Mostrando entradas con la etiqueta Certames. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Certames. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de junio de 2021

Celebración do Día do Medio Ambiente

Un ano máis o Dpto de Bioloxía- Xeoloxía celebra o Día do Medio Ambiente cunha exposición de carteis elaborados polo alumnado de 4º ESO.


E coma sempre facemos coincidir a entrega de Premios do Concurso Fotográfico -que convoca e organiza o Dpto de Bioloxía- ca celebración da mencionada efeméride.

Alumnado de 4º ESO participou na elaboración e lectura dun texto alusivo ao lema do Dia do Medio Ambiente 2021:  "Restauración dos ecosistemas", e proxectamos uns videos relacionados co tema.

Na convocatoria de 2021, o Concurso Fotográfico levou coma título "Natureza e vida en tempos de pandemia".
Tres alumnas de 1º de bacharelato (Alba Martínez, Olga Gómez e Abril López) foron as premiadas co  1º, 2º e 3º premio, polas súas fotos "Lo que hay afuera", "A lagoa inmune" e "Sálvese quen poida".


Entrega do primeiro premio:

Entrega do segundo premio:
Entrega do terceiro premio



Panel expositor coas fotografías a concurso:

Exposición do día do Medio Ambiente


sábado, 24 de abril de 2021

Celebración do XVI Certamen literario

Como cada curso escolar o departamento de Lingua castelá e literatura convocou o XVI Certamen literario  "Sea breve, por favor" para celebrar o Día do libro.

Como resultado, déronse dous premios por ciclo e realizouse unha bonita entrega de premios, á cal baixaron dúas clases como ointes, os premiados e os participantes na cerimonia.

A cerimonia consistiu nun pequeno concerto do coro do IES Afonso X O Sabio e no visionado de varias curtametraxes, como esta feita por alumnado de 4ºESO de Artes escénicas.

Desde aquí moitas grazas ao departamento de Lingua castelá por organizar o evento e ao de Música por colaborar na entrega de premios.

miércoles, 18 de septiembre de 2019

Exposición do concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019

Comezamos as actividades do curso 2019-2020 mostrando unha pequena exposición no hall do noso centro do Concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019 organizado polo IES Monelos.

Temos que felicitar a todos os premiados e premiadas, pero especialmente aos nosos alumnos Douglas Bolívar (2º premio) e Mirko Vigna (accésit).

Moitas grazas ao departamento de Debuxo por conseguir estes resultados e por facilitar a exposición.

martes, 5 de junio de 2018

Entrega de premios do XXV Certame Literario do Concello de Cambre.

O venres 1 de xuño o salón de actos do noso instituto tivo a honra de acoller o acto de entrega de premios da XXV edición do Certame Literario do Concello de Cambre. Presentado por Andy e Sara, estudantes de 1º Bacharelato, o acto transcorreu nun ambiente distendido e ameno, iniciado polas palabras que dirixiron ao público o Director do noso IES, Félix Rodríguez Sanjurjo, e mais o concelleiro de Cultura Daniel Carballada. Varias actuacións musicais intercaláronse entre os premios, comezando polo pequeno concerto do coro do instituto, seguindo coa alumna de 2º Bacharelato Lucía Canabal á guitarra clásica, e rematando co dúo formado por Diego e Zaira de 1º Bach, con voz e piano. Tras recoller cadanseu premio deuse a opción de ler publicamente a obra gañadora, que foi aproveitada en varias ocasións dándonos así a oportunidade ao público asistente non só de desfrutarmos dos textos literarios, senón de saber por boca de quen os creou cales foron as súas motivacións. Palabras pola igualdade, contra os prexuízos e contra a discriminación de xénero pecharon este acto coa vontade de animar aos novos escritores e escritoras para a próxima convocatoria.

Artigo de La Opinión de A Coruña











Aquí algúns momentos... en breve intentaremos subir vídeos ilustrativos!

sábado, 5 de mayo de 2018

Celebración do día do Libro

O pasado 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o departamento de Lingua Castelá organizou unha serie de actividades ao redor do mesmo. 
Ademais de facer unha preciosa exposición co traballo do alumnado, no que os e as estudantes expuxeron os seus traballos relacionados coa temática do conto. Traballáronse os contos infantís, os seus escritores e películas baseadas nos mesmos.

Por último, o luns fíxose entrega dos premios do Concurso de Relatos Cortos, organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Noraboa aos gañadores e moito ánimo para seguir escribindo tan ben.


Modalidade A (1º e 2º ESO)
primeiro premio: Celia Guerreiro Martín (1º A)
segundo premio: Julia Casal Rey (1ºA)

Modalidade B (3º, 4º e FPB)
primeiro premio: Violeta Meléndrez Doval (3ºA)
segundo premio: Ainara González Abuelo (4ºA)
Accésit 1: Alberto López Beiro (3º C)
Accésit 2: Nicolás guimarey Sabio (3º A)

Modalidade C (Bacharelato e Ciclos)

primeiro premio: Lucía Ramos Prada (1º BAC C)























Desde aquí, moitas grazas tamén ao departamento pola organización de todo.

martes, 24 de abril de 2018

Celebración do día do Libro

O pasado 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o departamento de Lingua Castelá organizou unha serie de actividades ao redor do mesmo. 
Ademais de facer unha preciosa exposición co traballo do alumnado, no que os e as estudantes eEl pasado 23 de abril, con motivo del Día del Libro, los alumnos expuxeron os seus traballos relacionados coa temática do conto. Traballáronse os contos infantís, os seus escritores e películas baseadas nos mesmos.

Por último, o luns fíxose entrega dos premios do Concurso de Relatos Cortos, organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.
Noraboa aos gañadores e moito ánimo para seguir escribindo tan ben.