Ao longo da actuación puidemos coñecer un pouco máis da súa obra poética, que entre acordes de guitarra, risos e sorrisos nos foron achegando. Mesmo conseguiron que entre tod@s @s presentes elaborasemos un fantástico poema colectivo. Desfrutamos moito do espectáculo e despedímonos até a próxima.
Aquí deixamos un vídeo que ilustra parte do vivido polos nosos e as nosas estudantes:
E para recordar algúns dos momentos estelares de antigos espectáculos, a súa MARABILLOSA explicación da colocación dos pronomes.
Porque somos poetas... máis triste é roubar.
Queridas María Lado e Lucía Aldao, benvidas seredes sempre no IES Afonso X O Sabio.
0 comentarios:
Publicar un comentario