Mostrando entradas con la etiqueta Santiago de Compostela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santiago de Compostela. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de abril de 2018

Saída a Santiago de Compostela para o alumnado de historia da arte


A pasada semana visitamos Santiago de Compostela co alumnado de 2º de Bacharelato A e B da materia de Historia da Arte.

A experiencia nos servíu para repasar o entorno barroco da catedral parando no Obradoiro, a Praza de Praterías e a de Quintana, así como a impresionante fachada do convento de Santa Clara e a escada helicoidal de Andrade no Museo do Pobo Galego. Sabedes que esta escada é un verdadeiro prodixio matemático?

Aquí tedes un enlace sobre esta escada ao ceo:



Non só nos centramos no Barroco compostelano na nosa visita senón que tivemos a oportunidade de disfrutar dunha interesante visita guiada á Fundación Granell, sita no Pazo de Bendaña no Toural.

Grazas a Edu, o noso guía, aprendemos sobre a vida e obra do artista coruñés Eugenio Granell. Unha vida de película, sen dúbida, de constante fuxida polos seus ideais.

Aquí tedes un enlace para saber máis sobre este gran artista surrealista:



sábado, 18 de marzo de 2017

Excursion a Santiago de Compostela para o alumnado de Historia da Arte

O pasado xoves día 9 de Marzo o alumnado de 2ºBacharelato de Historia da Arte tivo a sorte de acudir, coa súa profesora Isabel González, a unha visita para estudar en vivo o que previamente tiveran estudado na clase sobre a cidade de Santiago de Compostela.
Adxuntamos unhas fotografías que amosan algúns dos momentos que viviron.