O Departamento de Xeografía e Historia organiza, durante o mes de novembro, a exposición “50 anos do gran paso” para conmemorar a chegada da humanidade á Lúa.
A Exposición iníciase cun gran “photocall” seguida dunha mostra de maquetas alusivas ao evento realizadas polo alumnado de 1º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Posteriormente pódense contemplar dez grandes paneis nos que se recolle información, tal como: os proxectos americanos Geminis, Apolo; a nova da chegada á Lúa na prensa mundial; as principais persoas protagonistas; a carreira espacial da URSS; a muller (e o machismo) na carreira espacial ou mesmo os filmes nos que o espazo é protagonista.
As visitas guiadas do alumnado van acompañadas dunha ficha de actividades.
Para máis información, o blog da Biblioteca O bosque animado
Noraboa a todo o profesorado participante e colaborador e, sobre todo... ao noso alumnado.
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca O Bosque Animado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca O Bosque Animado. Mostrar todas las entradas
miércoles, 6 de noviembre de 2019
jueves, 27 de junio de 2019
Proxecto sobre a ruta do Camiño dos Faros
A través deste proxecto, o alumnado tiña que elaborar por grupos unha guía sobre cada unha das etapas do Camiño dos Faros (son 8 etapas) que percorre a costa desde Malpica até Fisterra. Ademas da guía da viaxe tiñan que facer a maqueta dun faro. Como remate do proxecto iamos facer un anaco da ruta desde o Cemiterio dos Ingleses até cabo Vilán. Choveu moito e tivemos que cambiar a excursión para visitar o MELGA (museo etnolúdico de Galicia) que está en Ponteceso e despois tamén tivemos que cambiar os plans, a pesares de que iamos comer en punta Nariga como chovía moito non puidemos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























































