade educativa e BO NADAL.








viernes, 21 de diciembre de 2018

Intercentros


O encontro intercentros xuntou ós IES David Buján e IES Afonso X O Sabio no IES David Buján e participaron estudantes de 4ºESO (A e B) e 2ºESO (A,C e D) durante os días 19 e 20 de decembro.



Disputáronse varias disciplinas deportivas: baloncesto, balonmán, floorball, xadrez, fútbol, voley, brillé e badminton e o desprazamento fíxose en bus.

O horario da actividade foi de 8:30 a 14:10, mentras que no pabillón deportivo os partidos foron dende as 9 as 13:30 con un descanso as 12 ata as 12:30.

Foron unhas xornadas moi productivas, onde o alumnado conviviu con compañeiras e compañeiros de outros centros a través de actividades deportivas, dando continuidade a moitos dos obxetivos que perseguimos dende o centro como o fomento de estilos de vida saúdables, respecto, autosuperación, colaboración, entre outras.



martes, 19 de junio de 2018

Sendeirismo: Cabo Vilán e Cementerio dos ingleses

O pasado día 19 de xuño pasamos unha estupenda xornada de sendeirismo nunha actividade conxunta entre o departamento de Educación Física e o de Galego, camiñando polas ubicacións descritas no libro Volverás, Golfiño de Andrea Maceiras, que ademáis foi alumna do  noso instituto nos seus anos de estudante.

Camiñamos preto de 11 kilómetros por uns paraxes de ensoño e quedamos con ganas de repetir outros anos.




viernes, 27 de abril de 2018

Obradoiros de cociña saudable

Entre os días 16 e o 20 de abril, tiveron lugar unha serie de obradoiros de cociña saudable, o programa TAS, aos que tivo acceso todo o alumnado de 3ºESO do noso instituto.

Estes obradoiros, que estaban relacionados coa práctica de actividade física e a mellora da nosa alimentación, tiveron unha parte absolutamente práctica e o noso alumnado converteuse en auténticos CHEFS por un día.

Grazas ao departamento de Educación Física por organizar a actividade!!.

A actividade tivo moito eco na prensa, e queremos agradecer a La Opinión de A Coruña o seu interese e difusión. Véase o artigo.

Por último, o día 25 celebrouse o día da Educación Física na rúa.. que nós celebramos con moitos outros centros na praza María Pita da Coruña. Para máis información ver o blog do Proxecto deportivo do centro.




domingo, 11 de febrero de 2018

Entroido no IES Afonso X O Sabio

Como cada ano, o día do Entroido é unha festa no IES Afonso X O Sabio, nós celebramos a xornada dun xeito moi festivo realizando diferentes actividades: concurso de doces, actividades físico-deportivas, bailes e, sobre todo... O CONCURSO DE COMPARSAS. Este ano o concurso foi un auténtico EXITAZO, con moitísima participación na ESO e o alumnado atentísimo por veren os traballos dos compañeiros e das compañeiras.

As comparsas caracterizáronse polos bailes, coidadas dramaturxias e audios secuenciados. O xurado tivo moi difícil o reparto de premios. Houbo moitas mencións e incluso rei (Daniel Freitez, de 2ºPMAR) e raíña (Raquel, titora de 4ºB, unha super titora entregada co traballo do seu alumnado); pero houbo un 1º premio do primeiro ciclo da ESO a 2ºA-PMAR (cun traballo no que aunaron dramaturxia, integración, coreografía, marabillosos disfraces e moito humor) e o 1º premio do segundo ciclo da ESO a 4ºB, cun traballo estupendo con altísima participación e implicación por parte de todo o alumnado. O premio especial deste ano foi a parar a 1ºBACH B, que fixeron toda unha representación dunha gala de OT no que houbo bailes, playbacks, improvisacións teatrais e un largo etcétera que nos mantiveron pegados a súa actuación.

Desde aquí felicitar  a TODO o alumnado pola súa gran participación, foi unha festa preciosa.

Aquí adxuntamos algunhas das fotos do concurso de comparsas, así como algúns vídeos das representacións. Tamén queremos adxuntar imaxes do concurso de doces de Entroido organizado pola ANPA Castelao en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística. Xa se repartiron os premios a modo de diploma, inda que os premios físicos entregaránse ao alumnado á volta do Entroido. Por outra banda, o Equipo de Normalización Lingüística e o departamento de Debuxo tamén organizou un concurso de cartaces de Entroido, o fallo deste certame tamén se dará á volta das vacacións.

Moitas grazas por tan alta participación e tamén á ANPA, quen un ano mais repartiu lambetadas de Entroido para todo o alumnado do centro e, unha vez mais, tivemos un día de unión de toda a nosa Comunidade Educativa.

Imaes do concurso de comparsas:













Algúns vídeos do concurso de comparsas (temos outros, pero que temos que cortar para podelos subir, a que son moi largos):









Imaxes do Certame de Cartaces de Entroido organizado polo ENL e o departamento de Debuxo:










Imaxes do Certame de doces de Entroido organizado polo ANPA Castelao e o ENL:


Noraboa e grazas a todos os colaboradores: o departamento de Educación Física, o Equipo de Normalización Lingüística, o departamento de Debuxo, o departamento de Música (na posta a punto do son e todo o equipo técnico) e, por suposto, a inestimable axuda dos titores e as titoras que ensairon e axudaron ao alumnado, así como docentes incontables que permiten que todo isto saia adiante cada ano; ao ANPA Castelao, que participa sempre moitísimo e fai que sexa unha alegría organizar o evento e.. A TODA A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

jueves, 7 de diciembre de 2017

Inicio do Proxecto deportivo do centro

O IES Afonso X O Sabio vai desenvolver, outro ano máis, o programa Proxecto Deportivo do Centro. Este proxecto o entendemos dun xeito global, de forma que encadra todo tipo de actividades e accións que fomenten unha vida activa e saudabre. Así pois, este ano faremos repartos de lacteos e froita facendo fincapé na importancia da alimentación e, ademais, realizaremos unha serie de actividades deportivas cunha fin lúdica.

Para promocionar o proxecto abrimos o seguinte Blog, no que se incorporarán todas as actividades relacionadas co mesmo, que xa comezaron no mes de novembro.

Unha aperta, moitas grazas ao departamento de Educación Física, ao de Bioloxía e a todas as persoas que colaboran para fomentar unha vida activa, sana e moi, moi divertida.


viernes, 2 de junio de 2017

Excursión ao Espazo Natural Encoro Abegondo-Cecebre

O pasado mes de abril, os días 19, 20 e 21. O alumnado de 1º ESO visitou o Espazo Natural  Encoro Abegondo-Cecebre .
Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física e Bioloxía e Xeoloxía; nela, os nosos estudantes máis pequenos puideron acudir á aula de natureza, a un centro de anelamento e tamén camiñaron todo un roteiro de 7 km con dúas guías.

O alumnado quedou moi contento, xa que inda que o teñen cerca non é habitual que saian e disfruten da natureza. Agora xa coñecen este pequeno paraíso que teñen tan preto de casa para poder desfrutalo calquera rato libre.





Desde aquí o noso agradecemento aos departamentos implicados e ao alumnado, por axudarnos a desfrutar moito con estas actividades!.

jueves, 9 de febrero de 2017

Viaxe á neve

A excursión á neve foi un exitazo. Os rapaces e as rapazas acabaron esquiando como auténticas balas e o pasaron fenomenal.
Coñecendo Andorra, Gradvalira e.. incluso Caldea.
Moitas grazas ao profesorado de educación física, Xabier e Belén.... noraboa!