Mostrando entradas con la etiqueta 3ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3ºESO. Mostrar todas las entradas
viernes, 3 de febrero de 2023
Excursión á Casa das Ciencias e ao Planetario
O pasado luns, 30 de xaneiro, alumnado de 3ºESO do IES Afonso X O Sabio visitou a Casa das Ciencias e o planetario no parque de Santa Margarita de A Coruña.
No planetario visualizaron unha proxección sobre a evolución do coñecemento do Sistema Solar e as súas características. A continuación, viron unha presentación do ceo observable e as súas constelacións, no vindeiro mes de febreiro, dende a cidade de A Coruña.
Dentro da Casa das Ciencias, percorreron as tres exposicións:
- “Física en acción” onde experimentaron con módulos interactivos de conceptos básicos en física.
- “Puro swing” para coñecer os aspectos relacionados co movemento de péndulos
- “La astronomía como te la cuentan” con novas sobre o xeito en que os medios de comunicación tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica.
viernes, 25 de marzo de 2022
Sotavento
Durante este mes o departamento de tecnoloxía organizou dúas saídas para o alumnado de 3ºESO ao Parque Eólico Experimental Sotavento.
viernes, 17 de diciembre de 2021
Conferencia de Gabriel Tizón
O alumnado do IES Afonso X O Sabio puido desfrutar na xornada de onte dunha charla impartida polo fotógrafo Gabriel Tizon.
Esta charla está relacionada cunha exposición que se inaugura hoxe, venres 17 de decembro, na Biblioteca Central de Cambre, que acollerá desde as 20:00 horas a inauguración da exposición 'Fogar' coa que Tizón busca concienciar á cidadanía sobre a realidade que viven, día a día, milleiros de persoas.
jueves, 1 de julio de 2021
Premio Explícoche Matemáticas 2.0
Celebramos a consecución do premio na IX Edición do Certame "Explícoche Matemáticas 2.0" da Universidade de Santiago de Compostela por parte da nosa compañeira María Varela Garea, do departamento de Matemáticas, xunto coas alumnas Sara Ramos López e Uxía Varela Castro, de 3ºESO E
Para máis información e acceso ao vídeo, clicade neste enlace
domingo, 2 de febrero de 2020
Excursión ao parque eólico de Sotavento
O alumnado de 3º de ESO acudiu, os días 8 e 27 de xaneiro, ás instalacións do parque eólico experimental de Sotavento, nunha excursión organizada, conxuntamente, polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química.
Durante a visita, de tres horas de duración, puidemos observar diferentes experimentos en relación coas enerxías renovables e non renovables, visitamos a vivenda bioclimática experimental que ten o parque e o interior dun dos seus aeroxeneradores.
Con esta visita pretendíamos dar un paso máis en subliñar a importancia que ten para o noso planeta que as novas xeracións se conciencien no uso e consumo racional da enerxía.
Etiquetas:
3ºESO,
Física e Química,
Sotavento,
Tecnoloxía
martes, 7 de mayo de 2019
Correlingua
O pasado 3 de maio o noso centro participou un ano máis no Correlingua, baixo o lema "O galego é a fórmula" percorremos o camino entre Riazor e a Torre de Hércules nun día solleiro e marabilloso entre cantos e tambores.
Nesta actividade participaron todos os estudantes de 3ºESO e, ao final, o alumnado de Carral leu un manifesto, houbo unha presentación con Cé Orquestra e un concerto de Monoulious DOP. Pasámolo xenial!!

lunes, 5 de noviembre de 2018
Concerto con De Vacas
O pasado mércores, día 1 de novembro, o alumnado de 3ºESO tivo a oportunidade de acudir ao Forum Metropolitano para unha charla e concerto co grupo galego De vacas
O obxectivo desta actividade foi que o alumnado coñecese grupos musicais actuais que desenvolven a súa actividade en galego, combatendo así os prexuízos que ligan o idioma unicamente á música tradicional, e dando desta forma una visión ampla e actual do mesmo.
Algúns exemplos deste marabilloso grupo, famoso polas súas estupendas harmonías vocais, ademais do famoso Amodiño (que lle encanta a Luis Fonsi, o seu autor orixinal)
Single ladies, Taxi
Artigo de El País

A Coruña,
Concertos,
ENL,
Lingua galega
miércoles, 20 de junio de 2018
Concerto para pais e nais
Hoxe, penúltimo día de clase, tivemos un CONCIERTAZO no que participaron máis de 350 rapaces e rapazas do noso centro.
Este evento realizouse fóra do horario escolar, pola tarde, para que puidesen asistir toda a nosa comunidade educativa, xa que estamos moi orgullosas do traballo realizado polas nosas clases.
O concerto comezou coa actuación do noso coro, que interpretaron catro cancións, nas que destacou Gabriel Robledo como solista na canción Meu amor estoupa.
Posteriormente actuaron grupos de 2º ESO, 3ºESO, 4º ESO e 1ºBach. Os de 2º de bacharelato, esta vez, estaban xa de vacacións...
O evento tivo un amplo seguimento nos medios de comunicación, inda que nalgún caso só en prensa escrita.
viernes, 18 de mayo de 2018
Xornada no Correlingua!
O venres 4 de maio o alumnado de terceiro de ESO participou un ano mais no Correlingua, a carreira pola lingua, que transcorreu entre o estadio de Riazor e a Torre de Hercules onde tivo lugar a entrega de premios e a festa final amenizada pola enerxica actriz Isabel Risco. O ano que ven volvemos!
viernes, 27 de abril de 2018
Obradoiros de cociña saudable
Entre os días 16 e o 20 de abril, tiveron lugar unha serie de obradoiros de cociña saudable, o programa TAS, aos que tivo acceso todo o alumnado de 3ºESO do noso instituto.
Estes obradoiros, que estaban relacionados coa práctica de actividade física e a mellora da nosa alimentación, tiveron unha parte absolutamente práctica e o noso alumnado converteuse en auténticos CHEFS por un día.
Grazas ao departamento de Educación Física por organizar a actividade!!.
A actividade tivo moito eco na prensa, e queremos agradecer a La Opinión de A Coruña o seu interese e difusión. Véase o artigo.
Por último, o día 25 celebrouse o día da Educación Física na rúa.. que nós celebramos con moitos outros centros na praza María Pita da Coruña. Para máis información ver o blog do Proxecto deportivo do centro.

martes, 17 de abril de 2018
Visita a Sotavento
O pasado mércores 11 de abril, o alumnado de 2º e 3ºESO do noso centro visitaron as instalacións do parque eólico experimental de Sotavento.
A visita, de tres horas de duración, foi do máis instructiva con multitude de elementos interactivos, así como interesantes explicacións en relación ás enerxías renovables e non renovables, incluindo a visita á casa bioclimática do parque e ao interior dun aeroxerador.
Sen lugar a dúbidas foi unha estupenda maneira de concienciarse do bo uso das enerxías e, por tanto, do coidado do noso planeta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)