domingo, 6 de marzo de 2022
Exposición "A guerra civil"
lunes, 14 de febrero de 2022
Exposición sobre a II República
martes, 2 de marzo de 2021
Exposición O traballo infantil a principios do século XIX
Na primeira quincena de marzo o Departamento de Xeografía e Historia organiza no recibidor do IES a exposicón “O traballo infantil a principios do século XIX".
Trátase dunha selección de 50 fotografía de Lewis Hine, fotógrafo do Comité Nacional de Traballo Infantil dos Estados Unidos de América. Este artista capturou fotografías dalgúns dos nenos que formaron parte da forza laboral dos Estados Unidos entre 1908 e 1924. Hine viaxou por todo E.U.A, documentando aos nenos que traballaban en fábricas, campos e no fogar. O departamento de Xeografía e Historia busca con esta exposición promover os “dereitos, a conciencia, a dignidade, o benestar e a educación dos nenos e mozos na súa relación co traballo”. As fotos, compiladas pola Biblioteca do Congreso dos EUA, son o resultado do traballo de Hine e o NCLC.
miércoles, 6 de noviembre de 2019
Exposición: "50 anos do gran paso"
A Exposición iníciase cun gran “photocall” seguida dunha mostra de maquetas alusivas ao evento realizadas polo alumnado de 1º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Posteriormente pódense contemplar dez grandes paneis nos que se recolle información, tal como: os proxectos americanos Geminis, Apolo; a nova da chegada á Lúa na prensa mundial; as principais persoas protagonistas; a carreira espacial da URSS; a muller (e o machismo) na carreira espacial ou mesmo os filmes nos que o espazo é protagonista.
As visitas guiadas do alumnado van acompañadas dunha ficha de actividades.
Para máis información, o blog da Biblioteca O bosque animado
Noraboa a todo o profesorado participante e colaborador e, sobre todo... ao noso alumnado.
miércoles, 18 de septiembre de 2019
Exposición do concurso de fotografía Xurxo Lobato 2019
Temos que felicitar a todos os premiados e premiadas, pero especialmente aos nosos alumnos Douglas Bolívar (2º premio) e Mirko Vigna (accésit).
Moitas grazas ao departamento de Debuxo por conseguir estes resultados e por facilitar a exposición.
domingo, 3 de febrero de 2019
Exposición Implicadas
Esta colocouse no vestíbulo do centro a modo de tenda de roupa na que se expuxeron 15 pezas creadas a











