jueves, 27 de octubre de 2016

Kassa de Elefante Elegante

Hoxe, o noso alumnado tivo a gran sorte de poder acudir a unha representación do espectáculo Kassa, da compañía de teatro físico "Elefante Elegante".
Ao evento acudiron, moi nerviosos e nerviosas, estudantes das materias de Música e de Artes escénicas e Danza de 4ºESO e, a verdade, inda que foi a primeira experiencia de teatro para moitos e moitas, pasámolo fenomenal. A única mágoa foi que esperabamos ter tempo para "charlar" cos artistas e non deu tempo, tivemos que voltar correndo á última clase da mañá. Haberá que traelos ao noso centro!

A obra inspírase na Metamorfose de Kafka e reflexiona sobre as ilusións que temos na vida, cómo o que soñamos pode cambiar da noite á mañá e, sobre todo, achéganos moi preto ao drama dos desafiuzamentos. En Kassa puidemos disfrutar de musica, cancións, audiovisuais, expresión corporal, danza e ata malabares!!! foi un grande privilexio e... que viva o teatro

O Elefante Elegante é unha compañía de teatro con máis de 15 anos de experiencia que crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento. A compañía ten a súa base en Culleredo, polo que é frecuente que fagan representacións na nosa zona.

0 comentarios:

Publicar un comentario