miércoles, 21 de junio de 2023

Celebración da fin de curso no IES Afonso X O Sabio

Onte tiveron lugar os festexos para clausurar o curso escolar. Este curso, como cada ano, o alumnado puido disfrutar de actividades deportivas, así como de elaborar o tradicional ramo de San Xoán organizado polo ENL pero tamén puideron verse actuacións musicais realizadas polos distintos grupos de música do centro e polo obradoiro de pandeireta pero, sobre todo, acabamos o día cunha actuación moi especial. Repetimos novamente a canción dos Cacharros, esta vez interpretada por todo o alumnado do centro. ¡Noraboa!
Para rematar a xornada, tivo lugar a graduación do alumnado de 4ºESO e FPB, a quenes despedimos con moito cariño.

lunes, 29 de mayo de 2023

Acto de graduación

O pasado día 12 de maio tivo lugar, no noso instituto, a celebración do acto de despedida do alumnado de 2ºBacharelato. O acto comezou cunha actuación na que participaron o alumnado de música de 2ºBacharelato xunto co coro do IES Afonso X O Sabio, quenes interpretaron as cancións Mamma mía,de Abba Where is my mind de The Pixies e No dudaría, de Antonio Flores. Posteriormente tiveron lugar os discursos da directora do centro, Belén Vidal, e dos delegados de cada clase. Finalmente se repartiron os diplomas.

lunes, 13 de marzo de 2023

Asistencia ao Congreso LQDV 2023

@s alumn@s de Relixión do IES Afonso X "O Sabio" participaron o 03 de marzo na 14ª edición do congreso Lo Que De Verdad Importa (LQDVI), que se celebrou en PALEXCO (A Coruña) xunto a 1500 moz@s, onde escoitaron grandes historias de constancia, optimismo, superación e esforzo. A Fundación Lo Que De Verdad Importa é unha organización sen ánimo de lucro, cuxo fin non é outro que a difusión de valores humanos universais na sociedade, poñendo o foco en promover e afianzar os pilares humanísticos que sustentan a esperanza dun mundo mellor. Para iso, se divulgan e promoven historias persoais de paz, solidariedade, dereitos humanos, igualdade, superación, tolerancia, acceso á educación e liberdade, entre outros; historias reais de vida que impactan, que inspiran, e que non pretenden en ningún caso dicir o que é importante, senón axudar a que o descubramos. O desexo de transmitir en primeira persoa valores que nos fagan reflexionar sobre o que realmente importa na vida. @s relatores/as foron @s seguintes: Arancha Martínez En 2008 tras unha viaxe á India, deixa o seu traballo na banca de inversión e funda it-willbe.org para introducir eficiencia e innovación no ámbito da cooperación. Liderou a creación de PPA-People´s Protection App sistema de identificación de colectivos vulnerables e recibiu multitude de premios. Ousman Umar Ousman saíu de Ghana con 13 anos. Tras cruzar andando o deserto do Sáhara e sobrevivir a dúas viaxes en patera, aos 17, chegou a España. Hoxe en día ten dúas carreiras, un máster e unha ONG premiada pola ONU. Albert Espinosa Albert Espinosa é escritor, actor e guionista. Aos 13 anos lle diagnosticaron un cancro que lle levou a pasar dez anos en hospitais. Esta experiencia lle inspirou para crear os seus traballos mais exitosos como o guión da película Pranta 4ª e a serie de televisión Pulseiras Vermellas ou os libros “O mundo amarelo” e “Se ti me dis ven déixoo todo… pero dime ven”. Vémonos na seguinte edición LQDVI 2.024!

sábado, 4 de marzo de 2023

IV Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio

O pasado día 15 de febreiro tivo lugar, no CMUS de A Coruña, o IV Encontro de coros escolares do IES Afonso X O Sabio. Nesta ocasión participaron coros dos IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES As Telleiras (Narón), IES María Casares (Oleiros), IES de Ortigueira e o coro escolar do IES Afonso X O Sabio. Cartel do concerto O concerto supuxo a interpretación de distintas propostas artísticas nas que se mesturaron a literatura, a coreografía e a música. O coro do noso instituto interpretou unha versión de Cesteiros de Rodrigo Cuevas e o Siyahamba. Acceso ao vídeo. Finalmente, todos os coros subiron ao escenario para interpretar Singing all together, canción ensinada no momento para celebrar a confraternidade e a creación colectiva. Desde aquí agradecer a participación de todos os coros e a labor dos seus directores, pero tamén dar as grazas á colaboración do CMUS da Coruña, que ano tras ano nos abre as súas portas para acollernos e fainos sentir moi profesionais.

lunes, 13 de febrero de 2023

Visita ao CIQUS

O pasado xoves 9 de febreiro, alumnado de ciencias de 1ºBACH visitou o Campus Universitario Sur de Santiago. En primeiro lugar acudimos ao CIQUS, onde, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os estudantes puideron manter unha serie de encontros con investigadoras para ampliar os seus referentes científicos. Tamén realizaron unha visita ás instalacións para coñecer algunhas das técnicas máis habituais e comprender o funcionamento dos equipos instrumentais máis representativos. A continuación, visitamos o Observatorio de Astronomía Ramón María Aller. Puideron coñecer as diferentes liñas de investigación que realiza o centro, viron os telescopios empregados, curiosidades dos cometas, planetas e outros aspectos do Universo. Para rematar a visita, desfrutaron dunha espectacular observación solar. Ao mediodía, comeron no campus e puideron ver as diferentes facultades de ciencias . Aquí o vídeo da excursión realizada.

lunes, 6 de febrero de 2023

Visita ao Parlamento

O Departamento de Administración do IES Afonso X O Sabio organizou unha visita ao Parlamento de Galicia para os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Esta visita permitiu ao alumnado ampliar as unidades didácticas relacionadas coa temática, correspondentes ao módulo de “Xestión da Documentación”. Mediante a visita guiada amplían a información tanto a nivel cultural coma no referido á parte estudada na aula. O día no que fixemos a visita, os parlamentarios estaban a debater as emendas aos Presupostos Xerais da Comunidade de Galicia. No momento de entrar ao hemiciclo, acababa de empezar a súa intervención a portavoz do grupo parlamentario do BNG (Ana Pontón), que vimos completa. Despois puidemos ver o comezo da intervención do parlamentario do PP (Pedro Puy). A continuación tiveron lugar as votacións aos presupostos, nas que non estivemos presentes.

viernes, 3 de febrero de 2023

Excursión á Casa das Ciencias e ao Planetario

O pasado luns, 30 de xaneiro, alumnado de 3ºESO do IES Afonso X O Sabio visitou a Casa das Ciencias e o planetario no parque de Santa Margarita de A Coruña. No planetario visualizaron unha proxección sobre a evolución do coñecemento do Sistema Solar e as súas características. A continuación, viron unha presentación do ceo observable e as súas constelacións, no vindeiro mes de febreiro, dende a cidade de A Coruña. Dentro da Casa das Ciencias, percorreron as tres exposicións: - “Física en acción” onde experimentaron con módulos interactivos de conceptos básicos en física. - “Puro swing” para coñecer os aspectos relacionados co movemento de péndulos - “La astronomía como te la cuentan” con novas sobre o xeito en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica.